Sorpresa, sorpresa
O Señor Choqueiro pídeme un post sobre o que acontece en París. Non creo que a ningún de vós, coma a min, vos interese o que declare Sarkozy, Villepin, Chirac ou Laetitia Casta ó respecto. Esté é un bar de moteiros heterodoxos e se queredes política ficción lede El Mundo ou Libertad Digital.
O que me interesa realmente é a capacidade de sopresa da humanidade en xeral e dos franceses en particular. Pregúntanse como é posible que nun país onde se falou tanto de integración durante anos non se conseguise unha coexistencia pacífica cos cidadáns franceses de orixe africana. Cuestiónanse pola razón pola que non están inxeridos na sociedade media francesa coma os italianos, portugueses ou españois. Estas preguntas recórdanme, e moito, ás que os norteamerianos se realizaron despois do 11-S.
A sorpresa deriva do descoñecemento. Se sabemos que hai un lituano en calzóns no noso armario non é unha sorpresa. Se xogamos cun chisqueiro nun estanque cheo de gasolina a ninguén lle estrañaría que nos queimásemos. Polo tanto a ignorancia é un feito fundamental para que alguén se atope de golpe con este problema.
Despois da victoria no mundial de fútbol de 1998 en Francia puxóse a Zinedine Zidane, Zizou para madridistas e gabachos, coma exemplo de integración. É dicir, calquera rapaz dun suburbio de Marsella só ten que entrenar e entrenar ata ser o mellor do mundo e gañar 18 millóns de euros ó ano. Tendo en conta que, nun cálculo rápido, os futbolistas de élite franceses non poden ser máis de 700 ou 800 e, sumando outros deportes pode haber ¿3000? ¿4000? nunha poboación de 60 millóns non parece demasiado. Outros modelos de integración: cantantes, bailaríns, actores... Sinceramente, creo que é máis proveitoso sacar unha oposición a camello.
¿Por que non se integraron os africanos coma os inmigrantes europeos? Algunhas hipóteses: non viñan doutro continente e polo tanto non tiñan que asimilar un novo sistema económico, relixión, organización social... Viñeron despois da Segunda Guerra Mundial. Ou dito doutra maneira. Viñeron porque había unha falla de man de obra alarmante, os ilegais que veñen agora veñen a aumentar os beneficios dos empresarios, pero no caso dos disturbios de París non pode ser definitorio xa que os que forman os disturbios son a segunda xeración. Ah, e outra cousa. Son máis oscuros que o francés e francesa medio. ¿Terá iso algunha influencia en consideralo diferentes? ¿E os fillos? Un fillo dun español ou dun portugués nacido en Francia sería dificilmente distinguible, salvo polo apelido, dun purasangre galo. Sen embargo os descendentes dos africanos estarán marcados para sempre pola diferencia.
Non é este o peor racismo. Estes disturbios son calcados os dos anos 60 en Newark, Detroit, Los Ángeles... A xeración que intentaba superar a esclavitude de facto pedía un sitio na socieade. Unha oportunidade de vivir. A peor discriminación é a neoliberal que marca que se ti es pobre o sigas sendo e pasandoo mal para sempre xamais. Cando viñeron os europeos do sur a Francia había unha sociedade máis amable e comprensible, non olvidemos que viña do holocausto, unha Europa que entendía que o egoísmo non leva máis lonxe que a extinción.
3 DÃxome dÃxome:
por alusións
pois nada o teclado en branco
nas cárceres estalan os motíns, e europa é unha cárcere
dubidei entre cárcere e fortaleza, é cárcere
irei a tomar algo ao Top Gun á túa saúde
aínda que sei o que verei seguirei sorprendéndome, como me sorprendía cada vez que o meu avó dicía, "era visto", cando un traballo saía mal
entre o era visto e a sorpresa, media quizais a curiosidade, querer entender,
cando a primo levi lle preguntaron cales eran as condicións para sobrevivir nun lager dixo tres: o puto azar; unha saúde de ferro; querer comprender, a curiosidade, a sorpresa dunha nova mañá, mesmo a beleza dunha tarde de domingo no centro do horror
supoño que para min querer entender é non dar nunca por consabido, a pé de obra la vida te dá sorpresas, sorpresas te da la vida hay dios, pedro....
El domingo, Basilio y su mujer pasaron la noche en vela temiendo por su casa, un chalé de una planta en la zona de Bel-Air. Él cree que el Gobierno tiene parte de culpa en lo que está pasando: «Cuando Sarkozy (ministro del Interior) dijo que iba a lavar a presión la suciedad de las calles estaba insultando a los amigos de los dos críos que murieron electrocutados. Si esos chavales no reciben pronto respuestas adecuadas, París acabará como Bagdad», advierte.http://www.lavozdegalicia.es/se_mundo/noticia.jsp?CAT=104&TEXTO=4239447
Questões:
-concentraçom de imigrantes árabes, maiormente de algéria, na periferia das cidades, cumha construcçom de bairros chungos ad hoc logo dos sessenta.
- a porcentagem de estrangeiros detidos na revolta é mínimo (120 e 2.600 aprox). Em todo caso som cidadáns franceses de origem árabem filhos daquela emigraçom.
- era um puto polvorim, nom sei, efstvmnt de quê conas se surprendem. Esta gente tinha mesmo a sua própria versom do francês.
São Tomé
Post a Comment
<< Home