Friday, November 11, 2005

Galipedia

A Wikipedia, para os que non a coñecedes, é unha iniciativa moi en liña dos novos xeitos de entender o traballo e coñecemento derivado da cultura de Internet. Trátase dunha enciclopedia online realizada por voluntarios de todo o mundo nas máis diversas linguas. O seu creador desexa facela accesible tamén naqueles países onde a banda ancha soa a risa e realizará copias en CD e papel.

E claro. Nós temos Galipedia. Se queredes saber un pouco sobre a súa historia aquí tedes. Chamáronme a atención varias cousas da portada da edición galega.

A primeira foi o desfase entre artigos segundo as linguas en relación cos idiomas. Por exemplo o polaco e o sueco teñen máis de 100.000 entradas mentres que o español, o portugués e o chinés só teñen 40.000. Nós andamos cos 10.000 pelados (tres veces menos que o esperanto) e subindo. Un dos meus amantísimos lectores, creo que Fromoze, esixiu maior colaboración con esta iniciativa. Eu dígovos o mesmo. E para dar exemplo comprométome a facer cando menos un.

Para os que crean que este tipo de proxectos son homoxeneizadores que poñan o seu concello de procendencia. Aí aparecerán tódalas parroquias. Sen embargo moitas das referencias son escasas (mirade Luis Tosar) e algunhas un tanto incomprensibles (Méndez Ferrín). Sen embargo non estou aquí para criticar. Participemos, como di o noso vate: "Xuntos, máis fortes..:"

4 Díxome díxome:

At 1:22 PM, Blogger O Nadador said...

Tamén o pensei eu. Non é o método máis económico e rápido?

 
At 1:41 PM, Blogger FraVernero said...

É unha boa iniciativa; eu tamén me comprometo a meter algunha cousa na nosa 'doce lingua sonora', anque a verdade sexa dita (e polo que dixo o nadador), as entradas que soio consultar na wikipedia míroas case sempre no portal inglés.
Ánimo, rapaces. A versión en latín ha de ter menos entradas que a nosa... xD

 
At 12:04 PM, Anonymous Anonymous said...

Quieren lanzar una edición en papel de la wikipedia para los países con difícil acceso a rede de redes.

 
At 2:09 PM, Blogger O Nadador said...

Xa informo diso no primeiro parágrafo, señor anónimo.

 

Post a Comment

<< Home