Wednesday, November 30, 2005

Motivación

Onte vin un documental sobre rapaces que deletreaban palabras imposibles en Estados Unidos. Como soe acontecer é unha actividade do máis prestixosa alá e cun aura de perda de tempo é apreciado aquí. Sorprendeume, a medias, que moitos deses nenos fosen de orixe hindú. O pai dun deles (un que deletreaba 4.000 palabras ó día, tiña unha entrenadora persoal e a súa nai quitáballe a roupa na ducha para gañar tempo) deu un discurso moi encendido a favor da América das oportunidades: "Aquí se traballas duro e non te rindes podes conseguir o que queiras. En ningún outro lugar do mundo isto é así. (...) Si sei que o fago traballar moi duro... ¿Pero que hai na vida que mereza a pena que non haxa que sufrir para conseguilo? Se non gaña o concurso a min paréceme estupendo. Aprenderá a loitar por unha cousa e despois por outra."

Antes de que vos metades cos yankees, I´m boring with the U.S., deixádeme recoñecer que o discurso do pai era emocionado e sincero. Tiña dúas casas en Orange County, onde está ambientada a famosa serie sobre pijos desgraciados, e estaba posuido por unha enerxía sen límite. Afirmaba que había que facer as cousas na vida con PAIXÓN, que, do contrario, non se conseguiría nada na vida.

¿Que queredes que vos diga? Envexoo. Creo que no, afortunadamente, abondoso mundo no que nos tocou vivir as motivacións son poucas. Diría máis. Na súa maioría son negativas e consisten en perder o que xa temos ( aprezo social, situación económica, saúde...) ou en utopías por definición inalcanzables salvo polo azar dalgúns individuos (futbolistas de elite, supermodelos, actores, músicos...). É difícil apaixoarse co negativo ou o inalcanzable cando se parte dende tan alto. A vantaxe que teñen as rúas de Calcuta é que axudan a mirar o mundo dende abaixo, dende aí todo é subir.

Si, seguramente tamén é a única vantaxe. Pero durante toda a miña vida en campos nos que sempre fun moi malo (o deporte por exemplo) as satisfaccións, pequenas fazañas, foron máis satisfactorias que nas cousas que, suponse, se me dan mellor.

2 Díxome díxome:

At 2:17 PM, Blogger elduende said...

¿É cousa miña ou últimamente estás totalmente posuído polo espírito do perdedor? Refírome a ese que te fai buscar as derrotas para non ter que cargar coas responsabilidades das victorias... A min tamén me pilla a míudo, pero é un mal compañeiro para longos períodos.

 
At 3:29 PM, Blogger O Nadador said...

Empezamos a coñecernos...

 

Post a Comment

<< Home