Thursday, November 17, 2005

Nothing compares to you

Esa canción fantástica que todos atribuídes á antipapal Sidney O´Connor e que só os princemaníacos concedemos ó Príncipe de Minneapolis serve para evocar a un amigo meu perdido na lonxanía do sur de España. Normal que fose a Sevilla durante un mes para unha estancia de estudos e a preparar a tese. Non en van é o maior, e seguramente único, sevillista de Xinzo de Limia. A explicación é sinxela: naquel equipo de principio dos 80 xogaban Moisés (coma el) e Francisco (coma o seu avó).

Abúsase do termo incomparable. Moisés éo tamén pero isto non quere dicir nada porque a nosa individualidade é unha das poucas cousas que temos en común. Do que non teño dúbidas é que ver o fútbol canda el é unha experiencia incomparable. Así se fixo forte a nosa amizade. Compartimos tardes e noites de fútbol en bares da máis diversa calaña e tapas.

En xuño de 2004 eu estaba a pasar por un mal rato persoal. Aquelas tardes no Bellavista, ó pé do antigo Hospital Xeral, vendo as rácanas victorias de Grecia, a decepción da elminación da República Checa, o emocionante Portugal-Inglaterra que rematou nos penaltis... Dende aquela imos tódolos domingos e días laborables de Champións ou selección a comer cacahuetes e compartir o noso odio polo Real Madrid, Víctor Valdés ou Joaquín así coma a nosa devoción por Giovanni Van Bronckhorst.

Somos un pouco frikis. Debemos admitilo. Non vos vou contar as nosas teimas, moitas e variadas, por se algún día tedes que decidir sobre a nosa vida ou morte e decidides que non merece a pena salvarnos. Este é un post un tanto morriñento. Comprendédeme son moitas horas de risas falando de fútbol e vendo perder ó Madrid na final de copa e goles de Gio inolvidables. Seguramente o único que quero dicir é que non hai nada comparable a ver o fútbol contigo e nunca disfrutarei do deporte se non é vendoo ó teu lado. Tacuerdas Mois?

2 Díxome díxome:

At 7:44 PM, Anonymous Anonymous said...

Comparto totalmente o que dis; firmaría eu tamén o teu post, pero eso déixoo para outros... Ver un partido de fútbol xa non é o mesmo se non é para comentalo contigo, para estourar de alegría con goles de Gio, etc.
Eu tamén 'macuerdo' perfectamente daquelas días de Eurocopa e Tesina no que o único respiro do día era para ver os partidos. Obrigado.
Desde unha Sevilla que arrecende a xasmín e a romero... só quero dicir unha cousa: botareite de menos o sábado (e o domingo).

 
At 8:28 PM, Blogger O Nadador said...

Non esperaba menos. Morte ao Betis!

 

Post a Comment

<< Home