La Mala Educación
Son unha contradicción andante, como naquela canción de Green Day. Dígovos que hai que ignorar ós hooligans da opinión dereitista e eu indígnome con Pedro Arias. ¿Que lle vou facer se un xornal mercenario como La Voz rebaixa o seu subterráneo listón con indisexables desta caste?
Este profesor universitario presume nas súas clases de que non vive da docencia e que o fai por vocación. Ja. Como saberedes, ademais de quintocolumnista do periódico máis coruñés é tamén o experto no PP en tódalas eleccións. Foi membro do PC moitos anos e concelleiro da Coruña. Bueno, un caso máis. Agora o seu hobby é provocar ós seus alumnos esquerdosos/inxenuos con comentarios sobre o bo facer de neoliberais en xeral e americanos en particular. É partidario, coma moitos destes Illuminati, de privatizar ata o aire que respiramos (non vos riades que varias fundacións así o propugnan en Estados Unidos).
O combustible para a miña indignación veu dado por este artigo Fabrica de mediocridades . Non me resisto a poñervos algunhas das xoias:
Nuestra educación es intervencionista, estatista y básicamente equitativa en su falta de nivel. La pagan los contribuyentes por canales que desconocen y después los políticos reparten los fondos a los colegios públicos y a los privados concertados.
En España no hay libertad de elección educativa, ni libertad para impartir enseñanza. Los centros no pueden competir realmente entre sí, la diferenciación es más ideológica que profesional.
El Gobierno meterá nuevos comisarios políticos y se liberará del problema del control de la calidad externa evitando reválidas delatoras.
E esta é a miña favorita:
La mayoría de los jóvenes se sentirán poco capacitados, sino mediocres, al salir del sistema; no se les demostrará que nadie es más que nadie, que todos tienen algo realmente notable y que cada uno es imprescindible. Iniciarán una carrera contra la inseguridad y el malestar de sentirse gente del montón en una época donde sólo los elegidos tienen un lugar entre las estrellas. Muchos la perderán, pocos la ganarán.
Como fillo, neto, bisneto, sobriño e primo de profesores non podo máis que celebrar que xente anónima e non tanto loitasen durante centos de anos por instruír e dar coñecemento a toda a poboación. Como ser humano alégrome de que tantos e tantos desen a vida por un concepto que se lle escapa a estes prestixiosos intelectuais: compartimos especies e uns seremos máis ca outros tendo en conta a igualdade de oportunidades das que dispoñamos. O que inclúe unha escolarización universal aberta a todos. ¿Produce mediocres? ¿Empeorou estes anos? Eu estou tamén dacordo en que non se premia o suficiente o esforzo persoal. Tamén creo que se invirte unha cantidade ridícula en educación, que os concertados son unha vergonza porque amosan que as necesidades básicas da poboación non están realmente cubertas e que un problema fundamental da educación en España e que os individuos máis brillantes non ocupan os postos que se merecen porque son colocados antes os badulaques das vellas elites, ós que os seus pais si lles dicían antes de deitarse que eran especiais.
¿Por que hai que soportar a crítica permanente ó socialismo, incluso ó socialismo real, e á súa inxenuidade cando a proposta destes cazurros é que se as cousas se privatizan irán mellor porque unha man invisible se encargará de regulalo todo? Isto é valido para os leóns na selva, sen capacidade para o asociacionismo. As dúas especies con maior presencia no planeta (nós e as formigas) tomamos o poder gracias a nosa solidaridade e cooperación. Sigo sorprendéndome do fracaso da historia. Agardemos que este sexa un golpe de estado temporal dos idiotas e que algún día, desgraciadamente forzados polas circunstancias, volvamos ó rego.
7 DÃxome dÃxome:
é un fracasado, proxecta a súa propia frustración, e non estou de acordo en nada, xa o quería eu a este coa miña titoría do ano pasado, na que de 24 rapaces tiña oito con problemas moi moi serios, un down, deficiencias de atención, dislexias, disgrafías e disortografías a darlle cun zoco, un hiperactivo que era dos bos, familias desfeitas a eito, etc, etc... pois saqueinos adiante, non foi a clase con máis suspensos do seu nivel, aprenderon, sobre todo a ter estima por si propios, sabedes o que é ser considerado un inútil toda a vida, a estima que este cabrón, non sigo, non hai que perder tempo... agora, cando telle a casa ogallá estea alí D. (operouse estes días do oído, levaba anos sen que ninguén se dese conta; só era cambialo de sitio, escoitalo, só quere ser unha cousa... albanel, que pasa); cando teña que arranxar o coche veña P.(non saberá escribir a xeito, o seu cerebro non o fai, pero mira un motor e coñéceo); que a cociñeira do restaurante sexa A. (con trece anos coida de tres irmaus pequenos ata as dez da noite que chegan do traballo os pais); que o administrativo que me atenda sexa U. (a amabilidade e a disposición ao traballo en persoa, iso si tics nerviosos...); etc, etc. Nestes casos póñome un pouco revolución cultural, xa sei....., eu a este reeducábao. Desprezo. Se este tipo se aplicara o conto, se os alumnos poidesen escoller, meu pobriño neoliberal... quedabas sen traballo.
Aí deches no cravo, querido Joao. Bravo.
Eu fun un dos universitarios privilexiados aos que o señor Arias lle dou aulas. En historia daba unha optativa ('Economía Política') na que o defensor dun proxecto americano-elitista, alén de non pegar pancada, reducía a clase a exposicións dos alumnos sobre libros nas que acribillaba ao alumno en cuestión co seu ideario neo-liberal.
A verdade, as clases non deixaban de ter a súa gracia. 'Hijosdeputa y ladrones' eran referencias habituais no seu vocabulario, xunto co aroma da paipa que fumaba. Outras pérolas eran deste estilo:
(debatindo sobre un tema, un alumno toma a palabra)
ALUMNO: bueno, eu non son un experto neste tema, pero penso que...
ARIAS: Bueno, entonces mejor cállate hombre.
(id., nesta caso unha intervención miña rebatindo unha das súas ranciadas):
ARIAS: No, mejor cállate hombre, que no llevas la razón.
E suma e segue... a clase facíase esperpénticamente graciosa.
Pienso que los individuos más brillantes, pese a las dificultades, logran abrirse camino. La envidia a las 'elites' es puro victimismo de los que no son tan brillantes, aunque piensen serlo, y se frustran.
Estou dacordo contigo no da envexa as élites. De feito eu envéxoas moito. Gustaríame non ter dado pao á auga na miña carreira estudiantil nin levantarme cedo cada mañá porque, dada a alta posición da miña familia, podería ser todo o paspán que quixese que sempre caería de pé e acabaría de director dalgo ou nalgún consello de administración. O Principe Felipe, ese pai de familia, non estudiaba un can e pasaba as tardes sacando terróns do campo de golf e lendo Hola e Dez Minutos. (E seino de boa tinta).
Tamén sería feliz de poder saltarme tódolos procesos de selección laboral por ter un nome ou apelido ilustre tatuado na fronte ou por ter ido co fillo do xefe en clase. Iso seguramente tamén é un motivo de felicidade.
Máis motivo de felicidade é para min non ter nacido nunha familia desestructurada con pais drogadictos porque así teríame custado un chisco máis probar a miña excelencia. Ou mellor aínda, creo que debo dar gracias por non ter sido un deses seis millóns de nenos que morren na fame. ¿Cres que, estatísticamente, non había ningún xenio entre eles? Haberá que buscar unha noite máis clara para que podan brillar coa intensidade. Para que se abran camiño, vaia.
Mira a tu alrededor. Encontrarás muchas personas que se encumbraron en puestos de máxima responsabilidad pese a su origen miserable. E hijos de familias todopoderosas que cayeron en la infelicidad más absoluta y el fracaso.
Podo mirar ó meu redor e confirmar esa realidade da que falas. Podo estirar máis o pescozo e facer a seguinte análise: os que o tiveron máis fácil na vida chegaron con máis facilidade arriba. Os millóns e millóns que o tiveron máis difícil chegan con contagotas. Ogallá a sociedade fose coma ti dis. É o que desexo realmente. Que todos comecemos sen débedas pendentes polos nosos antergos. Cada vez camiñamos máis no sentido contrario.
los individuos más brillantes,
abrirse camino,
brillantes,
encumbraron
puestos de máxima responsabilidad
fracaso
cómo delata a linguaxe, cómo te delata
Post a Comment
<< Home