Tuesday, November 29, 2005

Houellebecq

Lin todolos libros de Houellebecq, en realidade estou a rematar o último, e non podo afirmar que disfrute lendoo. Nin que as súas cualidades estéticas ou éticas causen en min unha grande impresión. De feito o último é algo aburrido e estame a custar rematalo. Seguramente compre o próximo, o seguinte e o outro.

Ós que non o coñezades a el nin ó seu historial de escándalos podedes ler aquí sobre el, artigo de Arrabal incluído. Coincido co amigo alcólico de Sánchez Dragó na súa definición deste personaxe coma un escritor noxento que escribe cousas noxentas. As súas obras semellan manifestos en contra dos valores realmente establecidos na sociedade: o hedonismo, o culto ó corpo, o humor, maio do 68, o sexo... Ademais cada vez resulta máis evidente que usa xerga pseudocientífica e asolaga os seus textos con esceas pornográficas na procura dun rendemento comercial.

¿E por que o leo? É evidente que el é un depresivo crónico. Un automarxinado e marxinal dende o primeiro momento. As súas novelas, se as tomas en serio, baixante os biorritmos nuns cantos puntos e sempre está presente a morte, a decadencia, a enfermidade, a crueldade e a indiferencia dos demais. Sen embargo fala, con torpeza ,recoñezo, e sen caralladas de graves problemas sociais, de categorías conceptuais que todos damos por suposto e que quizais estén na raigame dos nosos problemas. Tamén, no fondo, é un namorado do amor. Un misántropo que vive co seu can en Almería e un bo espello do noso mundo. E ás veces non nos gusta mirar.

Unha frase resume ben a súa obra:
"Non hai que temerlle á felicidade: pois non existe"

5 Díxome díxome:

At 6:55 PM, Anonymous Anonymous said...

Basta con ver su retrato para que uno se dé cuenta de que es un depresivo. Quiero literatura feliz, pero cuando voy a una librería o a una biblioteca siempre o casi siempre recaigo en títulos tristes. Feliz,feliz, coño, feliz.

 
At 7:56 PM, Blogger O Nadador said...

Non estou moi certo de que sexa unha recomendación. Outro dato inquedante, naceu un día antes ca min. (Máis 22 anos claro)

 
At 9:13 AM, Blogger FraVernero said...

Abúrreme a literatura feliz. Despois de todo, malia o que dixera Felipe González, non creo que vivamos 'no mellor dos mundos posibles'.
Para a miña weltgaist marxista-nihilista, o evasionismo non é que teña moito valor.
Noutra orde de cousas, Nadador, teño que pasarche unha cousa. A ver se quedamos un día desta semana (dime ti).
Saúdos

 
At 10:02 AM, Blogger O Nadador said...

Se é o libro de Ramontxo non te preocupes que xa me reservaron un. Pero gracias por te acordares. :)

 
At 1:11 PM, Blogger FraVernero said...

Bueno, o exemplar que che teño que pasar xa vai coa adicatoria persoalizada do autor... Eses fetichismos sempre se valoran.

 

Post a Comment

<< Home