Monday, November 28, 2005

Pensamentos nihilistas

Dadas as circunstancias a miña mente non dá para máis nada que un par de pensamentos sen sentido e sen esperanza nesta fría mañá de novembro.

Pensamento 1:

Vou opositar a funcionario de prisións para tratar no traballo con xente máis agradable.

Pensamento 2:

A pesar de sentirme físicamente moi mal por unha gripe, creo que poucas veces tiven tantas ganas de practicar o sexo coma agora. Non hai ningunha moza dispoñible ó meu redor (afortunadamente para ela).

Pensamento 3:

Son capaz de discutir sobre un monte de temas pero de ningún deles co rigor e seriedade dos expertos. Os de verdade, vaia.

Pensamento 4:

Non sei por qué me preocupo tanto polos problemas de persoas que me andan a marear, fáltanme ó respecto e, de facto, non son nin serán os meus xefes. Un bo misterio.

Pensamento 5:

¿Por que só persoas moi determinadas (non vai por ti Elric tranquilo) dannos plantón a miudo e sempre as volvemos chamar?

Pensamento 6:

Se o Barcelona gaña este ano a Champions a súa lenda verase engrandecida por ter a un dos peores porteiros de primeira división baixo os paos. Se o vindeiro ano fichan a Casillas terei que animar ó Madrid para que haxa emoción.

Pensamento 7:

A morte é o consolo último dos máis miserables. Podes ser torturado do peor xeito que serás sabedor de que o tormento rematará nalgún intre... A menos que creas no Inferno.

Pensamento 8:

Sempre me desagradou sobremaneira a expresión "paja mental". Sei que este termo anda na cabeza de moitos vós NESTE PRECISO MOMENTO. A masturbación é unha arte do alivio, está intimamente vencellado á confesión e ó psicoanálise. ¿Cando a vosa avoa vaise confesar credes que vai masturbar a súa mente?

Pensamento 9:

Xavier Alcalá, nomeado Enxeñeiro de Telecomunicacións do Ano, ademais de escritor é un dos compositores dunha das cancións de máis éxito de Julio Iglesias. Ós 25 xa sinto que non fixen nada coa miña vida.

E 10:

Facede algo de proveito co voso día e poñede unha vela por min ós vosos santos. Bicos a todos.

3 Díxome díxome:

At 8:23 PM, Blogger O Nadador said...

O malo é cando xa anoiteceu e as cavilacións sinistras e desexos frustrados seguen aí reclamando a súa cota de ancho de banda (xa sabedes hai que investir en novas tecnoloxías, tamén nas metáforas). Afortunadamente algúns problemas esmoreceron para deixar paso a outros novos mañá.

Os meus orgasmos nos últimos tempos limítanse a algunhas indispensables reunións (castas) con amigos, certas boas películas, variacións interesantes no menú do Bar Restaurante Liñares, a descoberta da forza salvaxe de System of a Dawn, algún novo comentarista no meu blog e pouco máis. Os praceres, ó igual que os días, sempre son diferentes.

(Mr. Chock perdoe a este bloggero pecador coma el non lle perdeoaría un desliz seu e non faga leña da árbore caída.)

 
At 10:43 PM, Anonymous Anonymous said...

con isto do Mr. Chock imos parecer comparatistas

carísimo nadador

e en canto a facer leña, pois ganas non me faltan, pero outro día

a verdade é que eu hoxe tamén estou como para facer leña

pura meteoroloxía, espero

 
At 8:51 PM, Blogger elduende said...

Bo texto, aínda que para nihilista aínda te queda moito que andar.

Se non che gusta o termo "paja mental", hai outro máis fino: "onanísmo psíquico", ainda que polo que comentas da túa etapa de celo semellas ter máis tendencia cara o físico (sen ánimo de contradecir a satine).

 

Post a Comment

<< Home