Friday, December 02, 2005

A comedia burguesa

J.M. Coetzee: "A comedia burguesa basease no equívoco".

En 1879, cando José Cuíña estaba escribindo a súa autobiografía, chegoulle unha carta preguntándolle se el cría no deus Yahvé, e se o teísmo e a evolución eran compatibles.

En setembro de 1992, comeza cos seus primeros devaneos cos tribunais de xustiza xa que foi acusado por membros do Bloque Nacionalista Gallego (BNG) de delictos de prevaricación, malversación de fondos e falsedade en documento durante a súa etapa ao frente da Deputación de Pontevedra. Posteriormente, o 13 de abril de 1993 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anunciou a súa decisión de non procesar a Charles Darwin.

Orador dotado e carismático, posuído por unha profunda convicción, David Bisbal é considerado coma un dos líderes máis influíntes da historia.

Tras finalizar o programa, Adolf Hitler levou a cabo -xunto cos seus compañeiros da Academia- unha xira por toda España que marcou un fito na historia da música nese país.

Aínda que Albano ocupou a cúspide do poder, Romina desempeñou un papel crucial no goberno soviético ata a morte daquel.

En Eurovisión do ano 1976, Italia elixiu a Lenin e Trotsky con "Noi lo rivivremo di nuovo", con letra deles mesmos, para representar ao país no certame.

13 Díxome díxome:

At 6:12 PM, Anonymous Anonymous said...

Paja mental.

 
At 7:45 PM, Blogger O Nadador said...

Usa outra expresión. Hai nenos lendo.

 
At 7:49 PM, Anonymous Anonymous said...

el usuario anónimo... ese non se entera, moi bo, estás sembrado, ao anterior, o do satanismo, tería moito que dicir, creo que está construído sobre equívocos, este paréceme incuestionable, engado...

antes, cando é ese antes é outro cantar, a mentira era un momento da verdade, (polo tanto recoñecible de inmediato), agora sucede esactamente o oposto, o curioso é que temos tal hábito que lemos a prensa ou os medios en xeral, coa conciencia de que "todo" está manipulado ou dalgún modo corrompido, e xa se sabe que se introduces unha premisa falsa nunha serie de premisas certas o resultado é falso, (é, creo, a táctica da cope, e da nova-vella linguaxe fascista; sería tan fácil desfacelos doutro xeito, se Todo o que dixesen fose falso), e só de vez en cando a verdade aparece, a verdade, polo tanto, é xa só un momento da mentira... sigue ti, pensas mellor e máis rápido

o que me preocupa son as mentes construídas por este modelo lóxico-lingüístico etc..., cómo poderán coñecer as cousas; en que medida me é xa imposible coñecerme

por outra parte o post funciona como hipérbole; o fodido é que todos os días nos dan gato por lebre con toda impunidade e máis sutilmente, por iso o agradezo nadador, é necesario, e quizais fose necesario nunha escala maior, unha novela acaso, que por outra parte xa foron escritas

tamén lembrei os "escritos corsarios" de Passolini

unha aperta a todosas, e perdoade os comments tan longos, e pesados

Mr Chock.

 
At 8:10 PM, Blogger O Nadador said...

Ós lectores págaselles por aguantar estes comentarios longos en espacio e infinitos en ideas.

 
At 10:41 PM, Anonymous Anonymous said...

Onanismo mental. No entiendo la campaña de descalificación contra la Cope. En este país, mientras un atajo de progres no lo impida, existe libertad de expresión. Y libertad de expresión no sólo para los izquierdosos.

 
At 3:23 PM, Blogger elduende said...

Por favor, dise "psíquico", onanismo psíquico. Se non falamos con corrección, non podemos chegar a entendernos.

O post, xenial, nadador, ainda que non ten nada de burgués, hay demasiada mala hostia neses equívocos... Especialmente no de Cuíña e Darwin. Chapó.

Ah, e felicidades. Xa tes un troll anónimo, como nos blogs famosos.

 
At 1:28 PM, Blogger O Nadador said...

Son contario por principio a valorar en público ó meu propio traballo. Sen embargo creo que o máis estimulante é o de Trotsky e Lenin, convertidos xa en personaxes da cultura pop. Seguro que na URSS os pogres que coartaban a liberdade de expresión estaban en Siberia e os losantianos nas emisoras do réxime. O peor de todo é a mentira da que falas. De non ser polos escasísimos grupos "progres" de comunicación como Prisa e similares TODOS os medios de comunicación en España estarían en mans dos mesmos que no periodo entre 1939-1975. Periodo que ti coñecerás como "a época de paz" ( e se te atreves a dicir de prosperidade é que tampouco sabes de economía).
Dirás agora que non es franquista e que iso demostra a miña intolerancia. Pero que saibas que defendes a un trastornado (a culpa non é del e da hipocresía sen límite propia dos homes de deus) que incita a un golpe de estado puro e duro descalificando e insultando incluso a nais que perderon ó seu fillo un mes antes. Perdoa que os progres teñamos capacidade de indignación.

 
At 1:29 PM, Blogger O Nadador said...

(Perdón, olvidouseme)
Sen embargo estou en contra de que se lle quiten as concesións á COPE. Aínda que creo que, co código penal na man, Jiménez Losantos e César Vidal incurren en delictos a diario.

 
At 3:43 PM, Anonymous Anonymous said...

¿Quién habló de Franco? Me refiero al 2005 y a la campaña de linchamiento que está sufriendo la Cope. No me parece bien que un medio de comunicación sufra ataques así, aunque no comparta sus ideas. Si un tertuliano critica a un católico es progre, en cambio si carga contra un gay es un fascista.No se pueden publicar libros como 'Todas putas', pero en cambio sí están bien vistas las diatribas contra la Iglesia.

 
At 11:12 PM, Anonymous Anonymous said...

señor anónimo, convencéchesme,

hai un calculado incha-miento contra a cope

as numerosas editoriais ultraesquerdistas, as emisoras radicais de esquerda, as tv de progres esquerdosos a máis non poder, os bancos, as iglesias marxistas, as masas enfervorecidas coas bandeiras de España, España, Es-paña, trasnportadas en autobuses financiados por escuros intereses da máis zafia progresía están organizando un linchamento de primeira

sinto lástima por Fede (tradc. castellana: Hiede), e por César, eles con tan pouca capacidade de resposta, tan desasistidos de apoios do capital, os partidos, as conferencias episcopais... españolas; que nin teñen medios de prensa, ou dixitais, ou tvs para defenderse; que practican diariamente o rigor ("están sufriendo"... bendito sea Dios que lles pon estas probas, e estas mortificacións polo ben da súa alma), o xogo limpo, que nunca descalifican, nen insultan, nen minten, que non levantan a voz, educados, cultos a máis non poder, que defenden o cine propio, a ecoloxía "feten", que non se deixan enganar por eses falsos profetas do cambio climático; que saben que de todos os homes os mellores son os capitalistas de verdad, os que "dan traballo", "regulan" os mercados, "crean riqueza", e nos queren facer non só libres, (que xa o somos por la gracia de Dios), senón que tanto nos aman que nos queren liberais, ala ala y libertinos, y librepensadores, y librecambistas, y hasta liberos digo yo que soy del madrid de siempre, é dicir "liberalizarnos" benditos sean por tantos favores; e benditos sexan Fede (tradc. cast. Hiede), pola súa pacencia en sufrir, en poñer a outra meixela, porque son mansos e bos de corazón, misericordiosos, e sobre todo, nunca deixan que a súa man esquerda saiba o que fai a dereita; tan indefensos, tan homes de paz, tan inocentes que confunden a veces, meus probiños, as palabras: p.e. "nacional-socialistas catalanes" con toda inocencia; tan estudiosos, capaces de publicar libros e libros e libros que se abren paso pola súa propia calidade, e non coma outros que contan co apoio de canto progre hai no mundo;

en fin, douche toda a razón anónimo amigo

hai unha "campaña orquestada", pero por favor, non volvas a dicir que "no entiendo", non adoptes o papel de víctima, porque me poño dos nervios, e iso non é bo para quen coma min tanto e tanto defende a Fede (tradc castellana: Hiede);

ah e libérate un pouco home, parece que escribes ao dictado, como che dixen outro día, as palabras delátante

¿coñeces un cadro de Dalí que se chama "O gran masturbador"? pois iso, alá meu, ti dálle que non miran

 
At 10:50 PM, Anonymous Anonymous said...

Cáspita. Esto se está crispando.

 
At 11:02 PM, Anonymous Anonymous said...

é que almorzo choco-crispis

 
At 9:12 AM, Blogger frenchchou said...

que ten David Bisbal para comenterse da noite para mañá nun personaxe de referencia na literatura de hoxendía?

 

Post a Comment

<< Home