Unha definición arriscada
Sucedeu hai sete anos. S. acababa de chegar á miña pensión dende unha pequena vila costeira para estudar historia de arte. Éramos amigos do instituto e pódese dicir que era responsabilidade miña que aquel rapaz eternamente sorrinte estivese deitado na cama escoitando continuamente a mesma canción. Sour Times (Tempos amargos) de Portishead. Repetía unha e outra vez a mesma parte do estribillo: Cos nobody loves me
Its true
Not like you do
Ao saloucar facía pequenos galos coma un tenor alcólico nunha película dos Marx. Teríame resultado gracioso de non ser pola angustía da rixidez do seu corpo, os pequenos espamos do seu peito intentando explicarse. As palabras non saían. Aquela tarde só se escoitou:
Cos nobody loves me
Its true
Not like you do
Acababa de descubrir o amor.
8 DÃxome dÃxome:
Este blog é o reflexo da miña persoa. Sinto que algúns temas den vergoña allea, sexan pouco interesantes para algúns, lastimeiros ou aburridos. Mais todos incorporamos esas partes dentro nosa, ¿non?
-espelliño, espelliño?, a ver ho, fala
-que?, déixame durmir
-que pensas do de zenone
-boh, como parece que ten pouco sentido, que máis ten o máis que teña, sempre será pouco
-espelliño espelliño roto, e quen o máis pudoroso do blog?
-se xa o sabes por qué o preguntas, o máis pudoroso é zenone
-agggg. eu pensaba que era o troll
-ao troll levouno ao bosque o lado escuro da forza
-e agora vive cos ananiños, claro, alí agachadiño, e sen adsl, nen lsd
-por outra parte, a estas horas da noite o amor anda por aí bebendo unha purrela en louza, que é de costumes vellos, e ponse loira a estas horas
-no fondo das cuncas vese moi ben no viño roxo, e mórdese un chisquiño os lábios, porque se abermellen
-é un narciso, ou unha narcisa
-(les moito gaiman ti), cando ninguén o ve
-a mazá de ouro que lle deu paris pesáballe moito no peto, e fixo con ela un pisa-papeis,
-pois si, deixoumo por aquí para que o mire con certa nostalxia mentres escribo isto: ao pudor que lle vaian dando, e aos espellos xa lle viña ben unha man de azougue, a ver se nos vemos nídios, ao fin o que vemos é o que nos pertence, o tempo que pasa por ese espello, que...
-pobre tempo, el si que nunca envellece
-cando volva eille cantar as cuarenta, en copas, e logo xa veremos en que dá a cousa, a batallas de amor, campos de pluma, para isto facer unha guerra...
-oe por certo, con quen estás falando?
-boh, teño que deixar de cantar a panxoliña esa que me trae a mal traer: para belén va una burra/chin, chin/ cargada de chocolate/
-maría, maría/ ven acá corriendoooo/ que el chocolatito...
-é curioso que este sexa o vilancico máis querido do meu camello, fauna doméstica a fin de contas
-chao, creo miras demasiado para min, non me fagas preguntas parvas, se xa sabes a resposta, ademáis deberías limparme o po
-ou tirarte no fondo do mar, por non saber mentirme
-si, iso non estaría mal, igual me volvía poeta comparatista, entre corais e peixes sapo
El enamoramiento no es más que una reacción química. Tan animal como eruptar.
Ou sexa, eructar. Me equivoqué.
Pues yo a veces no se si soy tonta o es q soy feliz, y no pretendia parafrasear a Kurt Cobain, me he dado cuenta despues de escribirlo. Pero q sepais q estoy en desacuerdo con todos vosotros del primero al ultimo. El amor es guay!
Vale, t da x el culo si t sale mal... pero coño, el q no apuesta no gana y cuando sale bien... flipas, no hay nada comparable....
Y no, pa los q no m conoceis no tengo un novio guapo, rico y encantador....ni siquiera uno feo, fuerte y formal!!
Gracias, Mona Lisa polo teu primeiro comentario neste blog e ofrecer o punto de vista masculino sobre o tema. (Xa sabes que é coña).
Arte é o que ten, que a metade dos futuros historiadores descubría cal era o amor que buscaba.
De certo que a ese S. costoulle moito traballo poder encontrar o amor; xa non digo encontralo. Maacho.
enténdase poder buscar o amor que precisaba.
PD: Grande Rocio, Grande.
Post a Comment
<< Home