Os meus 25 anos
Parece que somos medio millón os que temos 25 anos ou menos. Ou iso nos di a Voz, coma para fiarse. Segundo o periódico de Paco Váquez, Fadesa, Inditext e Caixa Galicia somos políglotas, gústanos viaxar, somos máis dependentes aínda que tamén máis solidarios e logramos superar as dialécticas pais-fillos e rural urbano.
Non me sinto especialmente retratado neste perfil. Gústame estar en sitios diferentes pero viaxar é un coñazo. Os españois son tan inútiles coma os ingleses na aprendizaxe dos idiomas como demostran as esceas de Monty Python do encontro entre ZP e o presidente de Irlanda. ¿Máis dependentes? Será porque os pais nos poden manter. Antes, aínda que quixesen non podían facelo. Si é certo que estamos afeitos a máis comodidades porque a todo o bo un se malacostubmra. E o de solidarios... Creo que o optimismo neoliberal traído por Tatcher, Reagan e os que se encargaban de pensar por eles enfróntase a unha realidade exterior cada vez máis difícilmente ocultable e tendemos a reaccionar máis con honestidade que con cinismo (a tendencia anterior).Sen embargo creo que a xente cada vez valora máis a súa individualidade é á hora de verdade é moi reticente a sacrificar a súa máis ou menos cómoda posición para reivindicar melloras sindicais, ecolóxicas ou sociais. É divertido manifestarse pero é aburrido ser perseverante aparte de representar un compromiso.
Seguramente tódolos retratos xeracionais son falsos per se. Sobre todo cando un friki coma min os ten que xulgar. Non obstante creo que son os expertos os que fan as xeracións e a historia é a que acaba traendo a verdade.
2 DÃxome dÃxome:
Non é por contradicirche, pero a honestidade e o cinismo nunca foron respostas maoiritarias en ningún sitio e en ningunha época. Como moito, antes se estilaba maís a frivolidade pesimista e agora é comun o postureo comprometido, pero media un abismo (si, eu tamén me inclúo).
O resto, claváchelo. ¿Por que haberá esta manía de falar das xeracións como se fosen especies animais? "La chinchilla de la Patagonia, pese a estar emparentada con el bisón de Valdecoyote, tiene costumbres reproductivas distintas"
cantemos todos hermanos, música de demi rousos ou como se escriba
friki, friki, friki,
friki
tarararura,
friki friki
taaaa
friki é isto:
"No Concilio Bracarense I (ano 561) deuse lectura a unha carta do papa Virxilio, resposta a outra remitida máis de vinte anos atrás por Profuturo, metropolitano de Braga"...
pobre Profuturo,
iso si que era sociedade en rede
oh troll mío donde estás, anda, mánda un comment de la república aznariana mesetaria que tengo frío
Post a Comment
<< Home