Nestas entrañables datas
Lograra fuxir momentaneamente da morte. Correra pola súa vida e acolleuse nun caixeiro automático pechando o pestillo tras de si. Para que logo critiquen a obra social das Caixas de Aforros.
Co corazón aínda na boca facía o posible por durmir. Daba voltas sobre o chan sen poder quitarse aos seus agresores da cabeza. Salvárase por pouco e no fondo iso causáballe unha inexplicable sensación de benestar. Petaron na porta."¡Eles!" Foi o primeiro que pensou. Pero non. Tan só se trataba dun rapaz que viña sacar cartos ao caixeiro. Ela, a pesar de ser unha ionqui indixente seguía a conservar o seu instinto maternal. ¿Quen pode desconfíar dun neno?
O morbo e a ociosidade lévanme a preguntarme polo peor momento. ¿Cando os dous homicidas saíron de detrás nada máis abrir a porta? ¿Cando a inmobilizaron e a rociaron con disolvente industrial? ¿Cando veu o lume arder xusto antes de prender no seu corpo? ¿A agonía no hospital sen capacidade física suficiente para cuestionarse o sentido da súa morte?
Para algúns foi unha noite divertida. Máis nada. Os brokers en Tokio distraídos en como maximizar o beneficio, os pilotos rusos que levan armas a Tanzania a cambio de carpas axustando o plan de vo para pasar o nadal entre o Vodka e as súas fillas que, probablemente, se chamen Natasha ou Katalina, Federico Jiménez Losantos pensando nos agasallos de nadal, uns mozos nun campo de entrenamento de Al Qaeda preparándose para acabar cos inimigos de Alá ... Non había grandes cambios con respecto ao día anterior. Quizais nin tan sequera existiu a esperanza do cambio. A civilización limitárase a ser un delirio con data de caducidade denantes regresar ó estadio brutal da natureza. Fora o soño dun mono tolo.
3 DÃxome dÃxome:
Es un vello choromicas, Nadador. Se o único que te facía falla era unha noite de copas, uns cantos comments de aprecio, e xa te saen temas como para encher dúas ducias de posts...
Pero ó que estamos, o medo e a mágoa daquela ionqui métenselle a un baixo a pel nada máis ler a noticia. Empatía case instantánea coa víctima.
¿É os da gasolina? ¿Que lles pasaba pola cabeza? ¿Podemos nós, ti, eu é os demáis invitados, saber porqué o fixeron? ¿Poderíamos chegar a facelo nós?
Preocúpame, pero xa o dicía o alemán ese do mostacho: "Se miras ó fondo do pozo, o pozo rematará por devolverte a mirada".
Vale, parece q todos nos hemos quedado igual de tocados con el tema. No sé la razón pero es exactamente lo q dice Elduende, leer esa barbaridad produce empatía inmediata con ella. Xq además era ella, no él.
Y tampoco m pregunteis xq pero a mi m vienen a la cabeza tb los padres de los tres indeseables. Joder, q miedo... donde coño t equivocas tanto al educar a un hijo como para q acabe considerando q rociar una vida con gasolina es "divertido"? Seguro q Elduende estará pensando q precisamente por eso la vasectomía debería subvencionarse, pero yo q pretendo llenar el mundo de pequeñas monas con pelos amarillos m acojono y digo "realmente vas a ser capaz de no equivocarte igual q ellos?" Seguro q cuando a su madre se lo enseñaron en el paritorio tampoco le dijeron "ha tenido usted un precioso asesino".
...Ou o pesadelo dun Deus borracho...
O mundo adícase pertinazmente a rebater as vellas ideas simplistas do Progreso que tiñan os nosos non tan lonxanos Ilustrados. O século 20 non deixou en moi bo lugar a confianza no progreso moral do xénero humano...
Estamos nun deserto negro. Iso sí, cheo de artefactos, xoguetes e entretementos cos que divertirnos -mentres non nos de polas persoas.
Post a Comment
<< Home