Ante todo felices festas...
... e desculpade o retraso na actualización deste blog. Doble desculpa se non nos coñecemos en persoas porque co Choqueiro, Aquí, Elric, Zenone, El Duende... manteño un contacto habitual.
Estou ben de saúde, salvo por unha pequena lagoa na miña memoria, teño traballo garantido ata o 31 de xaneiro de 2007, a miña familia, como na célebre canción de Patrullero Mancuso, está ben tamén e os meus amigos ligan, conseguen traballos, abren negocios, gañan premios así que supoño que estou na senda do éxito e non na do perdedor.
Sen embargo cando acougo, sento diante do ordenador para escribir neste blog ou antes de quedarme durmido síntome so, melancólico, temeroso da morte e da vida eterna, débil, sentimental e ruín.
Nun dos mellores diálogos que eu teña visto xamais nunha pantalla, Brenda personaxe de A dous metros baixo terra dille ó seu exmozo Nate que o peor cárcere é a dun mesmo. A autobsesión, o embiguismo, a mirada centrada nun e non nos demais. Penso case todos os días nesta frase e doume conta de que debo deixar de analizarme tanto a min mesmo e practicar máis o Carpe Diem. Este blog é parte do cárcere porque me obriga a bucear en min e ultimamente todo paréceme bastante falto de interese.
Vexo que neste blog hai moito fraude. Non estou dicindo o que me gustaría expresar aínda que a irónica realidade é que ó mellor non teño Nada que dicir. Ao mellor enganeime a min mesmo estes meses facendo un blog para os demais cando en realidade son unha serie de cartas para min mesmo. Menos mal que están aí os vosos comentarios que completan o círculo. Tampouco me sinto con capacidade para analizar a realidade porque doume conta de que o drama do coñecemento é a súa inabarcabilidade e que canto un máis sabe máis é consciente de que, en certo sentido, minte e non di as cousas de corazón.
¿Opinar sobre que? ¿Para que? ¿A quen lle importa no fondo? Esto non deixa de ser un pozo profundo de onde saen voces case inaudibles.
É posible que escriba todo isto para non admitir que recibín unha decepción moi forte recentemente que me fai perder a fe na humanidade en xeral e no meu ollo analítico en particular. Coñezo moitas persoas egocéntricas e narcisistas e eu posible o sexa pero destrózame terme entregado con tanta xenerosidade a quen só pensa en si.
Dado o panorama, vou ser unha fonte de negatividade, de cinismo e de autodio polo que é mellor deixar de escribir. Dito isto e coñecéndome ao mellor mañá publico dous posts. O máis probable e que ata o ano vindeiro non haxa moitas actualizacións. A primeiros de ano tomarei unha decisión ó respecto deste blog. A que sexa.
Gracias por estar aí.
10 DÃxome dÃxome:
Qué despiadadas son.
Non vou tentar animarte. Ás veces hai que estar triste para manter a cordura. Tómate un respiro, sobrevive e volta por aquí, que sempre e un placer lerte... e se non te apetece, pois xa o discutiremos nos bares.
Saúde, camarada.
Mariconadas. Os blogs están para o que están, que é que o autor se sinta importante e meritorio de atención, non para cambia-lo mundo (especialmente se se ten en conta que este xira por inercia).
Quita o contador de visitas e comeza a disfrutar de simplemente escribir coa vergoña de pensar que alguén te pode ler. Xa que hai unha cárcere peor que un mesmo, e é a de pensar en que somos importantes...
Decía Arturo moi ben, que a liberdade podería ser o facerse responsable dos límites que un ten. O límite da insignificancia é o primeiro que debemos aceptar para poder ser personas valoradas por aqueles que nos coñecen, como dis co teu compañeiro de piso, 'en calzoncillos'.
Mr. Chock.
hai cousas que é mellor falar camiñando, o próximo será nas chairas altas do barbanza, iremos ver as medorras, os lugares onde se xuntan os cabalos á tardiña, na lagoa do iroite
os vellos camiños de roma que aínda quedan por alí, as fervenzas de misarela
será o ano que ven
mentres, quero dicirche que este blog foi unha casa aberta, xovial, onde algunha noite sandei as feridas do día, certa soidade, aprendín moito, tamén disentín moito que é moi sano, sorprendinme coma sempre coa túa intelixencia afiada e rápida, e no que nunca me borraches algún que outro comment coñazo, dos que botan fóra á xente
douche as gracias, diría que no momento no que se convirta nunha obriga debes deixalo, pode ser un vicio, unha manía, un costume, ou simplemente unha voz entre as outras, pero nunca unha obriga, e si ,sempre, un pracer
douche as gracias de novo, houbo post que dificilmente esquecerei, algúns dunha ternura que me emocionou, clara, outros espidos, como desesperados, outros para esmendrellarse a rir, outros como despertadores na cabeza durmida, sei que non queres demostrar nada, pero eu recoñezo valor en moitos, o valor de buscar, de ir á túa bola, de pensar por ti mesmo, só por iso, ou precisamente por iso gustaríame que seguises, pero que sigas se o pasas ben, senón de qué, mellor ir ao cine, ou fundir o somier a brincar cunha garotiña, total vai na fianza, o somier, digo, ou mirar pasar a xente desde a xanela do suso cunha caña e unha empanadilla
por se non nos vemos antes, goza do rito do nadal como hai que facelo, sen pensar demais poñendo o gorriño e facendo chin chin coma uns parvos felices, ou colle un voo barato a cabo verde, as canarias, a quentar os osos e bailar ata caer
un abrazo
e a vos zenone, el duende, fromoze, elric, aquí (cómo es linda tu), pois iso, outro abrazo do vello choqueiro, e dúas desculpas, despois dun comment meu un tanto agresivo o troll non escribía, así que me permitín substituilo dúas ou tres veces, síntoo, xa buscarei outra maneira de xogar; outra desculpa (pudorosa) a zenone, a veces póñome faltón
feliz ano 2006 a todasos ou todosas, e que nas campanadas lle boten a gayoso os tonechos outro saco de cemento por riba, o surrealismo vaille ben á berenguela
chao, a xenerosidade nunca debe sentirse culpable, falámoslle ao espello, sempre, (senón non poderiamos falar), o caso é que detrás do espello están os outros, en realidade son eles os que nos devolven a imaxe que vemos, non hai contradicción aí; a falsidade é parte do xogo, nunha medida ou noutra todos a practicamos, esa aprendizaxe prodúcese cara os sete anos e xa nunca nos abandona, sabendo isto o/a que a use para foder aos demais que lle vaian dando; se escribir isto te axuda a recompor as pezas escribe, senón, pois non pasa nada; hai un poema de cavafis que di iso moi ben, por moi lonxe que vaias sempre levarás contigo as murallas da túa cidade, bueno el dío mellor, e qué, o tempo é unha cárcere, o planeta terra, ata miña prima é unha cárcere, e qué, hai dous títulos precisos, ía porñer preciosos, sobre isto: M. Yourcenar Una vuelta por mi cárcel; don Luis Buñuel: "El fantasma de la libertad".
Boh, chao, a follar que son dous días, carpe diem, sursum corda, e...... eu que sei ars longa vita brevis, e........ gaudeamus igitur chunda chunda tuuum, pois iso, como dicía un amigo meu a berros ostentórios cando chegabamos cubalibre en mano á discoteca desde a aldea, santiajeses, votade as fillas fóra
Hai momentos baixos e momentos bos. Hai xente que nos defrauda e xente que nos sorprende gratamente.
O tempo sanda as feridas e coloca as cousas no seu sitio.
Animate que esta e epoca de festa.
Un saudo.
vas levar unha hostia...
Supoño que o que necesitaba era unhas vacacións e non unha confesión.
Moléstame a xente que salienta os seus defectos buscando que o outro o contradiga e aumente a súa autoestima. "¿Son fea?" "Non miña preciosa, gozas da beleza do paraíso." "¿Son parvo?" "Non señor dos meus sospiros. Es o primo listo de Aristóteles e Einstein." E teño a impresión de que foi precisamente o que fixen nesta ocasión. Pido perdón.
Agradezo todas as palabras xenerosas. Tamén dou a benvida a algúns lectores descoñecidos como Acedre. Baixarei o ritmo pero procurarei seguir por aquí.
Noraboa polo do traballo. Non deixes que as decepcións do pasado (todas o son) che impidan sacar o máximo do futuro. E, sobre o blog, estou con fromoze...
As decepcións só lles chegan a aqueles que arelan algo. É unha contrapartida da esperanza.
E equivocámonos. Moitas veces os acertos non son máis que unha combinación de erros afortunada. Son imprescindibles para curtirse e para aprender a apreciar o imprescindible (pouco máis cabe na mochila de Pocholo).
Ás veces depositamos esperanzas nalgúen e, tempo despois, descobremos que esa persoa foi (antes, agora e no futuro) insensible con nós, estremadamente individualista e egoísta e descubrimos, con horror, que o espazo que ocupamos na súa vida é tan pequeno que non cabería nin sequera o camello que deu pasado polo ollo da agulla.
E o peor non é decatarnos de que debemos evitar a esa persoa porque só podemos malgastar enerxía buscando o seu aprecio. O peor seguramente é que as alegrías do pasado se volven rancias e amargas. Todo apodrece dentro dun e acaba por estoupar.
Sen embargo a culpa non é desa persoa. Ela simplemente sempre foi así e non ía cambiar pola miña egocéntrica vontade. O meu sufrimento infrinxinmo eu mesmo por paspán, por un error de xuizo. Creo que sei perdoar e perdono, creo que é tamén de sabios apartarse dos malos camiños e farei todo o posible por me apartar.
Boa sorte e unha vida feliz e completa lonxe de min a esa persoa, se é que le este blog.
"Filósofo estás... es que no como"
Como dicía Rocinante.
Todos metemos a pata, e xulgamos mal aos demais. Tamén (nós mesmos) soemos non predicar co exemplo. Dóenos a superficialidade dos/das demais, que nos manipulen ou que non nos traten como nós tratamos. Se facemos esas accións con vistas á reciprocidade imos de cú, por outra banda: nada garantiza a xusta devolución, anque estaría ben...
Pero así son as cousas.
Agora, eu non lle desexo boa vida ás persoas que me teñen decepcionado (bueno, depende de qué tipo de decepcións, e en qué eidos). Sempre tiven fama de rencoroso, e non me parece unha solución peor que outras, a non ser que o convirtas nalgo crónico e enfermizo.
A xente é egoísta e individualista. Tampouco recebe demasiados estímulos no modelo actual de sociedade para actuar doutra maneira. Anque claro, iso tampouco é unha excusa á hora de actuar...
Doutra banda, descubrín que ser optimista soe axudar moito a conseguir cousas e a resolver problemas. Pode que sexa amais unha fonte de alienación e autoengano, pero dende logo é máis eficaz e útil que o pesismismo (e xa que carecemos da relixión para o consolo...)
Post a Comment
<< Home