Nadal: unha declaración oficial
Admitide que no fondo non o pasades tan mal. Recoñecede que as reunións familiares resultan tan imprescindibles como molestas, coma un tren que sempre chega tarde ou un camareiro que sempre tarda en servirvos. Decatádevos que só nesta época do ano- a pesares do noso ateísmo, simpatía polo maligno, rexeitamento da sociedade de consumo etc- vos reencontrades con moitos coñecidos alonxados, comedes pratos deliciosos únicos desta época e tolerades un pouco máis do habitual ós demais. ¿En que outro periodo a sociedade xalea a que saiamos en traxe de gala á procura dun coma etihílico? ¿En que día do ano as cadeas emiten todas o mesmo salvo os vascos? ¿Que outra festa, aparte de Halloween, copian/impónselle-a todas as culturas?
Confesade que, no fondo, gústavos algo o nadal.
12 DÃxome dÃxome:
Ams...
o malvado nadador ao ataque... xD
A verdade é que teño que confesar que, con toda a súa hipocresía, un gusta algo do Nadal...
Para empezar, son vacacións, cousa que sempre agrada (se es un estudante ou funcionario, son máis de 2 semanas para ler, escoitar música, erguerse tarde e, a maiores polas festas, comer coma un animal).
Tamén teñen o seu kitsch, e rituais aos que nos acostumamos. Un dos meus era sacar tódolos anos por estas datas un libro da biblioteca municipal da Serra: o 'Libro do Nadal'. Este é un totum revolutum onde atopar fórmulas e historias do turrón, historias navideñas, socioloxía e historia das relixións, decoracións re rituais navideños, etc... Certo é que se lle nota certo tufiño nacional-catolicista por momentos (é libro do Ancien Règime).
Anque claro: a comida acugúlase, e hai que ir correr (agora mesmiño) para tentar desesperadamente queimar algunhas das miles de calorías inseridas...
¿E qué pasa cando o Nadal non son máis ca 20 días raros que marcan o final dun ano e o comezo doutro?
- As reunións familiares, a maiores de seren prescindibles, son en moitos casos un perfecto exercicio de hipocresia no que todos aqueles parentes que non te poden ver poñen boa cara para non estragar a cea porque, xa sabes, é Nadal.
- E qué hai deses coñecidos alonxados, nos que pensas en varias ocasións ao longo do ano, chaman a última hora para desexarche BOAS FESTAS e espetarche que non poden pasar a verte porque xurdiu unha complicación... Claro que, alomenos éstes chaman, porque ¿quén non ten a alguén ao que agarda escoitar aínda que só sexa en Nadal e esa persoa esquece totalmente ata a simple cortesía de enviarche sms?
- Falamos de tolerar aos demais. É certo, ademais de ter que participar nunha festa que che impoñen, tes que aturar a un montón de xentiña á que en circusntancias normales e sen a presión nadalense non dirixirías nin sequera a mirada.
- E da televisión mellor nin falar. A oferta televisiva, xa mala de por si, empeora aínda máis se cabe botando 24 horas de series, filmes e outros produtos (case todos ianquis) nos que aparece un señor gordo de barba branca que usa un traxe vermello.
- E para qué falar dun ano coma este, no que todos os días que poderían ser festivos caen en sábado e en domingo e aínda por enriba tes que traballar tooodos os días (agás Reis).
¿E, se estas triste ou che faltan folgos unha semana antes do 22 de decembro, cando chegue esa data pasará algo que fará que recuperes a alegría?
Bueno Angla, ante todo benvid@:
Todas esas apreciacións que fas son digamos o discurso dominante entre as persoas que viven o nadal e non teñen que vender nada. O que me gustaría que me contases é se entre esas persoas que che envían smses non hai ningún que che faga ilusión. Ou algún que che dé unha excusa para retomar unha relación cun amigo ou para enterarte na vida dalgúen do teu pasado? Sobre as que che esqueceron recomendo a lectura dos comentarios de hai dous posts...
Dime tamén se nesas hipócritas reunións familiares non falta alguén recentemente tan hipócrita coma os demais (entendo que ti tamén estas nesa mesa) e estrañades as súas paifocadas?
A programación pareceche peor do habitual? Certo é que aproveitan para facer infumables bodrios con excusa madrileña ou repoñen o telefilme barato de Antena 3 sobre os nenos que son adoptados por Papa Noel... Non obstante onte podías escoller entre Fresas Salvaxes de Bergman e Monstruos SA. Non está mal? Ademais a tele cada vez é menos navideña e so cambia a programación o 24,25,31,1. O resto permanece bastante invariable... E se tes a sorte de coller a Fox o día de aninovo botan 50 capítulos dos Simpsons seguidos.
Se tan disconforme estás coa miña opinión sobre o nadal (repetimos: que no fondo ten as súas cousas boas) Debería ser un alivio traballar eses días :). Sintoo é unha broma cruel.
E finalmente si pode acontecer algo que te faga cambiar o teu ánimo. E tamén pode acontecer un 14 de marzo ou un 5 setembro. A cuestión é se ti queres que aconteza iso e se fas todo o posble por non ver as posibles cousas boas do nadal non te estarás a facer un favor a ti mesm@.
En clave telegráfica o resto: Elric "le millionaire", desde a túa cómoda posición económica evocas á historia. As festas son o que un pobo ó longo do tempo decida facer con elas. O solsticio celébrase en moitas culturas gozando de diversos significados a través do tempo. Por certo, que aproveite.
Satine, gracias por acoller a tanta xente na túa casa.
E Carísimo Frade: se eu quixese parodiar o teu nadal non o faría mellor ca ti.
Vaia que marabilla, cantos parrafos adicados á miña persoa :-) A ver Nadador, imos ao ataque de novo:
En primeiro lugar, grazas pola benvida pero fíxate que non é "Angla", é "Agla".
O que digo no post anterior (que espero que sexa o primeiro dunha longa serie) só é que o Nadal ten cousas boas e cousas malas. Só sinalei algunhas para contrarrestar un posible fervor popular pro-navideño. En realidade, o que veño a dicir é que non creo que haxa que ser/estar máis feliz no Nadal que no resto do ano. Simplemente son 20 días máis do calendario. Iso non implica que non queira vexa que tamén hai cousas boas ou que non queira pasalo ben (como din en Madagascar (a peli): "marcha, marcha, queremos marcha, marcha...").
Polo dos sms, claro que entre os que recibo hai moitos que me fan ilusión. O que pasa é que o ser humano é un animal moi raro e ás veces, unha simple ausencia pode máis ca 20 felicitacións. Ja, ja, ja, vou facer coma ti, remítoche a 2 posts máis abaixo. Creo que polo que contas aí, vas entender ben o que quero dicir.
Polo das hipocresías, imos todos no saco. Eu tamén. Xa sabes, "non vaiamos a estragalo xantar de Nadal".
A programación na tele é horripilosa. Vaia, o de que onte botaran Monstruos S.A. estivo ben, sí señor, iso foi unha excepción. E polo da Fox e os Simpsons, estaría ben se non fosen a botar os 50 capítulos que xa vimos outras tantas veces. ¿Non me digas que non os sabes de memoria? Porque eu hai algún capítulo no que sei ata os diálogos.
Non estou "tan disconforme coa túa opinión sobre o nadal" . Só quero expoñer un punto de vista enfrontado ao teu. Vale, igual me saíu un pouco extremista, pero polo menos parece que quedou clara a postura :-)
E o de traballar... en fin, tamén podía estar feliz por aí de boria cobrando o mesmo e sen pasar polo traballo (sendo Nadal ou xaneiro, febreiro...).
E xa para rematar, o que me dis no último parágrafo é o que quería dicir eu: que si pode acontecer algo que faga cambiar o teu ánimo pode pasar un 14 de marzo ou un 5 setembro. A cuestión é, simplemente, que non fai falta que sexa Nadal para que se cruce no noso camiño algo ou alguén "máxico". Por certo, xa postos, desta volta igual podemos aproveitar e desexar que o 2006 traia moita maxia aos nosos sendeiros (aínda que pedirlle cousas a un ano cronolóxico e outra desas costumes inexplicables).
Saúdos para todos
Estimad@ Agla (desculpa o despiste, cada vez vexo menos):
Ao fío do que dis e para resumir. Non fai falla que sexa Nadal para ser especialmente feliz pero estar nas pascuas non implica o contrario como parece insinuar moita xente, ¿non? Esa era a miña tese principal.
Si, a min tamñén me apena máis unha ausencia ca vinte presenzas. ¿Es piscis? Sinto que teñas que traballar todo o nadal pero tes dúas opcións: pedirlle diñeiro a Elric que lle sobra ou ben pensar que é unha época coma outra do ano para vivir a opresión do xugo das relacións laborais capitalistas. :)
E sobre os Simpsons non, non só mos sei de memoria senón que llos recito ós meus amigos coma un pastor ós seus discípulos. "Esta situación recórdame moito a cando Homer Simpson...". Van na temporada 16 e van rematar na 20 así que supoño que cando chegue o inevitable final xa se poderá fundar unha relixión sobre eses seres marelos.
Feliz ano cronolóxico a todos.
Ja, ja, ja, pois entón o mellor resumo é que no fondo estamos dacordo no que fomos dicindo ata agora.
Non son Piscis, son Libra, e polo de traballar estes días non hai problema (teño un traballo cómodo que me permite, por exemplo, botarlle unha visual ao teu blog de vez en cando), só o dicía para contestarlle a FRAVERNERO.
Bueno, e para rematar de postear sobre este asunto. Aí vai un consello do gran filósofo do século XX, Homer Simpson:
"Hijo, estas son las 3 frases cortas que sacarán tu vida adelante:
- No digas que he sido yo
- Oh, buena idea jefe
- Estaba así cuando llegué"
Ah, e por certo, non te rías do meu "ano cronolóxico" , vaites, tamén podía ser un ano escolar, astral, solar, académico...
É certo que nestas datas se da ese sentimento de amor/odio.
Outra de Homer:
Só hai tres tipos de persoas. As que saben contar e as que non. E eu ben sei a cal pertenzo.
por pudor, non si, elric? Pero se es rico éche o que hai... X certo, es rico?
o nadador e agla acaban poñéndose de acordo.
a iso é ao que eu chamo espírito navideño ;-)
eu digo: se non che gusta, visto que é irremediábel, tenta pasalo o mellor posíbel.
é normal que haxa xente á que o nadal (ou calquera outra cousa) non lles guste. o triste é que sintan a necesidade moral de botar un mes e pico laiándose polo desgrazados que son por ter que suportar o nadal.
(rosmando) ... ou sexa que o tema era meterse comigo, eh? xD
Certamente, eu agradezo máis como días de celebración os 2 meses máis ou menos das vacacións (sempre falamos de estudantes/funcionarios) do verán. Tamén fai mellor tempo, e non hai que estar arrimado á calor.
Eu dende logo consigo librarme da presión familiar, polo que todo o día é ler libros, comer larpeiradas e meterlle lume á cociña de ferro.
Un pensa nas Saturnalia ou no Yule, máis interesantes que as Festas Oficiais do Consumo. Pero, ¿para qué imos ser hipócritas? Eu pilleime un libro caro para Nadal (o dos Xenios de Bloom), e con 100 euros agasallados xa me tarda mercar outros 3 por internet e algún en follas novas... Os limitados praceres da posmodernidade.
Mais vexo a a cabalística Agla (Ateh Gibor Leolam Adonai) seduciu a todos...
So me resta aplaudir ante o teu engano. Eu que xa contaba con nov@ lector@...
Post a Comment
<< Home