Wednesday, January 11, 2006

Vigo Non

Permitídeme empregar esta bitácora coma axencia de comunicación persoal. Aos que non me coñezades seguramente importaravos pouco ou nada, non vos culpo, pero teño que anunciar que finalmente vou seguir traballando en Santiago e non vou ter que trasladarme a Vigo.

Non teño nada en contra de Vigo salvo o feito de que non é Santiago de Compostela. Nacín aquí, teño familia, levo aquí os últimos 8 anos e paseimo moi ben no 2005. Salvo estes meses nos que vou unha vez ao mes á cidade olívica por motivos de traballo coñezo moi pouco esta cidade. Nos últimos tempos coñecín a uns cantos vigueses e alegroume saber que non adoptaban as estéticas Jenny ou Malote.

Paréceme unha cidade admirable en moitos aspectos, cunha iniciativa e un ritmo vital que non se atopa en ningún outro lugar de Galicia e cuns arredores preciosos (Illas Cíes, Baiona...). E non é tan fea como din.

Os meus lazos familiares únenme á Coruña. É unha cidade moi agradable para vivir. Ou iso paréceme a min. Admito que hai moitos coruñeses que cumpren o seu arquetipo e resultan superficiais e frívolos. Sen embargo o dos vigueses, macarras como eles sos, tamén se cumpre en moitos dos seus habitantes. E supoño que igual pasa cos londinenses, os madrileños, cataláns... En xeral os colectivos tenden a responder a estereotipos. Pero un relacionase con individuos e non con colectivos (custa demasiado invitalos a copas a todos xuntos). As dúas cidades son necesarias.

5 Díxome díxome:

At 11:40 PM, Anonymous Anonymous said...

perdes no arte de subir e baixar costas, tomar callos no kiosco das almas perdidas no berbés ás 5 da mañá, enviarlle de almorzo unha garrafa de alvariño frío cunhas ducias de ostras na Pedra, ir xantar uns peixes fritidos ao Penedos de Teis, ao Fernando, etc, etc, coller o barco a Cangas un día de inverno e tomar uns cafeses, no Celta ou no Marina, ir aos furanchos de viño e sidra aí por Beade adiante, cousas desas, as empanadas do Redondela en Bouzas (non sei se pecharía pero queda o irmán ali perto, se é que non morreu tamén), as tapas do Terranova en Bouzas, ir curar as resaquiñas cunha cervexa ao sol nas terrazas de Samil, eu que sei chacho, armar unha festa por ei adiante cunha ghichiña chula, mandarlle ao bandullo un cocido no Nosa Viña das Camelias, en Vigo hai moito para onde coller, a min cáenme ben os vigueses, que son case todos de Ourens, gústame o dinamismo da cidade

Santiago, é máis doce, por iso tamén se empacha máis un dela, e colles trotículis de mirar para as torres, noraboa

 
At 2:11 PM, Blogger elduende said...

'Congratulencias' pola túa cómoda e pracenteira situación laboral, nadador. Estará ben non perderte de vista.

Sobre Vigo non opino, que non a coñezo, pero aclárote que Lacoru só é unha boa cidade para vivir se es xubilado, pijo, ou gafapasta. Os barrios de Monte Alto e Os Mallos son dúas honrosas excepcións.

 
At 2:33 PM, Blogger O Nadador said...

Os gafapastas, pijos e jubilados son parte importante da poboación. Os barrios que citas pertencen á Coruña e son parte del. Se coñeceses mellor algúns barrios de Compostela horrorizaríache o lugar. Non todos os bares abren ata tan tarde coma o curruncho.

 
At 6:46 PM, Anonymous Anonymous said...

A miña máis sincera noraboa, tio. O de verte x aqui estará moi ben, pero é secundario xa q eu poderia verte x ali tamén. Realmente a túa fortuna radica en q non terás q tratar con vigueses. Sí, a estética Jenny e Malote son as únicas existentes no Vigo profundo e todos nós, os q nos salimos dela é xq non levamos, gracias á divinidade, xenética viguesa, é dicir chegamos alí xa medradiños, procedentes de zonas de interior nas q non hai Citröen, nin traballo, nin ambientillo, pero nas q todo o mundo diferencia ver e mirar e sabe q o diminutivo de mano e manita, non manito...
É vaia, xq eres peatón q se non... Se tivera talento e un blog, adicaría un de cada catro post a ese tema.
O dito, q estou moi contenta, por ti (e x nós)

 
At 9:24 AM, Blogger frenchchou said...

Que perverso es, Scaloni...
A pesar de que se estiveras por Vigo veríache máis o pelo (e as barbas), alégrome de que sigas en Santiago, que é onde querías estar. Eu, que vivo nos arrabaldos vigueses e aínda así visítoa pouco, non me importaría inmigrar un día destes para dentro dela, para vivila mellor. Vigo parece difícil de querer, pero ese aire anárquico e improvisado que ten é estupendo. Non a cambiaría pola Coruña, porque alá as señoras píntanse para ir comprar o pan (con todos os meus respetos para as señoras e para o pan).
De jennis e malotes... efectivamente. Pero todo depende do punto de vista. Cando era preadolescente e adolescente primerizo e xogaba ao balonmán, cando viñan os de Vigo xogar ao Porriño tratabámolos de pijos. Cando o meu primo casou cunha moza viguesa, na voda a súa familia mirábanos como se fosemos paletos. Está ben, prefiro unha familia de paletos que de pijos. A cousa varía segundo como se mire, ou se vexa.

 

Post a Comment

<< Home