Monday, January 09, 2006

Saló ou os 120 días de Sogama

(Antes de comezar deixádeme que explique que o título está inspirado por unha frase dos Tonechos, que son os nosos Passolinis particulares: Isto parece Sogama e modorra.)

Supoño que todo o mundo que veu esta película se sentiu terriblemente abrumado e deprimido. É unha historia que fai desconfiar bastante sobre a nosa especie. Ou ao mellor é reveladora de certas verdades que nos é mellor ignorar para vivir de xeito tranquilo e contar con algunha caste de esperanza.

Para min o máis duro é a reflexión que fai sobre os colaboracionistas. Sobre como nesa situación de ameaza estrema a inocencia, se é que podemos crer nela despois de ver a película, pérdese e as víctimas pasan a ser verdugos. Xorden os soplóns, os novos torturadores e a miseria.

Logra tamén, como poucas outras películas o fan, que nos esquezamos da realidade e entremos nese mundo cun código ético tremendamente perverso. Ese mundo que pasa todos os días diante da nosa porta pero que vemos con ollos máis indulxentes.

Seguramente si hai un recanto á esperanza. Con esa chamada á fraternidade que realiza unha voz en off mentres os infelices son asasinados do peor xeito. Chamada á fraternidade que xa case ninguén fai.

Despídome cunha posdata. Se vostede é un político sen escrúpulos e sanguinario pode que teña nestas datas algún problema de saúde.

4 Díxome díxome:

At 3:56 PM, Anonymous Anonymous said...

hai máis de vinte anos que a vin e aínda gardo dentro miña a desolacíón, o vacío enorme, ao saír do cine, camiñei durante horas ao vento, ao frío do inverno, sen poder pensar en nada, sen dar pensado en nada, pouco a pouco o mundo volveu a encaixar, pero quixais era xa un mundo sen xente, solitario, un mundo de vento, chuvia, terra, un lugar onde a conciencia era difícil, pertencer ao grupo era xa para sempre difícil, e quizais por iso... necesario

passolini..., cómo se vota en falta a súa voz..., que tería feito despois deste filme, é algo que me preguntei moitas veces, para min é un dos límites do que pode ser expresado, unha obra mestra, polo tanto, como lexía percorrendo as vísceras da moral burguesa

creo lembrar as frases da nova filosofía de moda daquela que quedaban espidas no seu trasfondo totalitario, cunha ironía salvaxe; lembro o personaxe do rapaz que escolle a rebeldía, salta do camión e é asasinado e desa maneira se líbra do horror; lembro o retrato baixo a almofada, esa última identidade; os soldados que bailan xuntos na escea final

igrexa, exército, estado

sabía o que dicía

 
At 5:29 PM, Blogger FraVernero said...

Terrible película, en efeito...
Anque un sempre foi escéptico coa esperanza. Nunha liña bastante nihilista, podemos repetir aquelas frases de Macbeth:

Life’s but a walking shadow, a poor player
That struts and frets his hour upon the stage,
And then is heard no more. It is a tale
Told by an idiot, full of sound and fury,
Signifying nothing.

E se a vida terá algún senso e moralidade, será o que nos queiramos que teña.
Canto á esperanza, nunca é moi de fiar. Xa sabemos esas deliciosas historias de Pandora e a súa caixa...

 
At 5:47 PM, Anonymous Anonymous said...

papa, maacho esto, esto é unha desfeita.

 
At 11:43 PM, Anonymous Anonymous said...

tucho, canta razón levas

 

Post a Comment

<< Home