Inspector gadget
Tamén podería ser unha declaración oficial sobre a nova lei do tabaco. Certo, estoume vendendo á raaaaaaahhhhhhhh, arrrrrrrrrrrrrrrffffffff(máis raibosa) actualidade.
Nese xornal que me obrigan a coller pola rúa, o Metro, saía a noticia de que case 300 inspectores de saúde velarán activamente polo cumprimento da nova lei antitabaco (por certo, non é contradictorio que unha sustancia que ata hai pouco producía unha compañía pública e está tan gravada sexa ilegal). E eu pregúntome de onde veñen estes inspectores. ¿Pode que de París?
Todos traballamos, compramos ou prestamos servizos nunha empresa que incrumpía a lexislación laboral. ¿Onde estaban esas lexións de inspectores? ¿Coñecedes algunha empresa que pasase pola inspección? Teño que recoñecer que unha vez vin un destes elixidos. Era nun curso de formación do paro e preguntounos ós alumnos, a mediados do curso e diante da directora do centro, se había algunha irregularidade.
Por outra banda o outro día lin que máis da metade dos billetes en circulación en España son de 500 euros. Parece evidente que os cartos negros pasan alegremente de peto en peto pero eu, como a maioría da xente da miña idade, só os vimos en fotos ou unha vez ou dúas e de esguello. Sen embargo todos sabemos que para certo tipo de negocios son a moeda de cambio. E si, son eses negocios nos que pensamos todos.
E os mesmos inspectores de saúde. ¿Hai trescentos realmente en toda a comunidade de veciños da Galiza? Iso é difícil de xustificar sendo esta a terra dos mesóns máis cotrosos da galaxia. (Onde os expertos paisanos afirma que se fai o mellor pulpo. E poñoo en castrapo para evitar ambigüidades e humor léxico). ¿Non será que se nos minte descaradamente con esta actuación ou, o que é peor, non será que os inspectores serán unha caste corrupta e precisamos do inspector Gadget?
Non son fumador e teño problemas de asma dende que nacín. O fume é terriblemente nocivo para min e hai sitios nos que de estar ben na cabeza non etraría porque parecen unha chimenea fabril dunha novela de Dickens. Sen embargo entendo que a xente que fuma faino porque en certo momento caeu nunha efermidade o tabaquismo por diversas razóns (reafirmación social, prestixo, influencia no imaxinario popular, autoconvencemento...) e tampouco debro crucificalo a menos que me bote o fume a cara.
Creo que esta lei axudará a que a xente deixe de fumar. Hai poucos bares onde esté prohibido fumar (un 20%) e co paso do tempo haberá máis. Preocupame máis o trasfondo da lei. O cálculo diabólico de "que é máis rendible, cobrar polos impostos do tabaco e vendelos ou o diñeiro que nos aforramos en tratamentos hospitalarios".
Ao mellor o Estado empecinouse en que deixemos de fumar por facernos un país máis rico. Cando o vaqueiro de Marlboro, que morreu de enfisema pulmonar, lle ofreceu a un dos executivos da compañía un pito este díxolle: "Non gracias. Fabricamos esto para os pobres, os negros, as mulleres, os nenos e os estúpidos... Nunca sería tan parvo como para fumar."
Por se vos axuda a deixalo. Ánimo.
8 DÃxome dÃxome:
Sólo una vez en mi vida vi un billete de quinientos euros y fue en la caja de una gasolinera.
Ándache cara a gasolina.
Confeso que estiven en presencia dun billete de 500 euros, e mesmo o toquei. Confirmo que existen e, antes de que preguntedes, non proviña da abultada nómina de Elric.
Sobre lei, tes toda a razón. Seguro que todo o mundo coñece a alguén a quen lle levou o coche a grúa por telo mal aparcado, pero ¿quen sabe dalguén a quen unha inspección lle regularizara o contrato?
Non vin nunca un billete de 500, nin a un inspector, nin sequera recordo a Gadget, pero estou convencida de q a esta lei, á ministra, e a todos os q falan dela como a salvación para o pobre non fumador, impórtalle ben pouco se eu morro ou non de cancro de pulmón, mentres non pida axuda ás arcas públicas. Cóntannos que pretenden con ela q deixemos de fumar... panda de hipócritas...
Por razóns profesionais vin algún billete de 500, pero en fin, pasaron pola miña man de forma fugaz. No último disco (discazo) de Sr. Chinarro, el dille a ela "Eres atractiva y casi nunca para mí,
como un billete de 500.
Necesitas cambio, alguna compra, otro color,como un billete de 500".
É posible que a anécdota do vaquero de Marlboro sexa certa? É tan perfecta que non o parece...
Pois é. Vino nunha reportaxe sobre o fulano. O seu sucesor tamén morreu de cancro de pulmón e un tío doutra marca tamén.
Un amigo (Santi) traballa na factoría galega dunha farmacéutica americana que produce un medicamento que retrasa a morte por un cancro (xa non lembro cal). A fábrica estaba chea de carteis dun tipo americano, con nome, apelidos e idade, que dicía algo así como "gracias a ... agora vivo mellor", ou algo polo estilo. Un día o tío morreu, así que tiveron que cambiar os posters e poñer os de outro individuo. Estea onde estea agora, estará xunto ao cowboy de Marlboro.
Agradezo a aclaración. Nótase que andas con empresarios deses que levan billetes de 500.
Post a Comment
<< Home