Tuesday, January 03, 2006

Aquí veñen os reis

Teño que comprar agasallos para unha profesora de 50 anos afeccionada a durmir a sesta e ás películas de misterio, a un profesor de case 60 afeccionado á pesca, á historia e Porto do Son, a unha traductora en paro de 23 que viven en Alemaña e a un rapaz de 12 anos que fala coma un mariñeiro de 50 e moitos fanático do deportivo.

¿Que lles compro...?

8 Díxome díxome:

At 6:09 PM, Anonymous Anonymous said...

un pixama e que o vaian rulando

 
At 10:08 PM, Blogger verdello said...

mércalle barcos, aos catro

 
At 11:57 PM, Anonymous Anonymous said...

Ummm... qué interesante...

A ver, así polo que contas e sen coñecelos de nada, eu mercaríalles:

- Á profesora un DVD. Se lle gusta o cine de agora, algo do estilo de "O último escalón" ou "The ring", e se prefire os clásicos, unha adaptación cinematográfica de Ágatha Christie ou algo de Hitchcock (nunca falla).

- Ao profesor, unha boa novela histórica desas que mezclan feitos e personaxes reais con fantasía e contos imaxinarios dun tempo que seica existiu.

- Á traductora que vive en Alemaña, un conxunto de bufanda e luvas ou de bufanda e gorriño para o inverno.

- Ao rapaz, non sei... Pensando en que ten 12 anos igual podía gustarlle un puzzle deses tridimensionais que hai agora. Claro que se fala como un mariñeiro de 50 igual lle viña mellor un libro dos gordos sobre algún tema que lle guste (Bioloxía, Astronomía... algo así). Outra opción (a que máis me gusta), sería unha cámara de fotos dixital das baratiñas (unha de 100 euriños, por exemplo) pero claro, iso xa depende de cómo estea a túa economía.

 
At 12:39 PM, Blogger frenchchou said...

unha amiga miña atopou nos saldos do Corte Inglés un libro escrito polo tío dunha medium coa que se comunicaban EN VERSO personaxes falecidos da relevancia historia de Paquirri, que a través dela lle daba recomendacións á Pantoja.
E todo iso por solo 1 euro!!!!!!

 
At 7:32 PM, Blogger FraVernero said...

Non me vas facer caso, pero os libros sempre son o mellor agasallo... xD
Cadanseu para cadanseu: á túa mater amantíssima unha boa novela de misterio; ao pater, novela histórica ou libreo de Josep Fontana; a Tare, algo de literatura alemá; ao pequeno, quizaves as Crónicas de Narnia ou algo de Tolkien...

 
At 8:25 PM, Blogger O Nadador said...

Xa merquei os agasallos.
-A mamá: As chicas de oro en DVD
-Á miñar irmá: Mary Poppins (se vos digo as veces que a veu en video non o creríades) e unha camiseta.
-Ao meu irmán: Polo da selección galega (non quedaba camiseta)
-Ao meu pai: Libro por definir mañá (é o máis fácil)

Por certo Fravernero. ¿Non es ti Agla? Porque se non es ti só se me ocorre unha persoa que o poda ser e é muller, ten unha casa en Rianxo e recomenda libras que non leu enteiros...

 
At 9:52 PM, Anonymous Anonymous said...

Aínda que esta última pregunta non vai dirixida a min directamente, voume tomar a liberdade de contestala...

NON, Agla non é Fravernero. Agla é Agla e non ten unha casa en Rianxo nin recomenda libros que non leu.

Por certo, estupenda elección de regalos...

 
At 12:05 AM, Blogger O Nadador said...

Gracias e perdón pola confusión.

 

Post a Comment

<< Home