Wednesday, January 18, 2006

Post 200

A verdade é que si, este é o post número 200 e témome que non se me ocorre nada especial que escribir hoxe. Hai algún tema por aí pendente porque é imprescindible que anden ceibes por aí para seguir coa mente funcionando en ¿perfecto? estado.

Pensei en adicárvolo a vós e facer unha compilación cos mellores comentarios pero resulta imposible escoller dada a cantidade e calidade de esbardalles que verquíchedes aquí con cariño, odio, desplicencia ou preocupación. Asemade (esa palabra de bloqueiros) considerei en poñer neste post todos os usuarios de blogger que entraron coas consecuentes ligazóns ás súas webs. Mais entenderedes que se non cambiei os menús laterais dende que empecei en marzo do ano pasado moito menos vou pasar por ese traballo.

Se a vos se vos ocorre algo propoñédemo.

2 Díxome díxome:

At 10:03 AM, Blogger O Nadador said...

Máis dunha vez na miña vida.

 
At 6:13 PM, Blogger elduende said...

Non sabía que aconsellarte para o bicentenario, así que escribín unha carta á Rockdelux pedindo consello

O único que me dixeron foi que o teu blog era moito máis interesante e vangardista nos 25 primeiros posts, cando aínda tiña menos de 10 visitas. Agora que andas polas 75 diarias e estás en Blogaliza volvícheste un brando e un vendido ó sistema, que só escribe o que a xente quere ler. Polo tanto, a súa suxerencia é que abandones antes de irremediablemente. Se ademais puideses facer o esforzo de morrer dunha sobredose, cren que convertirías Nadaquedicir nun producto estrela da contracultura.

Pero que conste que é a súa opinión. Eu creo que deberías seguir ata chegar ós 300 post, para que así poida facer un chiste sobre Leónidas de Esparta nos comentarios. Ánimo.

 

Post a Comment

<< Home