Si, tes razón
Na mitoloxía grega, Aglaya ou Áglae (en grego Ἀγλαΐα, «a resplandecente», «a que brilla», «a esplendorosa», «a espléndida») era a máis nova e bella das tres Gracias. Simbolizaba a intelixencia, o poder creativo e a intuición do intelecto.
Era filla, coma as súas irmás Eufrósine e Talía (as Gracias), de Zeus e da oceánide Eurínome.
Foi esposa de Hefesto, con quen segundo a tradición órfica foi nai de:
* Eucleia (Ευκλεια), deusa da boa reputación e a gloria
* Eufeme (Ευφημη), deusa do correcto discurso
* Eutenia (Ευθηνια), deusa da prosperidade e a plenitude
* Filofrósine (Φιλοφροσυνη), deusa da amabilidade e a benvida
Como vedes un misterio deste blog foi descuberto.
2 DÃxome dÃxome:
Ja, ja, ja... Bonito post.
Moitas grazas
Abraiante dato o que nos revelas, nadador. Como humilde personaxe de cómic, síntome honrado de visitar un blog polo que tamén pasan deusas gregas...
...
E xa que estamos ¿non terá ninguén o móbil de Afrodita?
Post a Comment
<< Home