Médicos do mundo
Encontreime hoxe co seguinte artigo do país do que vos extracto o seu comezo:
España ficha a cientos de médicos polacos ante la falta de aspirantes
Altos cargos autonómicos viajan repetidamente a Varsovia para reclutar a los facultativos - Miles de especialistas españoles se marchan a Reino Unido, Alemania y Portugal por los sueldos
E un destacado posterior:
Un facultativo cobra de media en España unos 3.200 euros al mes, y en Polonia unos 300. Las entrevistas y el contacto final se cierran en la Cámara Médica de Varsovia. En Portugal trabajan ya más de 1.800 médicos españoles, 1.047 en Reino Unido, 320 en Alemania y más de 400 en Suecia.
Os nosos lazos e similitudes con Polonia teñen unha base sólida e real. Pelexamos con eles polos fondos europeos, na era Aznar porfiamos por arrastrarnos perante Bush e somos igual de católicos e reaccionarios (ou cando menos así a nosa clase política o fai parecer). Un compañeiro meu de carreira foi hai 5 anos alí e non volveu. Comprou unha casa por seis millóns de pesetas, viviu cunha paga dos seus pais (250 euros ao mes, o salario dun médico) ata falar perfectamente polaco e agora traballa para un lobby galego alá e gaña 500 euros. Como vedes un soldo de executivo.
Teño unha compañeira de clases de inglés que veu aquí a estudiar mediciña e quedou, casou e agora está coas prácticas do MIR. Se todas son tan guapas como ela non me estraña que quedara o meu colega. Por outra banda, para a súa fortuna, non ten que pasar por ser unha médico polaca, é dicir dun país de terceira. Os médicos españois son para os suecos e ingleses de segunda porque van a onde ninguén quere dicir. O caso das enfermeiras é incluso máis paradigmático.
Nunca entendín moi ben a existencia dun mercado de man de obra. Paréceme normal que as empresas intenten mellorar a súa oferta a través da eficiencia, o aproveitamento de recursos, a tecnoloxía... Pero cando menos nun espazo político común coma este non se marcan obxectivos no plano laboral como pode ser equiparar os salarios para evitar diferencias tan brutais ou a obrigatoriedade de ter índices baixos de siniestralidade laboral ou precariedade para pertencer á UE. Será que non interesa.
Ao igual que no XIX e a principios do XX os países máis atrasados non só se ven obrigados a competir en permanente vantaxe e a costa do benestar dos seus cidadáns. Tamén se lles priva dos seus individuos máis capaces. A cobiza é un saco sen fondo.
3 DÃxome dÃxome:
¡Mal Polonia recibe a un extranjero!"
Máis ben ao revés. A verdade, e malia o rancio catolicismo, anticomunismo e resabio antisemita, teño moita interese por visitar ese país.
Alén, as rapazas que teño coñecido dalá son todo un encanto.
E agora, teño amigo vivindo en Gdansk coa moza e a familia política. De feito, mandoume no Nadal postal da cidade e un 'calendario obreiro'...
Por certo, unha pequena nota (por se non te enteraches) cara Vieiros.
Isto interésache. Xa sabes, os vellos coñecidos de facultade...
http://www.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=47407&cm=1
non ven a conto pero mañá zipe e zape presentan o libro de ramón "orfeu en soños" en sargadelos, rúa nova e iso, que nesta ocasión, temo, terá que facer o papel de don pantuflo
é ás oito horas
estades convidados
viva boimorto
Post a Comment
<< Home