Thursday, February 09, 2006

Fraxilidade

Sempre me fascinaron as persoas que son capaces de cortar pan sen facer migallas. Para min son unha especie de semideuses dotados dunha habilidade incrible. Son un misterio as habilidades e virtudes dos demais. ¿Como se debe sentir unha Miss á que todos miran con libidinosidade e todas con envexa? ¿Ou o plusmarquista de maratón? ¿Ou Mozart?

A min gustaríame ser máis botado para diante e despreocupado. Sempre admirei aos valentes porque teño un problema para controlar o medo. Son deses que afogan nun vaso de auga e o ven todo negro ante a máis mínima dificultade. Fago cousas das que me avergoño a miudo. Sen embargo non sempre esas cousas das que me avergoño son mostras de debilidade. Onte deume un ataque de medo ante unha situación nova e tiven que chamar a unha amiga (gracias amiga) porque necesitaba escoitar a voz dalguén. Cando me colleu o teléfono non sabía sequera que dicirlle nin por onde comezar. Creo que a asustei porque dicía máis incoherencias que de costume. Admito que despois de descargar sentinme moito mellor o resto da tarde e hoxe xa tomo as cousas con máis filosofía.

O medo só é útil cando o perigo é real e evita que caias na imprudencia. Sen embargo os que coma min se asustan á mínima viven angustiados e non disfrutan dos éxitos nin dos fracasos. As miñas técnicas para controlar o medo son darlle a paliza aos demais porque a base de escoitarte a ti mesmo en alto descobres o insignificante das túas preocupacións e intentar racionalizar, falar comigo mesmo e darme conta de que non é para tanto.

Afortunadamente cos anos fun gañando algo de valor. Non creo que no meu caso teña que ver cunha mala imaxe de min mesmo senón máis ben cunha desconfianza no futuro ás veces rallana na paranoia. Envexo aos que viven coa esperanza de que o día seguinte será mellor. Non debe haber mellor tesouro no mundo. Deixovos cunha canción de Nine Inch Nails (gaña escoitada) Fragile:

"
The Fragile"

she shines
in a world full of ugliness
she matters when everything is meaningless

fragile
she doesn't see her beauty
she tries to get away
sometimes
it's just that nothing seems worth saving
I can't watch her slip away

I won't let you fall apart

she reads the minds of all the people as they pass her by
hoping someone can see
if I could fix myseld I'd - but it's too late for me

I wont let you fall apart

we'll find the perfect place to go where we can run and hide
I'll build a wall and we can keep them on the other side
...but they keep waiting
...and picking...

it's something I have to do
I was there, too
before everyhting else
I was like you






3 Díxome díxome:

At 10:57 PM, Anonymous Anonymous said...

o medo é imaxinación a máis das veces

coñecín xente sen imaxinación nen medo, que postos nuha lea de ostias, corrían coma galgos

nunca se sabe como se vai reaccionar

o problema, a gran mentira, é que o día de mañá non existe

sobrevivimos no agora, nada máis e lembra

só debes temer unha cousa

que o ceo caia sobre a túa cabeza

apertas, tamén tes o meu tf para un apuro, anque eu de ti chamaría tamén a unha amiga,

e ailalelo, ando apurado, teño que dar un curso sobre algo do que non sei nada, quédanme unhas horas para estudiar o que lle vou dicir,

o mundo é unha trampa

 
At 4:16 PM, Anonymous Anonymous said...

Todos temos medo, os máis medosos somos os que non nos atrevemos a confesalo.
Bicos. Unha compa de curro.

 
At 1:30 PM, Blogger O Nadador said...

Gracías compa do curro. A túa luz é benvida.

 

Post a Comment

<< Home