Heroes dun día
De mesmo xeito que todos disfrutamos da canción "Love is in the air" o 90% de nós seriamos incapaces, sen mirar en Internet, de determinar que o seu intérprete é John Paul Young. Fagamos, como tanto lle gusta facer aos nosos amigos da Rockdelux, unha pequena lista: Tasmin Archer, US3, Edwin Collins, Jann Hammer, Lipps Inc., Bow Wow Wow, Foreigner, Berlin, Boomtown Rats, The buggles,Right Said Fred, Fools Garden, Midi-Maxi-and-Efti e Soft Cell son artistas e grupos que compuxeron cancións celebradas por todos. Algunhas son hits coxunturais pero outras forman parte da memoria melómana e xeracional de individuos de todo o mundo. Sen embargo están destinadas a ser esa canción "que non sabemos de quen é pero que está moi ben".
Internet, panacea das preocupacións banais e as excentricidades, contén gran cantidade de páxinas adicadas ao tema. Esta por exemplo. Formaron parte da banda sonora dun verán ou dun inverno e das súas correspondentes noites de cañas, viaxes en autobús urbano, iniciacións sexuais e musicais, reportaxes de crónica social e anuncios do corte Inglés.
Onte pasou polas miñas mans un libro de Gadamer sobre Estética e chamáme a atención a intelixencia, rigor e preocupación coa que este home reflexionaba sobre a función da arte e o seu papel na vida dun ser humano. E sorprendeume porque agora ninguén se preocupa do papel da arte (ou das industrias culturais) na sociedade. Asúmese que están aí para que as consuma a xente que esté disposta a pagar e así entreter. Encher o baleiro do tempo.
Posiblemente só haxa dous tipos de artistas de música contemporánea. Aqueles que pasan a ser iconos e alimentan a fame de fieis dunha fe como no caso de Dylan, os Beatles, Elvis, The Clash, Led Zeppelin... e estes ídolos caducos de quita e pon que aplacan a permanente voracidade do público por fórmulas novas. Xente cos concertos e os discos contados.
Veume a cabeza o tema vendo a grande interese que o balonmano, un deporte ao fin e ao cabo minoritario, tivo esta fin de semana cando a selección de balonmano chegou ao final do europeo. O éxito leva a que actividades ou persoas en circunstancias normais (ou alguén se imaxina discutir durante a comida polas fichaxes do Portland San Antonio) nada interesantes pasen a ser o centro das discusións. Máis triste é incluso o papel dos atletas que entrenan de xeito solitario e con poucos medios co único obxectivo de ser durante un día, e nada máis ca un día, o protagonista absoluto da xornada. Productos de refugallo como a maior parte do que aspiramos a crear.
PD: Síntome especialmente orgulloso de elaborar este post sen empregar a manida frase de Andy Warhol dos 15 minutos. O fulano da foto é Gary Numan, un autor dun único hit recoñecible que me encanta: "Cars".
2 DÃxome dÃxome:
Non querrás citar a Warhol, pero este tenche algo moi importante que decir: "Non hai nada máis real que a televisión".
E demóstralo cando dis cousas cómo:
agora ninguén se preocupa do papel da arte (ou das industrias culturais) na sociedade.
Eu convivo con bastante xente adicada a esas cousas; e aínda que non sexan tan brillantes como Gadamer, preocúpanse moito.
Aínda diría máis; se algunha vez se falaba dalgún tema interesante nas corredoiras da miña facultade, era ese.
Tamén teño visto na telivisión algún que outro programa pseudo-intelectualoide tratanto o tema.
¿En qué mundo vives?
PS- Por certo, sobre Gadamer, diría que Warhol catou moito mellor os xogos da industria artística topando os problemas no sistema de producción. Gadamer quédase máis no reclamar uns espectadores máis responsables, unha solución máis sinxela.
-fromoze-
¿Amiga común? Eu pensaba que era un lobo solitario.
Post a Comment
<< Home