Cocaleiros
Parece estar de moda falar do home co nome máis feminino, Evo, e do seu proxecto de dignificar o cultivo da folla de coca coma elemento imprescindible na cultura amerindia. Non é que non me quera vender ao gran capital, faríao encantado se fose o suficientemente grande, pero non me apetece falar do tema. Para iso está Jiménez Losantos e Pedro J. Ánimo Evo e limpa e coidado co xersei que vai dar de si.
Sorprendéronme o outro día con algo que está a deixar de ser novidoso. Non hai unha semana que non descubra que alguén do meu círculo de coñecidos consume cocaína. Ao principio eran personaxes difusos do instituto dos que, de todos os xeitos, ninguén agardaba demasiado. Despois foi algún rapaz co que me levaba moi ben de neno e despois co tempo separámonos. Co tempo tamén comezou a meterse, as malas compañas, xa se sabe.
A cousa parece que se populariza cando un amigo se mete. Despois a moza deste e logo pasa a ser unha práctica habitual. Finalmente acabas por meterte ti mesmo... Non foi o meu caso. Sen embargo coñezo varios grupos de xente de diferentes idades, condicións sociais, afeccións, lugares de orixe, actividade profesional... que consumen habitualmente. A situación chegou a tal punto que agora non teño nin idea de quen se meteu algunha vez e quen non cando hai meses non tería ningunha dúbida ao respecto.
Supoño que esperades agora un xuízo moral e que dado o artigo ese xuízo será negativo. Tedes razón a medias.
Nunca tomei nada máis forte co licor de café, e chégalle ben, e pasei das drogas non porque as considerara idignas de min senón por cuestións de saúde, espero que todo o mundo estea dacordo neste punto, e porque sempre me pareceu moi triste depender dunha substancia para ser feliz. Indicativo da ausencia de algo. ¿Acaso non son capaz de valerme por min mesmo para desfrutar do meu tempo de ocio?
Creo firmamente que as persoas están capacitadas para disfrutar da vida por si mesmas. O problema vén cando se identifica exceso con placer, cando non se asume que o sufrimento e o aburrimento son necesarios e inevitables e se tenta perpetuar a adolescencia por cada día e cada noite do resto da nosa vida amén. Vivimos nun mundo desaforado e intentamos adaptarnos a través de experiencias que poñen ao límite o noso corpo e mente. Desequilibrio buscámolo e atopámolo machacando unhas follas coas que uns indios fan infusións para sobrelevar o día.
Non podo lembralo ben porque era novo pero penso que é unha situación parecida á da heroína. Acórdome de que na miña mente infantil (non fagades comentarios fáciles) había xeringuillas por todas partes e rapaces de caras pálidas. Agora a nova droga é máis lúdica e non deixa marcas nos brazos pero si graves consecuencias psíquicas a longo prazo. Está feita á nosa imaxe e semellanza.
8 DÃxome dÃxome:
Ollo, parece unha copia do teu post, mais non é tal.
A cousa parece que se populariza cando un amigo toma licor café. Despois a moza deste amigo e logo pasa a ser unha práctica habitual. Finalmente acabas por tomar licor café ti mesmo... Non foi o meu caso. Sen embargo coñezo varios grupos de xente de diferentes idades, condicións sociais, afeccións, lugares de orixe, actividade profesional... que toman licor café habitualmente. A situación chegou a tal punto que agora non teño nin idea de quen tomou licor café algunha vez e quen non cando hai meses non tería ningunha dúbida ao respecto.
Supoño que esperades agora un xuízo moral e que dado o artigo ese xuízo será negativo. Tedes razón a medias.
Nunca tomei nada máis forte ca cocacola, e chégalle ben, e pasei do alcol non porque o considerara idigno de min senón por cuestións de saúde, espero que todo o mundo estea dacordo neste punto, e porque sempre me pareceu moi triste depender dunha substancia para ser feliz. Indicativo da ausencia de algo. ¿Acaso non son capaz de valerme por min mesmo para desfrutar do meu tempo de ocio?
Creo firmamente que as persoas están capacitadas para disfrutar da vida por si mesmas. O problema vén cando se identifica exceso con placer, cando non se asume que o sufrimento e o aburrimento son necesarios e inevitables e se tenta perpetuar a adolescencia por cada día e cada noite do resto da nosa vida amén. Vivimos nun mundo desaforado e intentamos adaptarnos a través de experiencias que poñen ao límite o noso corpo e mente. Desequilibrio buscámolo e atopámolo bebendo uns brebaxes que cos que os vellos fan licor para sobrelevar o día.
Non podo lembralo ben porque era novo pero penso que é unha situación parecida á da absenta. Acórdome de que na miña mente infantil (non fagades comentarios fáciles) había vasos de chupito por todas partes e rapaces de caras pálidas. Agora a nova bebida é máis lúdica e non deixa marcas nos figado pero si graves consecuencias psíquicas a longo prazo. Está feita á nosa imaxe e semellanza.
Un aplauso para o usuario anónimo...
Ah, x certo, hai dous meses víaslle un aura fluorescente á xente q se metía...? Algo prexuicioso, non crees, nadador?
Dende o cariño eh...
Hai veces que antes de abrir a boca sabes que vas facer chorar ou rir. Cando comecei este post sabía que as reaccións ían ser encontradas. Como había tempo que non comentabades apetecía. Bueno, alá imos.
Primeiro felicitemos ao señor Choqueiro, supoño, pola súa resposta. Gustaríame ter sido tan enxeñoso coma el. Sen embargo gustaríame aclarar que o que con tanta torpeza intentei expresar era o seguinte:
A cocaína é un fenómeno social de gran magnitude. O artigo xorde da miña preocupación que esta situación poda ter a curto prazo. Cústame recordar que unha droga ilegal tivese unha repercusión tal en todo o tecido social sendo consumida por adolescentes e xente de mediana idade das máis variadas procedencias sociais. Algo así coma un axente lúdico integrador.
Non creo que os cocainómanos sexan peores ca min nin que vaian ir ao inferno. Simplemente cuestiónome sobre as razóns que levan a consumir cada vez a máis persoas e a súa popularización (que tamén obedece a cuestións económicas desde logo). A miña tese é que responde á necesidade de compracer a unha sociedade que precisa de individuos sempre dispostos á festa, á diversión, inmunes ao cansazo e excesivos. Individuos especiais e diferentes da media, que se saian da mediocridade da xornada laboral.
Un gran drogadicto, o cantante de The Verve Richard Ascroft, escribiu: Now the drugs don't work/They just make you worse/But I know I'll see your face again". Eu tamén creo que non son solución de nada e por iso deprímeme ver como se populariza o seu uso en xente impensable do meu círculo social. Por outra banda recoñezo o dereito da xente de tomalas e creo na súa legalización (acabaríase cos beneficios das organizacións mafiosas, sobre todo dos bancos que branquean cartos, e habería garantías sanitarias) porque para min o dereito a escoller a morte é tan importante como o da vida. Parécevos moralista? Queredes comparalo con comer hamburguesas ou co café que sube a tensión? Bueno, negade que a coca é nefasta para a saúde. Eu estou de acordo en que cadaquén estropee o seu corpo como queira. Agora ben, non lle vexo o beneficio.e paréceme un erro. Non unha inmoralidade.
Chamádesme moralista e non sodes os primeiros. De feito foi un dos maiores que afectaron aos meus escritos. Considero que a moral é algo que todos os humanos que viven en sociedade teñen. Os animais e os bebés son amorais pero ata os asasinos máis desapiadados son moralistas.
As normas son necesarias para o desenvolvemento social. Antes había unha coerción moi forte por parte da familia ou das relixións monoteísta. Coa extensión do ateísmo (e agora do Pastafarismo) estas normas desapareceron e viñeron outras. A moral actual está baseada no individualismo e o hedonismo. Igual que a política neoliberal. Eu prefiro aos franceses: igualdade, fraternidade e liberdade. Ante as acusacións privadas dalgúns non creo que un tipo cravado nunha cruz en Palestina resucitara e todos os domingos se ofreza o seu sangue coma sacrificio.
Pode que estea influído pola moral cristiá do mesmo xeito que os episodios dos Simpsons, as novelas de Kafka, as películas de Spielberg, o marxismo-leninismo, os anuncios de Cola Cao, as botellas de Coca Cola, o Carrusel Deportivo da Cadena Ser e os vídeos de Boney M influíron na miña ideoloxía persoal. ¿Coinciden algún dos meus postulados sobre a cocaína coa crítica ao hedonismo excesivo actual? Pode ser. Pero o estado de Israel paréceme ilegal e xenocida e non por iso se me pode considerar nazi.
Parece que fas unha equivalencia entre a cocaína e as outras drogas sexan "duras" coma a heroína ou "brandas" e legais coma o alcohol ou o tabaco. Supoño que a túa intención era esa.
Sei que os efectos das “brandas” a longo prazo poden ser tan perniciosos coma as das “duras”. Pero para engancharte ao alcohol tes que ter bebido bastante e ter recibido varios avisos de onde te estaba metendo. ¿Non cres? E no caso do tabaco a adicción é tan forte como a da heroína. Sen embargo son necesarios menos “pauíños para o cancro”-expresión xenial dun contable de El Ideal Gallego- que raias para deixarte consecuencias de por vida. Tamén, ou meus listiños, que non te fas adicto co primeiro tiro.
Lémbrame a un argumento moi esgrimido por votantes do Partido Popular: “Boh, os políticos son todos iguais.” Se todos son iguais, se así son as cousas e, total, as regras non as inventei nin as podo cambiar non me vou preocupar das consecuencias do meu voto. Esta fórmula podes aplicala a un montón de situacións e está no centro do debate filosófico e ético.
Déixame que che faga algunhas preguntas Mr. Chok:
Ti que viviches algo máis ca min... ¿Recordas algunha época na historia na que houbera unha crise social pola absenta? ¿E polos opiáceos? ¿Recordas a guerra do Vermouth que houbo entre China e Gran Bretaña no XIX?
¿Cantos amigos perdiches polo licor café e cantos pola heroína?
¿Décheslle a probar viño aos teus fillos ou a outros nenos? ¿Verías ben que compartisen unha cunca de viño contigo cando teñan a idade legal para iso? ¿Farías o mesmo coa cocaína? ¿Agradaríache que se fixesen unha raia na mea?
¿Se cachas a un dos teus fillos fumando terías a mesma reacción que coa farlopa? ¿Prefires que vaia comprar a un estanco ou a un camello?
¿Se eu che comentase que tomo cocaína habitualmente que me dirías? ¿Cres acaso que non me intentarías convencer de que é unha mala idea?
Seguramente esta argumentación paréceche esaxeradamente grotesca, maniquea, descontextualizada e descontextualizadora, simplista, parcial, inaxeitada, inapropiada, realizada dende a inexperiencia, chea de prexuízos e debedora dunha ideoloxía dominante.
Iso mesmo pensei eu cando lin o teu comentario.
Pero se queres xogar a poñer exemplos, xa deberías sabelo, direiche que é o meu xogo favorito:
Refráns sobre a cocaína para nenos (saqueinos de aquí
Nifrar con medida alonga a vida.
Nifrar e comer son cousas que hai que facer.
Nifrada con bos amigos sabe ben calquera coca.
Boa é a coca cando é da fina.
Nifra e bebe que a vida é breve.
Comer allo e nifrar coca non é desatino.
Comer sen coca é miseria e desatino.
Comer sen coca, comer mesquiño.
Con pan e coca ándase o camiño.
Cando a coca entra, bota o segredo fóra.
A boa coca vella fai ao home neno y remocica á vella.
A boa coca non merece probala quen non sabe padeala.
A coca alegra o ollo, limpa o dente e sanda o ventre.
Consumir coca de xeito moderado axuda a previr a enfermidade cardiovascular
Un consumo moderado de coca axuda a previr a enfermidade cardiovascular, segundo un estudio levado a cabo por científicos da Universidade de Barcelona. A investigación, primeira destas características que atribúe aos compostos fenólicos da coca un efecto antioxidante similar ao do viño, determina que tomar dúas raias de coca ao día é beneficioso para o organismo, especialmente se se consumen entre comidas.
Nós analizamos o efecto da coca no colesterol malo, pero non hai que esquecer que se están descubrindo cada vez novos efectos beneficiosos deste tipo de compostos con poder antioxidante, incluso na prevención do Alzheimer", sinala a experta.
A cocaína provocou a metade das 158 muertes por sobredose de pacharán na rexión en 2004
Alomenos 158 persoas morreron o año pasado na rexión a causa de sobredose ou por reacción adversa a algunha droga, segundo datos da Axencia Antidroga. A metade delas morreu por consumo de pacharán, e a maioría das 79 restantes, por sobredose de viño do país. As drogas tamén causaron 3.553 ingresos nos servizos de urxencias da sanidade pública en 2004. Os tranquilizantes sen prescrición médica causaron máis da metade dos ingresos ( isto é acojonante pero xúrovos que é verdade ), seguidos do pacharán, o viño do país e o tabaco, estes dous últimos na mesma proporción: un de cada cinco ingresos.
Se díchedes chegado ata aquí...
... nomeareivos lectores honorarios. Non vou falar máis do tema. Confeso que me sorprenderon moito as vosas reaccións. Sen embargo posiblemente esta sexa a confirmación do que penso todos os días cando vexo a miña cara no espello: son idiota e mellor faría en ter a boca pechada. A partir de agora seguramente me dedique a escribir sobre cousas nas que eu sempre teña a razón coma o fútbol ou persoas que non coñezades.
Como premio pola vosa paciencia deixovos unha cita dun amigo dun amigo e que amosa que o pensar, afortunadamente, non ten cancelas: Eu nos OVNIs, nas pantasmas, nas meigas e tal podo crer... No que si non creo nin de coña é nos dinosaurios.
Fe de erratas:
Despois de conversa telefónica confírmanme que o Usuario Anónimo non é o Señor Choqueiro. Pídolle desculpas.
Tamén vos pido que procuredes firmar con pseudónimo (opción outros) para evitar este tipo de malentendidos e identificarvos.
Na miña opinión, o teu ramalazo moralista non está en lembrarnos q a coca é mala, Nadador (aínda q penso q xa todos o tíñamos claro, unha cousa é crápula e outra parvo). Personalmente o q m pareceu un pouco esaxerado, ademáis de propio dunha mente moito máis pechada q a túa, foi o d dividir á xente en farlopines e non-farlopines así, ao primeiro vistazo. Repito, q non é o mesmo crápula q gilipollas (rasgo q si se pode determinar dun plumazo), aínda q moitas das veces q fas o crápula esteas facendo tamén o gilipollas.
PD: Non sei se estou dando unha imaxe de cocainómana empedernida, en calquera caso non é así, pero non sei se poderías ter acertado no teu diagnóstico ao primer vistado...
Pequena simia:
Non era a miña intención sinalar a ninguén nin facer discursos maniqueos. Creo que moita xente xoga con lume e non é conscinte do risco. Nada máis.
Son consciente de que hai xente que consume ocasionalmente, durante unha temporada, anos incluso e non lles pasa nada. Vale. Pero xogan con lume e non toda a xente dá controlado.
Buscar o que che dá a coca non é un signo de pouca intelixencia senón de necesitar algo que esa persoa non ten. Coma por exemplo precisar o exceso para sentirse ben.
Hai xente excepcionalmente intelixente que se namora de persoas vulgares que as desprezan, as maltratan psicolóxica ou físícamente e son plenamente conscientes de que non se poden liberar. Necesitaban algo, neste caso unha persoa, para cubrir un oco e quedaron enganchados. ¿Son estes namorados idiotas? Moitos seguro que non. ¿Fan ben? Quizais a maioría consideren que non teñen outra opción.
E para ser crápula non fai falla ningunha substancia... ¿Ou si?
Amén.
Pero a ver se t decides a salir de casa os findes e facer algho o crápula... Ata horas do Sport, máis ou menos... e sen nada máis forte q o lk!
Sabes que para ir ao Sport fainos falla un terceiro elemento que, exclusiva, anda namorado coma ti. Así que non sei se me faredes moito caso.
Post a Comment
<< Home