Misterios omelétticos
Di a opinión paisana de Zenone, un paisano do Ourense profundo, que se deberían deixar de facer tantas viaxes espaciais e investigar máis o cancro. Ao mellor ten razón. Seguramente tamén a teñen os científicos que consideran que as condicións de experimentación que se dan na NASA supuxeron un chimpo descomunal na investigación científica mundial, incluída a medicina, e a única aplicación válida das viaxes espaciais mención aparte das comunicacións vía satélite e a propaganda política.
Sen embargo a frase encerra unha verdade dentro de si. Investigamos os misterios máis desafiantes e lonxanos e convivimos con verdadeiras incógnitas na nosa vida diaria. Por exemplo, e sen querer imitar ao prescindible Luís Piedrahita, por que ninguén estudou os misterios da tortilla.
O máis evidente é o seguinte: ¿Por que dúas persoas non poden facer unha tortilla do mesmo xeito? Poden ter os mesmos ingredientes, a mesma receita, a mesma cociña, o mesmo mestre e ser xemelgos idénticos que xa sexa por gusto, aroma, forma ou proporción entre ovo e pataca nunca serán idénticas e marcarán a personalidade culinaria do seu perpetrador. A tortilla de cadaquén é tan identificativa de alguén coma o seu ADN. A policía podería identificar a un individuo poñéndoo na cociña e prescindindo das huellas dixitais.
Fálase moito do amor verdadeiro, a alma xemelga e a media laranxa... Sen embargo todo o mundo ten unha tortilla perfecta. Hai unha persoa no mundo que elabora unha tortilla tal como a ti te gusta e a ese outro ser humano úneche un lazo máis aló do metafísico. Existe unha comunión perfecta entre o sabor dese prato e a túa propia alma. Sendo isto unha verdade obvia non pode deixar de sorprenderme por que a humanidade se agrupa en bandos segundo opinen que un tipo baixou ou non dunha cruz hai 4.000 anos ou de se hai que darlle sanidade pública aos pobres ou non. De existiren grandes líderes tortilleiros o mundo volvería a unha sociedade tribal onde cada individuo do colectivo defendería a morte ó místico da omelette.
Por outra banda ¿cal é o límite da tortilla? Se un vai a un restaurante especializado neste prato poderá apreciar na carta que á tortilla non hai un ingrediente que se lle resista. Todo o que un ser humano se atreveu a comer foi incluído nunha tortilla. ¿Cando unha tortilla perde a súa identidade?
E por último, unha confesión persoal. Xa sabedes que o que máis abunda neste blog é a obscenidade polo tanto comunícovos que a pesar de que a tortilla é un prato que se serve quente, ou morno, debo dicir que a disfruto moito máis fría. Non sei se son un lobo solitario neste aspecto e debería irmo mirar. Sen embargo é así.
5 DÃxome dÃxome:
Querido nadador, estou de acordo co que dis sobre o misterio que rodea a creación dunha tortilla. Para min, a tortilla é a esencia da cociña, porque non son capaz de nomear outro plato tan sinxelo de facer e á vez tan difícil de facer ben.
Cando fago tortillas o que busco é que se parezan á TORTILLA con maiúsculas, a que facía a miña avoa. Era, sen lugar a dúbida, a mellor tortilla do mundo. A miña avoa morreu e o sabor da súa tortilla (facíame unha por semana, tamaño plato, comíaa eu só) aínda o teño aquí gravado na memoria. Miña nai di que cando casou co meu pai, el só quería para cear tortilla. Todos os días, ningunha outra cousa. Era o que lle daba a súa nai de cea, de toda a vida, e encantáballe. Créoo ben. Logo cando tiveron casa propia o meu pai tivo que afacerse á variedade culinaria.
Sigo intentando facer unha tortilla que se lle pareza, pero polo de agora fracaso. Nos últimos tempos perdín moita man na cociña, e as últimas dúas tortillas que fixen (especialmente a penúltima) saíronme horrendas. Tamén pode ser a vitrocerámica, que non axuda moito.
Con respecto á variedade das tortillas, discrepo. Creo que só hai dúas opcións: con ou sen cebola, comigo ou contra min. O resto dos engadidos son matices con encanto, pero superfluos.
As tortillas son distintas porque as patacas son distintas, as cebolas tamen, os ovos, o sal, o aceite, a temperatura do lume, o tempo de preparacion (inda non mirei facer trotilla cronometrada), a man do cocinhador, etc, etc.
A tortilla e unica como e unico o cocido.
Sen embargo, Acedre, un prato tan sinxelo como a tortilla sempre sae diferente. Se te poñen a ti con outra persoa nunha cociña cos mesmos ingredientes habería unha diferencia significativa. E iso é o realmente fascinante da tortilla. É coma un símbolos da alma de cada un.
Por outra banda si hai varias maneiras de facer o cocido. Sen embargo pódese establecer unha taxonomía e é un prato máis complexo de elaborar e con moitos ingredientes.
Isa tortilla non ten boa pinta. Demasiado redonda e perfeita. Parece das que venden no Carrefour para meter no microondas.
Palabra dun bo comedor de tortillas
Home Xosé Antón, para min a forma da tortilla é outro dos seus atractivos e dificultades. Por outra banda non é do Carrefour senón do google. Podes mandar fotos de tortillas guapas se queres. A beleza sempre é ben admitida.
Post a Comment
<< Home