O problema do facedor do blogs
O facedor de blogs, un tipo maniático e pesimista, veu de comer e sentou como soía facer cada día a encher de letras algún deses posts que dúas ducias, con sorte, de persoas, a maioría coñecidos e familiares, tiñan a ben ler.
Repasou mentalmente a lista de temas que elaboraba no camiño ao traballo nas frías mañá compostelana ou no baño mentres a auga lle escorregaba pola cabeza. Viñéronlle á cabeza varios asuntos banais e repetivos que afondaban nas súas teimas habituais. Xulgou, con acerto, que se a el non lle interesaban non sería capaz de que lle interesasen aos demais (Aínda que neste precepto se baseaba a industria audiovisual mundial e a alta política internacional).
Repasou a súa vida na procura de fendas existenciais: Tiña un traballo por un ano no que non lle pagaban seguridade social pero estaba no top 20 de salarios da súa promoción descontando aos Labora. O seu maior problema cos amigos era coordenarse para poder quedar con todos a tomar un café (ou unha copa, ou unha mestura das dúas: un licor café)ao longo da semana.
Ao dilatar as súas visitas á casa familiar cada vez era recibido con maior afabilidade pola xa de por si cariñosa nai e o seu irmán pequeno madurara o suficiente como para entender que non lle debía preguntar continuamente pola súa opinión pola xornada ligueira. O Deportivo perdera a Valerón había pouco polo resto da temporada pero podía acceder a semifinais grazas aos xulgados.
Non ligaba con ninguén pero varias das súas atractivas amigas dicíanlle que non terían problemas en liarse hipotéticamente con el o que, na práctica, equivalía a que nin sequera nun universo paralelo o farían. Aforraba diñeiro para marchar a un país estranxeiro cando acabara o seu contrato aínda que un compañeiro de traballo mantiña que "alá non é tan caro como cho pintan". Ese compañeiro é pródigo en opinións paisanas.
Ante a falta de problemas tanxibles pasaba moito tempo divagando sobre o sentido da existencia, a inmensidade do universo e a cantidade de sucesos azarosos que tiveran lugar ata o momento no que el se atopaba vendo a Messi marcar o terceiro gol do Barcelona fronte ao Mallorca na Bar_Cafetería Astra. Incluso unha mente limitada como a del dectaouse de que era inútil prantexarse problemas que ningún ser humano sería capaz de resolver.
Podía fustigarse por abandoar a súa carreira literaria uns anos atrás dadas as louvanzas que lle adicaban xente cun criterio artístico que respectaba enormemente. Sen embargo xa había tempo que desaparecera esa ambición e, paradoxalmente, nunca escribira tanto como nese blog que nunca se molestara en remodelar a pesar dos enlaces caídos e o deseño chanfón.
En definitiva, o facedor de blogs cría que non tiña nada do que laiarse nin ninguén do que queixarse. Se ata os inimigos máis acérrimos se dan a si mesmos unha tregua de cando en vez o blogueiro podía darse por satisfeito por un día. Un nada máis.
12 DÃxome dÃxome:
Good. Y esto no es un spam.
Tomareimo a good.
Adícaste a sobre-vivir. Creme, xa é suficiente. Máis ou menos, o que fai a maioría da xente.
O das mulleres é máis preocupante, pero agardemos que teña remedio. Terás que mira fora do círculo de amigas que che din esas cousas tan desagradábeis...
Doutra volta, non sabía que tiñas gañas de ir ao estranxeiro. ¿Algún país en concreto?
Non podo facer de Profeta (é algo que se nos dá mal aos historiadores, malia ser a clave da nosa "profesión"), mais se chega coas boas intencións, agardemos que só che poida ir mellor. ¿De quen era a canción aquela? 'It can only get betterrrrrrrrrrrr'
Si, Elric. Douche a razón en que podería ser unha canción do indie español salvo en que a min, ás veces, enténdeseme ao falar, o meu nivel de inglés é upper/intermediate e non basic-for-flirting-with-tourists, non fago melodías monótonas e rudimentarias coa guitarra, non levo gafas de pasta nin patillas longas e o meu limitado inxenio é superior (salvo ao da Costa Brava ou de Astrud) e sen necesidade de opiáceos, psicotrópicos ou polvos máxicos. Non me chamedes moralista por isto, please.
Oe Fravernero non sei se te diches conta pero o post é optimista. Polo menos ata onde eu podo chegar nesa senda ignota. Hai que ler menos e mellor.
Quizais vos interese isto
Gustaríame salientar algúns parágrafos.
O director xeral da Fundación de Axuda contra a Drogadicción (FAD), Ignacio Calderón, alertou onte de que o consumo de drogas en España vive "o seu peor momento" desde os anos 80, debido, en parte, ós valores de hedonismo, individualismo e banalización do risco que imperan agora.
O aumento de cocainómanos causará "avalancha nos hospitais"
A Fundación de Axuda á Drogadicción (FAD) alertou onte que o aumento do consumo de cocaína que se está a producir en España, especialmente entre os máis mozos, provocará "en dous ou tres anos" unha "avalancha" de demanda sanitaria en centros especializados e hospitais.
O 6,1% de mozos españois consumen cocaína, fronte ó 1,6% que o facía hai sete anos, segundo os datos de que dispón a FAD, o que demostra que "o consumo desta droga se cuadruplicou durante este período de tempo", explicou Caldeirón. A idade na que os mozos comezan a tontear con esta substancia é de 15,6 anos. Un 27% das chamadas que o servizo telefónico desta fundación recibiu no 2001 era por consumo de cocaína, mentres que tres anos máis tarde xa representaban o 58% de todas as consultas, asegurou o responsable desta organización, quen advertiu de que a sociedade "ten que tomar en serio estes datos".
É inútil porque o único que entendería desa canción é as murmuracións dun grandino con graves problemas de vocalización á súa chaqueta.
PD:"Pof bueno, pof fale, pof malegro"
PDD:Pois deberían. Comezan a ser un problema...
Eu tamén teño un reflexión: Q se mete Zenone?
E outra: É dura ou blanda a droga de Zenone?
E unha última: A alguén lle preguntaron algunha vez algo SERIO respecto ao seu posible consumo de drogas? Éstas estadísticas, q como ben dis Nadador terían q comezar a preocuparnos (pola súa metodoloxía, non polos seus resultados), recórdanme as da Ragazza e a Superpop cando falaban sobre o risco de quedar preñada x facer unha mamada...
"Consumiches drogas nalgún momento de depresión?" Claro, e tamén chorei, fumei un cigarro, comenteino con ana e berreille a miña nai... Son debil emocionalmente e iso volveume politoxicómana, non t j....
Drogas duras e izquierda. Claro, eso lo explica todo.
Alarma: ¿existe un top 20 de salarios da túa promoción? ¿un top de salarios de calquera promoción? Enfermizo, trubio, sórdido. ¿Felices pola fortuna allea ou pola desgracia dos que fican por debaixo dun? Será un nada máis, pero non deixa de i9nsinuar cuestións máis que inquietantes.
yo estoy atravesando la etapa de no querer postear nada, posteo una vez cada dos semanas...
falou maluco!! saludos desde argentina!!
Post a Comment
<< Home