Exercicio para clase de inglés
O meu profesor de inglés, do que podedes obter referencias no blog do compañeiro Elric, pediume o outro día unha lista coas miñas cancións favoritas. Elric, dun xeito moi seguidista, decidiu tamén facer a súa.
As listas creo que teñen un valor enriquecedor que é acceder a cancións e grupos descoñecidos. E un destructivo que consiste en ser alimento para frikis que discuten sobre os seus grupos predilectos durante anos nun ritual semellante ao de comparar os xenitais.
Bueno aí vai a miña SEN NINGÚN ÁNIMO DE POLÉMICA, NIN DE QUE A VALOREDES, NIN VAI ORDEADA, NIN NADA POLO ESTILO:
Beck.-Devil´s Haircut
Sonic Youth.-Teenage Riot
Pixies.-Debaser
The Smiths.-Panic
Nirvana.-Just smell like teen spirit
Bowie.-Moonage daydream
Depeche Mode.-Personal Jesus
REM.-The one I love
U2.-Misterious Ways
The Clash-Rock the Cashbah
9 DÃxome dÃxome:
Non hai excusas posibles. E o primeiro disco de Franz Ferdinand é mellor co segundo. ¿Que dirían Heath e Potter de nós?
Aí vai o meu "Top Ten":
- Blue Moon (Rod Stewart and Eric Clapton)
- American Pie (Don McLean)
- Yesterday (The Beatles)
- Love shine a light (Katrina and the Waves)
- Lili Marleen (Lale Anderson, aínda que a versión orixinal estaba escrita en alemán)
- Beautiful that way (Noa)
- Jonhy Guitar (Peggy Lee)
- What a wonderful world (Louis Armstrong)
- Rivers of Babylon (Boney M)
- California Dreaming (The Mamas and the Papas)
En fin, todo sexa pola clase de inglés...
¿Por que non hai ningunha canción en español e todas son nese indescifrable idioma estraño? ¿Onde está "Eres tú" ou "Amor de hombre"?
Until the end of the world - U2
Desolation row - Bob Dylan
Astral weeks - Van Morrison
The rain song - Led Zeppelin
Nothing's gonna change my world - The Beatles (en realidad John Lennon que jamás llegó a terminarla. Los sonidos de gaviotas que se escuchan en la versión no fueron añadidos por él.)
Jesus, etc. - Wilco
Diamond dogs - Papá David Bowie
I can't forget - Pixies
Lejos de la tristeza - Bunbury
Street fighting man -The Rolling Stones
Xa que falamos do tema, o "Eres tú" de Juan Carlos Calderón ten unha versión estupenda en inglés que se chama "Touch the wind", pero non a incluín porque me gusta máis a versión en español (a euskera tamén sona moi ben).
A lista que enumerei arriba está formada polas cancións en inglés (única e exclusivamente) que máis me gustan, en homenaxe ao teu profe de idiomas foráneos.
Se fixera unha lista coas miñas 10 cancións predilectas, coido que non habería ningunha na lingua de Shakespeare. Si que estaría, por suposto, esa fantástica adaptación do intermedio de "La leyenda del beso" que é "Amor de hombre"... e falando de "La leyenda del beso", lin por algures que a compuxo un galego deses da Galicia espallada de finais do século XVIII e primeiros do XIX que se chamaba Reveriano Soutullo.
Exactamente, o algures foi este: http://www.galespa.com.ar/entrevista_soutullo.htm
Agla:
Es un pozo de sabedoría sobre temas ignotos para min.
Anónimo pero identificable amigo:
¿Esa tendencia a escoller cancións cuase descoñecidas de famosísimos artistas é buscada ou involuntaria?
Evidentemente as miñas preferencias delátanme (Bunbury especialmente), pero a tendencia é involuntaria, son cancións que me gustan. Non podo negar que tamén me gustan velouria, where is my mind, rock and roll, black dog, paint it black, like a rolling stone, ziggy stardust..., pero as cancións que inclúo son as miñas predilectas, sen afáns rebuscados... e non son tan descoñecidas, para ti Static de Beck non é unha canción descoñecida, e é tamén unha das miñas favoritas, pois as cancións que elixín están nesa liña, pertencen, quizais, ós mellores discos dos seus compositores, e non figuran como caras b ou "rarities", coa excepción tal vez de I can't forget ou Nothing's gonna change my world. Por certo, na miña selección, ademais de pola música, hai unha certa atracción polas letras que normalmente non adoitan gustarme.
Eu vou dicir unhas poucas en español, non sei se son as miñas favoritas, pero son das que agora me acordo:
- Volando voy, de Kiko Veneno, cantada por Camarón
- La leyenda del tiempo, Camarón
- El ángel Simón, Nacho Vegas
- El tigre del Guadarrama, Vainica Doble
- Quaselvol nit pot surtir el sol, Sisa (si, xa sei que é en catalán)
- Desde el jergón, Los Enemigos
- Fina Estampa, Chabuca Granda
- Tata Dios, cantada por Chavela Vargas
- Pequeño vals vienes, Enrique Morente
- Titubeas, Pauline en la playa
- La boda, Astrud
- Vacaciones infernales, Alaska & Co.
- Te estoy amando locamente, Las Grecas
- Balada para un loco, Astor Piazzola
- Terra Cha, Radio Océano (a cota galega, a cota punk)
Por dicir algunhas, vaia, claro que poderían ser outras.
Non me podía resistir a este vicio escuro e privado. Cando menos, suxiro doce títulos im-pres-cin-di-beis anteriores aos anos noventa que aínda non apareceron. Por orde cronolóxica:
- Louie, Louie! (The Kingsmen in person, The Kingsmen -Richar Berry-, 1963)
- Sister Ray (White light white heat, The Velvet Underground, 1967)
- Sympathy for the Devil (Beggar's banquet, The Rolling Stones, 1968)
- I wanna be your dog (The Stooges, 1969)
- Life on Mars (Hunky Dory, David Bowie, 1971)
- En Melody (Histoire de Melody Nelson, Serge Gainsbourg, 1971)
- Sky Saw (Another Green World, Brian Eno, 1975)
- Transmission (single, Joy Division, 1979)
- Houses in motion (Remain in light, Talking Heads, 1980)
- En Kampuchea (Fai un sol de carallo, Os Resentidos, 1986)
- Fight the Power (Fear of a Black Planet, Public Enemy, 1988)
- Only Shallow (Loveless, My Bloody Valentine, 1991)
Outro día, máis centrado, máis selectivo, farei unha lista refinitiva con discos tamén do presente
Post a Comment
<< Home