Thursday, February 23, 2006

Pensamentos soltos

Velaquí unha recopilación de pensamentos pouco pensados:

Agradáronme moito a calidade dos últimos posts do meu compañeiro Elric e as súas historia de Bohemios Urbanos así coma o blog A metro escaso del cinismo. Disgústame que habendo xente que conta cousas que me interesan e de xeito non menos interesantes só publiquen os que me aburren e xa cheiran en forma e fondo. Quizais entendo un pouco mellor ao meu amigo o Choqueiro.

Un amigo meu díxome que o convencera o outro día de que o máis importante na vida era ser feliz e disfrutar da existencia. Moi por riba doutras elevadas actividades como a literatura (¿?) e de torturarse en pos da mistificación artística. Axudar á xente dá sentido a miña vida e enche os ocos (non sexades malpensados) que atopo en min. Gustaríame desenvolver unha actividade que axudase á sociedade. Inda que fose un grupo pequeno. Váleme incluso un grupo dun só individuo.

Victorias como as de onte do Barcelona dan sentido a todas as horas que gasto en ler información deportiva e ver partidos de equipos de Joaquín Caparrós.

O outro día vinme retratado nun diálogo dunha serie de televisión. Supoño que é unha trampa posta polas industrias culturais pola que todos temos que pasar. Aínda que a serie era boa (A dous metros baixo terra) o comentario foi relevador e, no pasado, daniño para a autoestima. É a vantaxe de asumir o inasumible.

Cada vez leo menos. (Paréntese innecesaria: Recoméndovos Entrevistas con hombres repulsivos de David Foster Wallace). Adico as miñas noites a ver series de Televisión (incluso baixo capítulos de OC) e a durmir. Pregúntome se teño demasiado asumido o diálogo que vin en A dous metros ou é que teño demasiada pouca fe na cultura e, sobre todo, na vida cando esta, últimamente, non deixa de sorrirme. ¿Teño un futuro máis que desexable chiscándome o ollo e invintándome a bailar e eu, por pose ou por estupidez, desprezoo? ¿Canto tardará en ir bailar con outro que se afeite regularmente e leve a camisa por dentro? ¿En que momento caerei da burra?

Hai que incorporar as dúbidas e os medos ao noso propio ser e asumilos como imprescindibles e necesarios. As bolboretas máis fermosas nacen das máis aberrantes orugas e tamén coñecedes o conto do parrulo feo. Desculpade, síntome ridículo metaforeando e, por se non fose suficiente, teño postos aos beastie boys.

Non creo que sexa o primeiro en afirmar que o camiño para acadar unha meta sexa un fin en si mesmo. Xa calo, bisca el barça.

2 Díxome díxome:

At 9:22 PM, Blogger elduende said...

Oe, grazas pola publicidade, en serio, síntome halagado de que un blogueiro do teu calibre diga que lle gustan as parvadas que escribo pero... sería moito pedir que puxeses un link que funcionase ¿ou teño que invitarte a unha caña para iso?

 
At 11:19 PM, Blogger FraVernero said...

Ta ben, ta ben...
A imaxe do patiño feo algo socorrida, pero é o que se emprega nestes casos. Agora, recoñecerás que levar a camisa por dentro e afeitarse de cando en vez non son torturas insoportábeis, e con outros pequenos detalles, poden axudar moito...
Despois de todo, a xente fíxase tanto nos detalles...
Deixas a mel nos labres ao non aclarar cal foi ese comentario de 'A dos metros bajo tierra', serie que por razóns obvias e que coñeces me toca bastante de perto... xD
O da cultura tampouco me escandaliza -quizaves noutro tempo-, anque a min dende logo furrúlame estupendamente. E nada de misticismos: na sociedade posmoderna, éche un producto de consumo con varios nichos de consumidores.
O de ser bo é algo ñoño, pero os demais agradéceno. Ánimo, comeza cos amigos e vaino extendendo en círculos, como lle dicía Iturrioz ao seu sobriño nesa entretida (anque mala) novela que era 'El árbol de la ciencia'.

 

Post a Comment

<< Home