Wednesday, February 22, 2006

Dia de Furia (II)

Unha das cousas que máis me amolou de ter feito de facer xornalismo é coñecer a moitas persoas que coa excusa dunha vocación desde pequenos aceptan condicións laborais infumables. O benquerido Duende fai referencia ao informe da sociedade xornalística española e extraense consecuencias curiosas.

O 63% dos xornalistas españois considera que a precariedade laboral é o principal problema da profesión actualmente e nunha porcentaxe similar (o 62,1%) recoñece que recibiu presións no exercicio da súa actividade.

Ademais destas dúas cuestións, os xornalistas tamén advirten da baixa remuneración que perciben por desenvolver a súa actividade e que consideran o terceiro gran problema desta profesión (33,2%); seguida do feito de que se utilice a bolseiros para a realización de labores que correspondería a profesionais e non a persoas que están en período de aprendizaxe (29,7%).

A falta de código ético no exercicio do xornalismo sitúase na última escala en canto a problemas ós que se enfronten os profesionais dos medios, xa que un 27,4% apunta este feito como unha das cuestións prioritarias para resolver. Nun 80% dos casos os licenciados encontran traballo no primeiro mes, aínda que só o 52,9% traballa como xornalista.

Sen embargo NINGÚN (si NINGÚN) dos enquisados afirmou estar disposto a cambiar de profesión. Aínda que case un 40% si estaba disposto a cambiar de medio.

Sempre afirmei ser unha persoa sen vocación. Sempre me gabei de poderme adicar ao xornalismo coma a outras profesións vencelladas ou non á comunicación que estou seguro pódenme facer igual de feliz. Arestora estou a gusto no mundo da comunicación pero non o estaría se cobrase e traballase o mesmo ca outros compañeiros de promoción. Pódese afirmar que por algo hai que empezar pero a crúa realidade das redaccións nos medios dinos que hai moi pouca xente que sobrepase os corenta e a estatística que máis da metade dos licenciados se adica a "Deus-sabe-que".

O labor dun xornalista está desprovista do romantismo das películas sobre intrépidos investigadores e reporteiros de guerra. É basicamente un traballo de recopilación de información en actos públicos e manipulación de textos. Saese tarde, trabállase de luns a domingo e festivos con días libres espallados por aí. É unha das profesións con máis alto índice de divorciados e alcólicos. (Son datos que nos deron nunha excursión a La Voz).

Como dí El Duende peor é a mina. Sen embargo o que non entendo é que ningún contestara que estaría disposto a cambiar de traballo. A min se me ofrecesen un mellor e que puidese desenvolver ben faríao agora mesmo.

1 Díxome díxome:

At 8:07 PM, Blogger elduende said...

O día sería de furia, pero tamén foi prolífico abondo... Excelente análise da enquisa esta, que deixa as dúas parvadas que escribin eu á altura do betún... ó césar o que é do cesar, supoño.

De todos modos, tes razón, o xornalismo é como a heroína. Ó comezo ninguén quere probala, pero logo non hai quen a solte... Esta profesión-oficio xenera unha especie de virus corporativista que fai que un se crea imprescindible e ultra-importante. “¡Se non fago hoxe o meu tema, será terrible!”.

Por culpa desta merda, non hai folgas de xornalistas e ninguén quere cambiar de profesión, por moi puteado que o teñan, porque ¿como vai deixar el de facer o seu tema do día? Se mesmo os hai que traballan gratis, e todo.

En calquera caso, a min tamén me chamou moito a atención ese 63% de di recibir presións... É como esas enquisas de sexo que din :”O 90% dos homes se masturba. O 10% restante é eunuco ou minte”, só que aquí hai máis mentirosos.

 

Post a Comment

<< Home