Por non falar de Leo Bassi...
Probablemente todas as células do meu corpo incítanme a que escriba sobre Leo Bassi, Acebes & Zaplana, e as bondades que traería a este mundo ao laicismo... Seguro que alguén no blogouniverso xa o fixo e mellor ca min. Basta de tanta miseria intelectual pasemos a un tema universal no que ata os distintos colectivos de víctimas terroristas estarían de acordo: as consecuencias do envellecemento.
Tropecei por casualidade cunha web onde saen imaxes das Miss Mundo do pasado e dáse conta de como dirixiron as súas vidas despois do concurso. Se fose un home culto traería a colación algunha cita de Shakespeare ou de Yeats sobre a implacable voracidade do deus cronos e as belezas que coma calquera luxoso pazo acaban por derribarse co tempo.
Ao meu parecer algunhas envelleceron mal, noutras vese á rapaza con 18 anos coa mirada intacta pero unha capa de enrugas demasiado tupida para que a cámara as deixe pasar por alto, noutras vese como a vida as transformou en persoas totalmente diferentes e algunhas incluso cumpriron coa fórmula dos bos viños.
Gústanme as mulleres maiores ca min. Non especialmente, simplemente quero dicir que para min unha muller non perde o seu atractivo cos anos. O corpo cambia, pode que máis do que cambia o dun home, pero creo que é totalmente cultural o feito de que a maioría dos homes rexeiten ás mulleres maiores e non pase ao contrario.
En discusións intelectuais cos meus amigos intelectuais téñome sorprendido co comentario: "Si, tes razón pero xa está un pouco maior." A diferencia excesiva de idade pode considerarse un problema para manter unha relación pero non para espertar o desexo. A serie Nip/Tuck ("quita e pon" na galega os sábados a partir das 12) fai unha crítica devastadora desta cultura da eterna xuventude a través das aventuras de dous cirruxáns plásticos en Miami.
Actividades de comprensión relacionadas co texto:
1.- Cítense maduriñas na flor do seu atractivo.
2.- Descalifíquese a aqueles que só se fixan nas de 18.
7 DÃxome dÃxome:
Veñavale, acepto o xogo.
Sempre me encantou Michelle Pfeiffer, e non me parece agora máis fea que cando fixo de Catwoman. Tamén me cativa a conselleira María Xosé Caride co seu aire de profesora de lingua do instituto.
A quen so lle gustan as de 18 e que ten 18 el mesmo ou que non é quen de envellecer con dignidade.
carai, nadador, non esperaba isto de ti. falas coma se só tiveses leitores masculinos...
Non sei por que o dis. Non creo que dé unha mala imaxe das mulleres, é máis, critico a visión machista de que as mulleres perden beleza cos anos e os homes non. Aos homes non se lles mira tan mal por envellecer.
La atracción hacia las mujeres mayores, una atracción que comparto, tiene sentido cuando eres joven, pero cuando se gana edad las tornas cambian. A ver que pensais cuando seais más viejos.
Cultivas de tempo atrás a broma de poñer exercicios e deberes nos teus textos... anque antes había que facer sopas de letras e saltar en potas ferventes de caldo.
Non comparto os teus gustos. As mulleres, a poder ser, máis novas do que un. O mellor espectro, 18-26. E non creo que o cultural sexa o determinante nestas cousas, senón a bioloxía: curiosamente, tódalas civilizacións e culturas que existiron non fixeron XAMAIS parte do canon de beleza o envellecer. Menos fertilidade, e ese tipo de cousas...
Canto ás actividades...
1- Helena de Carlos
2- tería que descalificarme a min mesmo, ou sexa que tomádeo por unha descalificación: se non queredes ser coma min, desexade outra clase de mulleres... xD
Resposta ao exercicio 1:
-Me pone q te cagas Cecilia Roth, e está mais guapa cada dia.
- Idiotas inmaduros, deixade ás pobres jeniferes e samantas q xa bastante teñen e fixádevos noutras máis maduriñas: as de 24, con pelos amarelos e se pode ser q o nome empece x A. (Exceptúase a A. orixinal xq creo q pasa dos 24)
Como non teño blog vou a usurpar este, as miñas disculpas:
Como soy un ser que se adapta al medio, me han salido ojos en la espalda para vigilar los movimientos de la secretaria, a la que escucho mascar chicle y explotar globos para combatir su penosa adicción al tabaco, mientras trata de curiosear en la pantalla de mi ordenador. Por suerte, mis hombros, a pesar de la flaqueza de mis huesos, anchos, las pantallas de windows empequeñecidas y una barra de herramientas ocultas, me permiten dedicarme a mis aficiones, mientras finjo trabajar... Peligro, la impresora suena, la persona más vulgar del mundo se levanta... Y por si estas y otras torturas, como las de teclear con una sola mano, no bastaran, ahora le ha dado por encender la radio sintonizando cadena dial, con lo cual mi accuradio es una anécdota subtitulada para sordos... en fin, desventuras y naderías cotidianas.
Prometo no volver a usurpar este blog, nadador.
Ah, he estado ojeando el blog de El duende, y en cuanto consiga descubrir la dirección o un enlace de zenone también lo haré... Sus comentarios y vínculos con el nadador han generado mi curiosidad, aunque no sea friki.
Para que todo pareza máis motivado, direi que o problema das mulleres maiores non está no seu físico, que sexan máis ou menos atractivas, senón no seu caracter (en galego esto non leva til ou si) e nas súas actitudes vitais. As rapaciñas sempre son máis impresionables e teñen ilusións, aínda cren no seu príncipe azul.
Post a Comment
<< Home