Tuesday, February 28, 2006

Pasado o cuarto de século

Onte ademais de dimitir Florentino Pérez, cumprín 26 anos e descubrín que nacín ás 10 e vinte da noite e a miña irmá ás 10 e 22. Por tanto alá vai un cuarto de século. Como non son Rimbaud aínda non tiven tempo de finalizar a miña carreira artística ou a traficar con escravos. Polo menos rematei a carreira cousa que Einstein non puido facer.

Os vintecinco foron unha boa etapa e dáme un pouco de lástima que marchen. Sen embargo a terra xira e xira e o mundo non deixa de cambiar. Sen embargo este final de cuarto de século semellou unha pousada onde coñecer moita xente, pensar e reflexionar.

Saímos celebralo un grupo demasiado reducido de xente por caprichos do calendario. Santiago nunca foi unha cidade que amase. Compostela era un deserto hoxe á espera de que volvades e me rescatedes deste tedio.

Unha promesa nada máis para os 26: non escribir un post coma este ata os 27.

9 Díxome díxome:

At 11:16 AM, Anonymous Anonymous said...

Esquecera a data...
Felicidades!

 
At 11:40 AM, Anonymous Anonymous said...

felicidades también del otro usuario anónimo, fácilmente identificable escribiendo en castellano. El lunes vi a un hombre disfrazado de Messi y me arrodillé ante él, sin ningún tipo de bebibda alcohólica en el cuerpo. Eso es amor. Pero basta ya de Messi, aunque barajo la idea de abrir un blog que se llame "Messi, el yo iberoamericano del fútbol".
Basta ya de Messi.
See you soon.
Algo parecido escribí con 18 años, empezaba algo así como "para la ley he crecido, pero para mís sigo siendo el mismo..." En fin, lo publicaría en mi blog, pero como no tengo, lo reservo para mis íntimas vergüenzas...

 
At 3:47 PM, Blogger O Nadador said...

O primeiro comentario está ben porque así pódome imaxinar que foi calquera dos meus amigos.

 
At 7:50 PM, Anonymous Anonymous said...

Caray, ese último comentario quedou un pouco triste, ¿non?

¿Que quere dicir?

1. -Que asinando como anónimo, a mensaxe pode ser de calquera

2. -Que todos os teus amigos (ou a maior parte) esqueceron o teu aniversario

 
At 7:59 PM, Blogger O Nadador said...

Opción 1. A segunda é case tan imposible como que unha musa se conecte ao messenger. Acordouse a xente ao que llo dixen recentemente como é normal e todas as miñas tías, cousa tamén normal na miña familia.

Por outra parte os aniversarios non son días especiais para min. Nin especialmente tristes nin especialmente alegres. Sinto non poder ter dado unha festa en condicións. Creo que este último fantástico ano e un cambio de ciclo (máis cerca dos 30 ca dos 20 merecíao).

 
At 9:20 PM, Anonymous Anonymous said...

¡Por iso tanta ansiedade na mensaxe para quedar o luns! Desculpa as miñas obrigas familiares, e recibe a miña efusiva felicitación. A vindeira vez avisa sen misterios... ¿Celebrámolo esta fin de semana?

 
At 9:12 AM, Blogger O Nadador said...

Tampouco había tanta ansiedade. Creo.

Por outra banda o pasado pasado está. Teño a fortuna e a desgracia de que os aniversarios cadren máis ou menos cara o antroido. Que lle imos facer.

 
At 6:55 PM, Anonymous Anonymous said...

Compostela era un deserto á espera d q os teus amigos viñeran a rescatarte??? Pois vaia ben, e log non valemos os q sí estabamos? Uyuyuyuyyyyy... Esto vaiche costar un lk de recompensa (e igual incluso unha camiseta de coca-cola pa dormir).

 
At 8:14 PM, Blogger O Nadador said...

Bueno, excepción feita vosa, claro (que susceptible es muller)...

 

Post a Comment

<< Home