Sunday, March 05, 2006

Contra o gafapastismo

De camiño á óptica coa miña nai preguntoume ela que tipo de gafas quería. Antes de poder responder díxome que as que se levaban eran as de pasta. Púxenme feito unha furia e repliqueille que precisamente por ese motivo ao mellor por ese motivo non as quería. Admito que é un comentario un tanto elitista e desafortunado que resulta incongruente co meu odio cara aos gafapastas.

Tentaba explicarllo o outro día ao Choqueiro. Un gafapasta, aparte de ser unha persoa que leva gafas con montura de pasta, é alguén que fai da cultura unha pose e un rasgo estético do que diferenciarse dos demais. Aglutina un consumo excéntrico e masivo do seu consumo cultural (normalmente música, cine e roupa cool) e unha actitude elitista que o diferenza dos demais mortais.

O seu modo de vida paréceme frívolo e baleiro de sentido. É unha opinión non unha afirmación obxectiva. Usar as paixóns e afeccións de cada un para diferenciarse dos demais é un camiño polo que non quero saír.

Desde logo que a maioría de persoas que mercan unhas gafas así só adquiren este modelo porque é o que lles resulta máis estético. Un dos poucos contextos nos que os prexuizos teñen validez moral é na moda. E eu teñoos, que lle vou facer.

O óptico e a miña nai arrinconáronme con caixóns e caixóns cheos de monturas pasteras. Eu rexeiteinos durante un cuarto de hora. Probabaas para convencelos de que os seres humanos podemos querer gafas de metal. "Pero esas son moi parecidas ás que tiñas antes Xoansiño", dicía a miña nai e eu contestaba "¿Pois mellor non?".

Finalmente, e despois de intentar colarme modelos híbridos pasta-metal, decidinme por outras de metal que non disgustaron a mamá. Todos contentos.

9 Díxome díxome:

At 9:44 PM, Anonymous Anonymous said...

Carai, pois eu nin sequera sabía que levas gafas...

Non as pós a miúdo, ¿verdade?

 
At 10:43 AM, Anonymous Anonymous said...

Encantoume este post.

 
At 1:13 PM, Blogger elduende said...

¡Morte as gafas de pasta!
¡Morte o predominio da estética!
...
e xa metido en berros
...
¡Morte os Borbóns!

 
At 1:58 PM, Blogger O Nadador said...

Por alusións:

Levo gafas dende os 7 anos. Non preciso levalas para andar pola rúa. Só para ver de lonxe, televisión e tal... Rompinas en outubro e non fun compralas ata o outro día. De feito xa non estou afeito a elas e supoño que se me fará estraño.

Por certo que o meu famoso perfil grecorromano é consecuencia da presión da ponte sobre o nariz.

Crin que este post ía ser tachado de prexuizoso e elitista pero vexo que hai unha incipiente gafapastofobia na sociedade. Este movemento debería saír á rúa e mostrarse na súa inmensidade.

Gracias polo eloxio, anónimo usuario.

 
At 11:20 AM, Anonymous Anonymous said...

recupero este test de cando empezou a historia dos gafapastas:

http://frikicosas.blogspot.com/2005/06/eres-un-gafapasta.html

 
At 5:25 PM, Blogger iago said...

Pois eu quero mercar unhas gafas de pasta; eso sí, con cristales destes que se tinguen cando vai sol (co que todo o seu encanto estético vai a ir a tomar polo tubo da risa nun momento).

E teño as miñas razóns:

Estou ata o cú de limpar as almoadiñas do nariz cando se enchen de merda.

Se as consigo co tamaño do meu nariz (22 é o número máxico que ten que poñer na patilla), condición para mercalas, sonme máis cómodas según probei en outras ocasións nas que non me animei por esa sobre-abundancia de usuarios (porque esta moda xa ven de principios do milenio).

Hainas con máis superficie de cristal e polo tanto maior protección (unhas ben grandes que me tapen a cara é o que quero).

A moda das gafas de pasta está en decadencia e chegan as de metáis de moitas cores e con partes intercambiables.

E o máis importante, paréceme que son o xenial complemento para a miña nova campaña de recuperación do bigote como ataque ó esteticismo reinante.

 
At 8:40 PM, Blogger O Nadador said...

Encantado de ter a visita de Groucho Marx por aquí.

 
At 2:04 PM, Anonymous Anonymous said...

Eu levo gafas de pasta, en parte por estética, é certo, pero sobre todo por comodidade. Iso si, teñen unha forma e unha cor moi discretas. Teño miopía dende 3º ou 4º da nosa extinta EXB, non lembro ben, son demasiados anos e isto non para de aumentar. Xa daquela usaba gafas de pasta, iso si, porque eran as máis baratas que ofrecía Multiópticas e na miña casa "no estaba el horno para bollos". Logo tiven unha etapa John Lennon, pero inmediatamente volvín á pasta. Supoño que agora as de metal (que ti tamén elixes a prol dunha estética revolucionaria persoal contra outra) serán máis lixeiras, pero sigo crendo que as miñas son máis cómodas e recoméndochas, igual o teu perfil grego sofre menos (eses dous plásticos que traen as de metal para apoiar no nariz para min son insoportables).
Isto non quere dicir que me sinta aludida nin dentro do gafapastismo, para nada, a min tamén me crispan. "Ese ideal estúpido de arte y discoteca", cita textual da ópera pop de Astrud e Carles Congost facendo autocrítica.
Un saúdo e un bico dende Lugo.

 
At 12:10 PM, Anonymous Anonymous said...

hola, chamome usuario anónnimo e levo gafas de pasta; xa me sinto moito mellor. Gracias muchachos.

 

Post a Comment

<< Home