Tuesday, March 14, 2006

Xente á que envexo

Xa sei que é pecado e un valor españolista pero aí vai unha listaxe:
  • Aos guaraníes que teñen 9 palabras diferentes para definir felicidade.
  • Ás persoas que teñen por hobbie o seu traballo.
  • Aos homes que viron a Terra dende a Lúa.
  • Aos que teñen un plan e aínda así saben improvisar.
  • Ás rapazas guapas. Sempre ambicionei que me mirasen aí (dentro duns límites claro)
  • Aos que nun campo de concentración saben rir.
  • A Mario Vargas Llosa, Torrente Ballester e Kurt Vonnegut pola mesma razón e por tres diferentes.
  • Aos que son capaces de durmir nunha romería de pé e mentres soa a orquestra.
  • Aos bos cociñeiros.
  • Aos enxeñeiros de pontes.
  • Aos que acertan na súa xusta medida co sal e o dramatismo na vida.
  • Aos que verán o mundo despois ca min.
  • Aos que verán o mundo despois ca os dalí atrás.
  • Aos que pasan das cousas sen importancia a risco de quitarlle excelencia á vida ou caer na súa propia trampa.
  • Aos que teñen claras as cousas.
  • Aos que estiveron no último concerto de Ziggy Stardust.
  • Aos paxaros de cores atrevidas, se podo elixir o Martiño Pescador.
  • Aos escorpio en xeral.
  • En definitiva aos que non son coma min e seguramente teñan algo que envexarme.

8 Díxome díxome:

At 8:48 PM, Anonymous Anonymous said...

Incógnitas:

- ¿Aos escorpio porque se supón que son uns folladores?

- ¿Coñeciches a alguén que rise nun campo de concentración? (Begnini non vale)

- ¿Por que aos enxeñeiros de pontes por riba de calquera outra categoría profesional?

O resto, máis ou menos, enténdese

 
At 9:00 PM, Anonymous Anonymous said...

Graciñas polo blog. Eres un optimista Xoansiño, dígocho eu...

 
At 9:18 PM, Blogger Ghanito said...

Os que están a rir no campo de concentración, ¿non serán os malparidos dos gardas? Mira para as fotos de Abú Ghaib.

I eu tampouco entendo o dos enxeñeiros de pontes

 
At 12:29 AM, Anonymous Anonymous said...

- ¿Acaso o feito de dicir "felicidade" fai que a sintas?
- Se o traballo é tamén o teu hobbie, o día que teñas un problema laboral, non terás 1, terás 2 problemas e, entón, ¿como vas a emocionarte, sentir, divertirte...?
- ¿Estás seguro de que alguén viu a Terra dende a Lúa?
- Se vas a improvisar... ¿para que perdeches o tempo elaborando un plan?
- ¿De verdade cres que ás rapazas guapas lles gusta que as miren?
- O que ri nun campo de concentración, só pode ser un desalmado.
- Os que durmen de pé, perden de bailar espertos.
- O que acerta co sal para uns, quédase curto para outros. Os sabores da vida son distintos para todos.
- Se hai mundo, pode que dentro duns anos non mereza a pena ser visto ou pode que nós o vexamos dende algún lugar que aínda descoñecemos.
- Os que pasan non se implican e os que non se implican non viven, sobreviven. Non é o mesmo.
- As cores atrevidas atraen as miradas. A veces chamar a atención non é bó, podes acabar cun balín nas ás e nunca máis volves voar.
- A particularidade dos escorpio é que naceron entre o 24 de outubro e o 22 de novembro.
- Hai moitos graos de envexa. O mellor é a admiración.

 
At 1:54 AM, Anonymous Anonymous said...

MILENA, (DA QUE KAFKA ESTIVO NAMORADO) MORREU NUN LAGER, E SI, RIU, O ATROZ NOS LAGER É A COTIDIANEIDADE DA MORTE, SI HAI RISAS, A PROPÓSITO DOS GUARANIS RECOMENDO UN LIBRO ANTOLOXIA DE POESIA NON SEI QUE DE ERNESTO CARDENAL/A BELEZA NON BUSCA, É BUSCADA (QUE DESCANSO)/A VARGAS/TORRENTE O OUTRO NON SEI NON OS ENVEXO NADIÑA, POLA MESMA RAZÓN E POR DÚAS DIFERENTES/DURMÍNN UNHA VEZ DE PÉ, NUN VAGÓN ATESTADO CAMIÑO DE ATENAS, DESPOIS DE 24 HORAS DE COMBOIO DESDE BELGRADO (POR CERTO ESE DÍA COMÍN COMA UN MONARCA, ATRAVESANDO IUGOSLAVIA...)/AOS QUE TEÑEN UN ESTÓMAGO A PROBA DE BOS COCIÑEIROS/AOS ENXEÑEIROS DE PONTES EXCEPTO BENET QUE FIXO O ENCORO DO XALLAS/AS FILLOAS LEVAN SAL E MEL, E SE SON DE SANGUE UNHA SOBREDOSE DE DRAMATISMO (PERO NON ME GUSTARÍA SER FILLOA)/SOBRE O ALÉN ÚLTIMAS PAXINAS DE O MEU ÚLTIMO SUSPIRO DE BUÑUEL (CON EL PERIÓDICO BAJO EL BRAZO VOLVER A LA TRANQUILIZADORA PAZ DEL SEPULCRO)/OS RAPOSOS CANDO CAEN NUN XEREMELO (TRAMPA TERRIBLE CON DENTES DE FERRO EN SEMICÍRCULO)ROEN A PERNA PARA FUXIR/AO MEU AMIGO MANOLO, (CEGO DAQUELA VEDEDOR DE CUPÓN NA PORTA DO SOL), LEVÁNDONOS POLO METRO DE MADRID A TODA HOSTIA, AGORA A ESQUERDA, AGORA ABAIXO/AOS QUE ESTIVERON NO CANTO GENERAL DE MIKIS TEODORAKIS EN VIGO/AOS NENOS QUE PODEN BAIXAR A RÍOS ONDE VOA O MARTIÑO PESCADOR/AOS VIRGO, POLO QUE LLES ESPERA, AOS TAURO, POLAS QUE XA PASARON/AOS QUE ESCRIBEN BLOGS

 
At 11:01 AM, Anonymous Anonymous said...

Non home, non, a Vargas Llosa non, agarda a que morra, porque de cando en cando aínda me alporiza con algunha das súas opinións. A Vonnegut... Hmm, debería ler ciencia-ficción. A Torrente, sí, dende logo.
Nunca reparara en cómo se sinten as rapazas guapas cada vez que as miro, algunhas supoño que felices, porque non se senten guapas e a min atráenmme igual.
Eu entendo esa envexa polos enxeñeiros, cambiaríame por un, porque imaxino maravillas da súa vida en comparación coa miña.
Coa cuestións futuras e pasadas non hai nada que facerlle, aínda que me gustaría ser un romano armado cun ipod.

 
At 2:10 PM, Blogger O Nadador said...

Dada a controversia xerada haberá que dar unha resposta masiva:

*É certo que a maioría dos guaraníes viven en situación de pobreza e miseria. Sen embargo saben chamarlle á felicidade polo tanto é algo que non lles é alleo.

*Se o teu traballo é un dos teus hobbies o resto do día podes adicarllo ás outras actividades de interese.

*Non creo en conspiracións da Nasa e menos na romería do Naseiro.

*A xente que improvisa ben cun plan ten sempre saída para todo e avanza con seguridade.

*Sempre tiven curiosidade porque me lanzaran unha mirada tan lasciva. Unha manía persoal. Non hai maís que dicir.

*Punto polémico: O campo de concentración. O que quería dicir era que envexo á xente que lle pon boa cara ao mal tempo.

*En realidade envexo a certa persoa que é capaz de durmir de pé.

*O do sal ten que var coa capacidade dalgunhas persoas para ser frívolo, solemne,dramático, compasivo... no momento axeitado. Verdadeiras figuras épicas.

*Sempre tiven unha fascinación por saber como se constrúen as pontes. Paradoxalmente danme terror as pontes elevadas.

*A curiosidade é un dos poucos motores inesgotables na miña vida. Sempre desexarei saber máis. O mund o sempre merece a pena observar.

*Ás veces un non se pode dar o luxo de vivir e ten que sobrevivir. Para iso é mellor pasar.

*O martiño pescador é unha filia persoal.

*Entre os meus mellores amigos o signo que máis abunda é escorpio. Tamén é o signo zodiacal máis compatibles con piscis. Por outra banda nunca tiven experiencias sexuais con escorpios. Que algún nos aporte as súas experiencias.

 
At 12:30 PM, Anonymous Anonymous said...

O texto non está mal, pero percibo un retintín de publicista de compresas...
Apoio a opinión de que Vargas Llosa é un dereitista perigoso, con, mal que nos pese, novelas excepcionais. A casa verde, por exemplo.

 

Post a Comment

<< Home