Thursday, March 23, 2006

O que necesito

Unha muller rica para vivir dos seus cartos. Co tempo aceptarei tamén un home ou un orangután. Vendo o meu corpo por unha vida de mantido. Se Urdangarín que é alto e guapo o fixo por que eu vou ter máis orgullo.

Que me toque o euromillón. Aínda que antes debería xogar. Ou intentalo coa súor da miña fronte. Ou roubalo do erario público. De todos os xeitos envexo ao tío que fixo a web do millón de dólares. A ver se un día teño unha idea tan parva que me resulte tan exitosa.

Deixar de ser tan... E despois destes puntos suspensivos vai a miña alma ou a de calquera. O outro día chamoume moito a oración duns yankis nunha película: "Axúdanos Señor a conseguir o que nos propoñamos e a darnos xuizo para non desexar o que non podamos obter". ¿Agóchase aquí o segredo da sabedoría?

Un pouco máis de esperanza no mundo e na vida. Hai xente que bate coas farolas por mirar para o ceo e outros coma min por mirar para os cordóns dos zapatos. (Sabíades que o tío que inventou os remates dos cordóns fíxose millonario pola patente).

Unhas boas hostias... Non creo que a violencia leve a nada pero si me conviría madurar e non queixarme tanto. Ademais para queixarme podo limitarme a amargar a vosa lectura do blog.

Unha muller que me queira e me ature e viceversa. Ao mellor vai ser deso.

Será mellor mirar para o que un ten e, polo tanto, non necesita conseguir: saúde (aínda que con bandullo en ascenso), familia e amigos e demais seres e mascotas queridos e queridas, traballo (coff, coff), un capitaliño aforrado, as fins de semana libres para aburrirme e menos de 30 anos. Tereime que centrar nisto. Se non ao mellor vólvome tolo. Por certo, sabíades que ETA declarou unha tregua?

3 Díxome díxome:

At 8:15 PM, Anonymous Anonymous said...

"la felicidad no consiste en tener lo que te gusta, sino en que te guste lo que tienes"
Charles Chaplin.

 
At 9:05 PM, Anonymous Anonymous said...

ladrom

 
At 9:05 PM, Anonymous Anonymous said...

ladrom

 

Post a Comment

<< Home