Monday, March 27, 2006

Os consellos do psicólogo

O meu psicólogo dixo: "para superar o teu problema debes facer unha actividade que che distraia que impida ao problema apoderarte de todo o teu tempo vital". E a continuación "por qué non fas un proxecto que che motive, un libro ou un guión."

Debería falar sobre o psicólogo antes para que contextualicedes xa que seguro que a maioría de vós nin sequera credes neles. É barato, polo menos o suficientemente barato, e aínda que acaba de saír do forno da universidade ten a intelixencia e sensibilidade como para ser un excelente profesional. Ademais témonos cariño mutuo xa que poucas persoas se tiran sobre min ás tres da mañá para falar sobre tortillas e viven para contalo. Forma parte do triunvirato que me dá un fogar cálido, divertido e solidario e me pon as cousas fáciles e confortables. Son parte indispensable da miña alegría de vivir. (Tranquilo Blond xa falarei outro día de ti)

E bueno, está un pouco tolo. Pero coma todos os xenios e todos os que queiran curar a tolería. Así que seguramente lle faga caso. Ou iso ou xogar ós videoxogos ou facer exercicio físico. A cuestión é facer algo de nós, ¿non?

4 Díxome díxome:

At 4:11 PM, Blogger elduende said...

Vaia, vaia. Así que ademais de non ter nada que dicir, non tes nada que facer (co teu tempo libre).

Mmm... pois non sei que suxerirte ***cof*** partida de paranoia ***cof***

 
At 6:37 PM, Blogger O Nadador said...

Volvo aclarar.

Todas as actividades citadas son perfectisimamente respectables. Eu non as practico por motivos intrinsicamente persoais. Ademais admito as vantaxes que citas.

Non non penso ser master dunha partida de rol. Quizais en Honk Kong ou Nova Dehli.

 
At 5:15 PM, Anonymous Anonymous said...

Vámonos a Honk Kong o Nova Dehli. Merece la pena.

 
At 6:12 PM, Blogger O Nadador said...

Memorias dun amante penoso.

 

Post a Comment

<< Home