Monday, July 16, 2007

Linguaxe persoal



A linguaxe non é algo exclusivo das persoas. Empregamos linguaxes de programación para interactuar coas máquinas ou notación musical para relacionarnos co silencio. O meu novo piso tamén fala comigo ao seu xeito sutil e oculto.

Moi cortés nun primeiro momento, alegrábame a miña chegada cun silencio calmo, lonxe lonxe do balbordo dunha céntrica avenida como na que teño a fortuna de terme arraigado. Os primeiros días, pese ao noso esforzo por comunicarnos había certos desaxustes. Pequenos estalidos, ventás baténdose, ascensores que se moven na noite... Cando hai un esforzo por manter a paz entre as persoas ( ou as vivendas) é difícil que esta non se consiga.


Agradézolle ao meu piso que o seu silencio non resulte demasiado ruidoso. Nas vivendas soe acontecer que a ausencia de son converta ás catro paredes nun cadaleito. Este novo lugar aperta sen afogarme na soidade. Despide luz e alegría ao chegar do traballo e polas noites ando nas puntas dos pés para non espertalo meténdome na nosa cama e baixando as contras o máis docemente que podo.


Aínda non dou entendido como me dá protexido das festas do Apóstolo. Quizais sexa a súa localización secreta ao pé do bosque escondido de Santiago. Só os paxaros, numerosos e parte do seu dialecto, e algún amigo interrompe coñecen a ruta para chegar aquí.


Temía este momento avidamente agardado dende a adolescencia no que dispuxese dun piso de meu. Ao final non hai máis soidade máis que non saber estar cun mesmo.

2 Díxome díxome:

At 12:58 PM, Blogger elduende said...

Pois iso

 
At 2:18 PM, Blogger Unknown said...

chegaches por fin a un lugar utopico, un piso en Santiago y ademais con bosque segredo... felicidades e desfrutao que o silencio sexa tranquilidade e non soidade, saudos

 

Post a Comment

<< Home