Kurt Vonnegut: Vonnegut está morto
"O universo é un lugar moi grande, quizais o máis grande ."
O pasado 12 de abril morreu Kurt Vonnegut, escritor e ilustrador norteamericano de referencia durante os anos 60 e 70 e un dos últimos grandes escritores americanos vivos. Pope da contracultura, candidato en varias ocasións ao Premio Nobel, referente do antibelicismo e da ciencia ficción traballou incansablemente ata os 85 anos producindo textos dunha humanidade e riqueza excelsa.
Moitos críticos compárano con Mark Twain polo seu implacable e socialmente implicado sentido do humor. Algúns estudiosos tamén salientan a capacidade de anticipación das súas novelas pero aínda así creo que sería inxusto botarlle a culpa da delirante situación política do seu país ou a matanza de Virxinia. De seguro que se puidese faría un chiste sobre o tema.
Morreu por lesións cerebrais derivadas dunha caída que sufrira na súa casa aínda que a el lle tería gustado morrer estrelándose cun avión no Kilimanjaro. A prensa internacional fíxose eco da noticia. Déixovos con algúns que me gustaron e creo que vos poden servir para aproximarvos ao personaxe:
- Jorge Anaya (La Jornada-México)
- Ramón España (El Periódico)
- Dinitia Smith (New York Times traducido por Clarín)
- David Massello (New York Times en inglés)
- John Irving (Escritor norteamericano)
E se tedes moito tempo libre que malgastar e sodes uns horteras:
- César Casal (La Voz de Galicia)
So it goes.
Labels: literatura
<< Home