Friday, March 09, 2007

O pecado no ollo do que mira

A imaxe forma parte dunha campaña de promoción de Armani, a compañía de aquel que dixo que só os ricachos debían gobernar, que o Defensor do Menor considera incitadora ao turismo sexual.

Non sei se este parágrafo responde á habilidade das declaracións ou do xornalista pero o seu mérito é indubidable:

"Es un mensaje que juega al límite", ha advertido el Defensor, y ha incidido en la "poquita" ropa que visten las menores y al hecho de que presente en Europa dos niñas con rasgos orientales que no se corresponden con los rasgos de los niños europeos.

Suscita esta imaxe a lascivia dos pederastas? Non o sei, a miña non desde logo. Teño fotos na miña casa do meu irmán totalmente espido cando non chegaba ao ano de idade. Debo ser detido por pornógrafo?

Para que estas fotos non parezan inocentes hai que ter o pecado na mirada. E con isto non chamo depravados aos da Oficina do Defensor do Menor pero é a constatación de que comprendemos moito mellor ao verdugo e á víctima. Entendemos que o excita, o que lle gusta facer e por que fai o que fai porque compartimos con el as súas frustracións e porque levamos anos vendo a barrigudos cuarentóns ir da man por Tailandia con nenas de 13 anos.

De tanto ver estas imaxes, ler sobre o tema e revolvernos na inmundicia acabamos creando unha canle obscena con estas perversións que nos permite ter criterio á hora de definir o que excita a un pederasta.

O feito de que as dúas nenas teñan rasgos alonxados da tribu europea (iría este señor algunha vez a París ou Londres ou pasará os veráns na súa aldea de Guadalajara?) confirma que é turismo sexual. Supoño que, dado o seu traballo, xa terá traballado en evitar que as mulleres entren cada vez máis novas no círculo do mercado sexual e que estas teñan que afinar máis os seus corpos (anorexia) e o seu vestiario (dalgo vive armani) para atraer aos machos (metrosexuais, os ximnasios e cremas dan de comer a moita xente) e confirmar a súa emancipación feminina consistente, na práctica, na posibilidade de traballar fóra da casa e producir para o sistema. Supoño que ás nenas europeas presupónselles a virtude.


Supoño que a fascinación polo prohibido é unha condición sin ecuanum para ser un policía da moral e a saúde mental. Ou non están os seminarios cheos de pervertidos? Un censor que pasa oito horas do seu día pensando no censurable acaba vendo perversión por todas partes e no seu traballo non vai incluído reflexionar sobre as causas do prohibido.

Recentemente Dolce e Gabbana realizou unha campaña similar. A min paréceme un
desagradable hail ao capitalismo empregando a violencia e o corpo da muller. Ao autor do blog do enlace afirma que sólo veo una violación sexual múltiple de una mujer por parte de cinco individuos muy machotes ellos.

Por certo, en case todas as webs na que critican esta campaña e se amosan satisfeitos da súa retirada reproducen a imaxe.

Labels:

8 Díxome díxome:

At 12:16 AM, Blogger Arale Norimaki said...

Canta máis polémica máis ingresos para as marcas, os autoproclamados gardiáns da ortodoxia sentiranse realizados e todos felices. Creo q xa o dixen nalgures, penso que se se retira esta campaña de D&G tamén habería que retirar un feixe máis polos mesmos motivos e non creo que iso mudara en nada o devir da sociedade ou que fora contribuir a cambiar as desigualdades que aínda se dan.
Nalgúns estados de EUA hai casos máis ridículos aínda, como o dunha veciña (cotilla engado eu) que denunciou por acoso sexual a un neno de 10 anos que estaba axudando a súa irmá cativa de 5 a mudarse a roupa para ir ao cole. A muller, que non tiña nada mellor que facer que mirar pola fiestra, veu un caso de violación e pederastia (nun neno de 10 anos!!). Historias para non durmir...

 
At 4:36 PM, Blogger gatina said...

O vindeiro verán ¿terei que levar a miña irmá a praia con o buzo de neopreno no lugar do bikini? Non entendo a mirada lasciva e oscura deste defensor do menor que mais ven ta censurando a liberdade das picaras. A campaña de D&G sí creo que ten violencia implícita na imaxe, pero estas doces nenas!?paréceme unha foto que podería ser de calquera día de xogos de dous amiguiñas un dia de calor. Onde imos chegar...

 
At 4:28 PM, Blogger Zerovacas said...

Nadaquedicir transformouse nun blog pornográfico tan sutilmente que ninguén se deu conta

 
At 9:30 AM, Anonymous Anonymous said...

Discutir sobre Armani...

O anuncio desas dúas nenas debería prohibirse polo mal gusto de seus pais ao vestilas con esa marca. A min, máis que as súas carnes, resúltame máis censurábel e perverso a súa roupa. Se saísen espidas, non habería problema. Que culpa teñen elas de ter corpo, sexa como sexa?

Deberiamos protexer máis aos cativos do consumismo dos maiores, non se vaian acostumar xa dende os cinco anos a preferir o chándal de Armani ao chándal da feira.

Paréceme ben censurar o anuncio, pero porque esperta o peor institno dos proxenitores: gastar cartos en parvadas coa escusa dos cativos.

Ás nenas desa idade vailles dar igual a marca da súa roupa. Só lle vai importar á familia que as vai exhibindo (para vendelas a pederastas, quizais?)

 
At 5:54 PM, Anonymous Anonymous said...

Leo est blog minutos después de leer que Dolce&Gabbana retiran su publicidad (y no tenía ni idea de que tu blog trataba sobre esto). Eres un poquito Desmond tú...

 
At 12:09 PM, Blogger Xosé Manuel Carreira said...

Vexo correcta a retirada dos anuncios. Non todo vale. Estamos na época do politicamente correcto, non? Sen embargo, a realidade que non se ve detrás dunhas Nike pode ser mais obscena.

 
At 12:12 PM, Anonymous Anonymous said...

Hip, Hip....¡ Urra!

 
At 11:09 AM, Blogger Mario said...

Eu nunca me poría do lado dunha grande empresa como D&G, pero o certo é que tamén me estrañou moito todo ese escándalo. Ademais, se alguén mira a campaña enteira (pódese ver na súa páxina) notará que o que máis destaca é o homoerotismo, cousas parecidas a esa "agresión" tamén se poden ver noutras fotos entre varóns, e aí ninguén sinala nada.

 

Post a Comment

<< Home