Tuesday, January 30, 2007

Amizade

Que é a amizade? Podemos facer un tratado e tentar explicalo todo ou buscar a verdade nos pequenos detalles e dicir que a amizade é un reencontro no que cada palabra é saborosa e nunca hai que pedir escusas pola demora na que este se produciu. É posible que a amizade non consista noutra cousa que dous individuos en frente o un doutro en silencio porque o silencio resulta suficientemente elocuente. Un continuo diálogo interrompido polos días.


Así que amigo sinto dicirche, en resposta á túa última pregunta, xa non escribo pero quizais só polo feito de que só o necesito para gañar o pan. Alégrame ver que ti si e congratúlame máis que non o fagas sometido ás túas propias pantasmas.

Unha aperta querido troll.

Labels:

4 Díxome díxome:

At 2:28 AM, Anonymous Anonymous said...

o malo dos trolls é que cando chega o día nos convertimos en pedras, e sen bilbo que o conte

agora que é denoite, ando en activo, a procura dalgún anano ao que merendarme

o último foron unhas secuenciñas para o novo proxecto do noso colectivo de cinema escolar

pero remataría con ese verso de Vallejo

..."emocionado, que más dá, emocionado"

un dos versos que máis me gusta de Vallejoo é quel que di

"hoy fue domingo en las orejas de mi burro" non sei pq pero sempre que o lembro me alegro

ou "me he dado la vuelta a ver lo que se ensucia"

ou aquel de "a fin de/guardar un día para cuando no haya"

cando preciso sentir a bondade lembro a Vallejo, e a Otero P.

sobre todo pola conciencia extrema do tempo e da dor que tiñan, e que non os vencía

pois iso, non creo que teñas un burro a man (dos de verdade), pero espero que sexa domingo por onde andes, a todo isto, hai unhas páxinas moi fermosas de kafka sobre os domingos, un ser delicado ata o extremo kafka

 
At 8:17 PM, Blogger Elianinha said...

uff, que de misterios

 
At 10:40 AM, Blogger O Nadador said...

Non é máis misterioso que dúas persoas que se coñecen ao azar acaben entendédose a través do tempo sen necesidade de palabras?

 
At 3:45 PM, Blogger gatina said...

Moi misterioso Nadador, as veces dícese moito sin pronunciar palabra. É a maxia da amizade. Cando dous amigos se atopan despois de moito tempo é como si non deixaran de vese nunca.

 

Post a Comment

<< Home