Tuesday, December 12, 2006

Ironías da vida

Atopei por casualidade unha noticia na que se anunciaba a entrada en coma dun prestixioso matemático que foi un dos creadores do revolucionario concepto da intelixencia artificial.

Sufriu un atropelo en Vietnam por unha moto, país ao que fora tentando atopar unha solución ao tráfico en Hanoi. Polo que parece foi o tráfico quen atopou unha solución para el.

Seguindo aquela canción de Alanis Morissette a vida está chea de pequenas ironías. Mendinho recolle algunhas coma a morte de Allen Carr, o inventor dun método popularísimo para deixar de fumar, de cancro de pulmón ou o falecemento do Doutor Atkins, autor dunha polémica dieta alta en colesterol cando pesaba máis de 200 kg.

Os teóricos modernos falan moito sobre a ironía. Eu creo que estamos nunha época na que todo resulta xa parodia. Nada pode tomarse en serio porque, o feito de ser trascendente ou solemne, é o principal punto de partida da parodia. Nada pode tomarse en serio e a vida moito menos.

Labels:

5 Díxome díxome:

At 11:10 AM, Anonymous Anonymous said...

Completamente de acordo coa súa conclusión, Nadador.

 
At 2:54 PM, Blogger Arale Norimaki said...

Hmmm...eu penso que para poder rirse ben a gusto da realidade primeiro hai que tomala en serio.
Unha cousa é ironizar co único obxectivo de deslexitimar e outra cousa é tomarse cuestións serias cun humor ácedo ou mesmo resignado para facelas máis levadeiras.
Concordo en que ultimamente vése moito o primeiro tipo de ironía...

 
At 9:21 PM, Anonymous Anonymous said...

Pois eu diría que o humor é unha cousa moi seria.

 
At 9:08 AM, Blogger Zerovacas said...

Supoño que sabes que Siza afirmou que a súa Facultade de Xornalismo simbolizaba a "ironía". Dá que pensar

 
At 4:06 PM, Blogger Xosé Manuel Carreira said...

Si, MSP, dá que pensar o do Siza. Cada vez que hai que mudar unha billa ou unha porta en Xornalismo ou no CGAC hai que pedirlle permiso ao seu escritorio do Porto.

 

Post a Comment

<< Home