
Pequena homenaxe conxunta a Nikolai Vasilievich Gogol, autor da famosa novela Taras Bulba e a Taras Bulba Saur (imaxe da esquerda), personaxe de Pokémon rebautizado por unha xornalista cunha enfermidade venérea. Non sei se preferides os debuxos animados xaponeses ou a literatura rusa. De todos os xeitos non importa porque podemos xuntalo. Algunhas ideas:
Alexei Vasilievich Pikachu é un rapaz introvertido, culto e nihilista de San Petersburgo (contribúe a esta situación que a súa única conversa consista en “Alexei Vasilievich PIKAAACHUUU”) que decide asasinar a sangue frío ao seu ruín adestraador Pokemon e ao seu malvado Pidgeotto coxo.
Pikachu crese a si mesmo un ser superior, un Raichu, que pode transcender a moral máis sofre un horrendo tormento moral do que acabara por redimirse nun penal siberiano para Pokémon asasinos onde debe pasar 12 horas ao día recargando pilas. A entrega incondicional da súa amada, unha Abra de bo ver, (Xa sei que non pegan pero o amor é así) e o tempo farán que Pikachu poda reconciliarse consigo mesmo. 
A historia de tres familias aristocráticas (os Charmander, os Squirtle e os Bulbasaur) en San Petersburgo (Tamén coñecida coma Cidade Azafrán) e Moscova (Cidade Lavanda) durante un certo período da historia de Rusia (ou Mundo Esmeralda) marcado por cambios sociais e as invasións de Napoleón coa axuda do Team Rocket. A novela sería tan estensa que se entramos máis en detalle caeríamos no risco de aburrir ou ser demasiado imprecisos.
Unha nai Bulbasaur e o seu fillo Charmander, despois dun matrimonio mestizo como podede facilmente deducir, viven na miseria nunha cidade perdida en Mundo Esmeralda (ou Rusia) na que a única posibilidade de saír adiante economicamente é traballar en terribles condicións nas fábricas dos adestradores Pokémon. Dado o acendido carácter de Charmander arma unha protesta e comeza a difundir entre os demais Pokémon cales son os seus dereitos. A contestaria criatura é introducida nunha pokeball. Finalmente será a súa nai quen tome o relevo.
E hai moitas máis obras que se poderían adaptar: un Blastoise ludópata ou o conflito entre unha pacífica familia de Psyducks é alterada polo carácter provocador dun Vulpix culto e arrogante... Sería sensacional misturar as palabras raras da literatura rusa coma Versta ou Mujik co vocabulario propio da serie coma Pokéball ou Pokédex.
Tal como conclúe o narrador no relato O nariz de Gogol:
¡Non o comprendo! Pero o máis estraño, o máis incomprensible é que os autores poidan elixir semellantes argumentos. Recoñezo que isto é totalmente inconcebible. É nada menos que... ¡Non, non! ¡Non comprendo nada en absoluto! En primeiro lugar, non é nada proveitoso para a patria; en segundo lugar... Pero se nin aínda en segundo lugar lle atopo utilidade algunha.
Non obstante a pesar de todo, aínda que admitamos o un e o outro e o terceiro pode incluso que... Pero ¿onde non existen as cousas absurdas?
Labels: Blastoise, Bulba Saur, Charmander, Chejov, Crime e Castigo, Dostoievski, Gogol, Gorki, Guerra e Paz, Pikachu, Pokémon, Raichu, Rusia, Taras Bulba, Tolstoi, Turgueniev
3 DÃxome dÃxome:
Deberías de patentar ese apaixoante proxecto para achegar a literatura rusa ás vindeiras xeracións. De seguro que Elianinha xa o está a experimentar co seu irmán...
Home, Psyducks é pacífico pero atormentado. Realmente é un clásico personaxe ruso. Un dos meus favoritos. Recórdame ao pesado de Raskolnikov ou ao narrador de "Memorias del subsuelo"
grandiosso grandiosso
São Tomé
Post a Comment
<< Home