Sunday, October 15, 2006

Nunca entrarei nun clube que me acepte coma socio (e moito menos nun no que non se me acepte)

O mundo é pequeno porque é tan xigantesco que as catro cousas que o compoñen teñen unha importancia vital.

Discriminar é unha das maneiras máis básicas de amosar aprezo por alguén. Cando es neno os equipos de furborr ou de brilé fanse así. Os bos aquí comigo e os demais para a súa casa. As cidades que non visitamos, os libros que non lemos, as pelis que non vimos poden ser marabillosas pero, en última instancia, non son parte de nós.

Fago memoria de a quen discrimino. Ao meu curmán esquizofrénico que me dá medo, a ese, que no fondo é bo chaval, pero se pon pesado, especialmente cando bebe, ou a ese outro ao que debería chamar pero, sabes, xa imos ser mogollón. Os graos márcaos a discriminación. Somentes os imprescindibles teñen o ceo gañado os demais que recen por unha oportunidade e traballen para conseguir que o seu nome non se olvide á hora de facer as chamadas.

Pode que a única razón pola que esteamos aquí sexa a de crear certo impacto no noso contorno. Non ser indiferentes nin ao mundo nin á vida. No fondo impórtanos unha merda que nos queiran ou nos deixen de querer, o que realmente move a nosa actividade cotiá é existir. Recordo con moita angustia conversas entre amigos nas que se poñen a falar de Nadador ("Nadador é deste xeito", "Nadador fixo tal") diante miña. Que che deixen de lado é unha maneira de morrer nos demais. Os grandes artistas e personaxes viven na memoria colectiva e a xente fala deles coma se estivesen en contacto íntimo. Ao enterro de Víctor Hugo asistiron dous millóns de persoas e os seus libros perviviron ata o de agora. Eu só aspiro a vivir na memoria dos que me quixeron.

Post realizado no ordenador de El Blondo de resaca do aniversario de La Mona (paseino xenial, es o meu hermafrodita favorito) e con banda sonora de Bloc Party, The Killers e System of a Down.

Prometo que non porei en todos os posts a data e lugar no que foron elaborados. Tamén prometo que nunca entrarei nun clube que me acepte coma socio e, moito menos, nun no que non se me acepte.

4 Díxome díxome:

At 10:56 AM, Blogger Zerovacas said...

Pasámolo ben, si. Por certo, non puiden gravarche a actuación de bobby en luar. E non sei até que punto deberías escribir posts "ao día seguinte". Case sempre son melancólicos de máis e en todo caso nunca son tan verdadeiros como parecen. Xa sabes: "que malas son, que malas son, que malas son las resacas de nuestros poetas"

 
At 5:16 PM, Anonymous Anonymous said...

¿Quen é Bobby?

 
At 5:49 PM, Anonymous Anonymous said...

Bobby Farrel o cantante de Boney M e segundo mesías, despois do Mesías de Rotterdam e posiblemente fillo de Boby.

 
At 5:52 PM, Blogger O Nadador said...

O anterior comentario foi realizado polo nadador.

 

Post a Comment

<< Home