A morte da socialdemocracia sueca
non Con este post, que ben podía dar nome a unha canción de Nacho Vegas ou de Los Nikkis, certifico a derrota que non a morte da socialdemocracia sueca nas eleccións do domingo. Algúns ven o ideal e outros ao demo na maneira de entender o estado do benestar por parte destes rubios excéntricos de longas pernas e que tanto trastornaron, en versión feminina, a Alfredo Landa e aos seus garrulos sesenteiros.
Agora veñen os tártaros... ¿Acabarán co paraíso na terra? ¿Reformarán ata deixar irrecoñecible ese inferno no que todo o mundo ten as mesmas oportunidades no plano educativo e sanitario e se non teñen traballo danlles un salario? Posiblemente non porque a poboación ten unhas expectativas altas na acción dos seus gobernantes, así coma unha alta formación e unha estrutura difícil de desartellar. Así que ata é posible que logren atallar algún dos seus excesos e mellorar o sistema. A distancia, de todos os xeitos, tamén foi escasa. O malo é que no noso país vimos do franquismo e iso lastra o noso estado de benestar e, por ende, a nosa democracia, como explica moi ben este libro.
Sempre crin máis nas revolucións tranquilas e invisibles. Sempre pensei no sorprendemete rápido que se pasou do voto censitario ao voto universal, ou do monopolio moral da igrexa á píldora anticonceptiva. Non creo que esta sexa unha derrota para a humanidade, coma o meu ego pesimista me pode facer crer, senón unha maneira de coller impulso.
3 DÃxome dÃxome:
Home...foron 12 anos, eu creo que aínda que sexa por hixiene democrática un cambio non lles pode vir mal. Amáis, estou convencida de que o cambio será sutil, precisamente polo benestar acadado o centro-dereita non daba cun programa atractivo abondo, e supoño que por iso a victoria foi tan xustiña. Quero pensar que hai moitos Bergmans e Sjömans anónimos nese país para permitir que todos os seus logros se vaian ao garete.
Home, xa perderon hai 15 anos ou 20 e nas seguintes eleccións. Ademais, dáme no nariz que a dereita sueca é tanto ou máis estatalista que a esquerda mediterránea. Que perdan os socialdemocratas suecos unha vez é coma se o Barça perde un partido de liga, ¿significa iso que non vai quedar primeiro? Non.
E se non, haberá que votar ao Partido Pirata, que sacou 9 mil votos
Comentarei e comentarei ata que me enlaces.
Polo que respecta ao post, espero que a dereita sueca non toque a pensión de viúvez da miña avoz...
Post a Comment
<< Home