Médicos
A profesión de médico, que non doutor, é a máis valorada en España segundo unha recente enquisa á que xa fixen referenza. Lóxico se temos en conta que son os gardiáns da nosa saúde, o primeiro na vida e só precedido polos comezos, e que as súas contas correntes son avultadas.
Confeso que quedei fascinado con dúas entrevistas a sendos médicos-de-prestixo-escribe-libros: Eduard Estivil, autor de Duérmete niño e Valentín Fuster, La ciencia de la salud . O primeiro fíxome prantexarme se me tomara algunha vez en serio a miña saúde e comprendín a importancia de durmir ben. O segundo é simplemente un ser fascinante. Ten unha presenza propia dun sabio e impresionoume o seguinte diálogo entre entrevistador e entrevistado:
Entrevistador-Vostede conseguiu que no Hospital Monte Sinaí na súa consulta se atendese por igual a membros da familia Rockefeller e a xente humilde do barrio de Harlem.
Entrevistado (con absoluta seguridade)- ¿E acaso non debe ser así?
Entrevistador- Si, supoño que si, ao que me refería e que debeu ser excepcionalmente difícil conseguilo nunha sociedade tan clasista como a norteamericana.
Entrevistado (cun pequeno sorriso)-Si así foi pero esa conquista significa para min moito máis que todos os meus logros coma investigador.
Os dous médicos entrevistados resultaban incriblemente cercanos, cun poder de comunicación fóra de dúbida e deixando as pegadas propias de mentes preclaras e vontades de ferro que levan as grandes conquistas. Non creo que haxa moitos escritores e artistas con estas cualidades.
Ídolos de maiores e pequenos
Os médicos son os heroes de toda a familia. Os pequenos adoran todo o seu arsenal de obxectos cortantes e batas brancas (¿por que raios non quererán ser carniceiros?), a xuventude envexa as súas contas correntes e o seu prestixo social, os maiores só queren ter un fillo/neto médico para que diagnostique todo tipo de enfermidades ao clan familiar.
E está House... Aínda que neste caso non se trata dunha serie sobre a mediciña senón sobre a ética persoal enfrontada á profesional, a mentira, a soidade e a morte. E Urxencias, Hospital Central (se realmente é unha serie sobre médicos), e Anatomía de Grey e tantas outras.
Isto non foi así sempre. En épocas pretéritas o exercicio da mediciña era unha profesión de segunda composta por "matasáns" e maleantes. O avance da ciencia, con investigacións coma a de Valentín Fuster, trouxo consigo ese cambio de estatus. Admiro o sacrificio dos estudiantes de mediciña e creo que é xusto que recollan un certo recoñecemento social e económico. Sen embargo outras profesións con carreiras máis fáciles coma maxisterio parécenme de maior importancia porque crean e producen individuos que xestionarán o futuro da sociedade.
A mediciña permite gañar en benestar e prorrogar a vida pero non trae o pan a casa nin dá cartos senón custes, e moitos. É necesario que outros profesionais de menos prestixo sufraguen esas contas. Profesionais que non gozan do visto e prace da sociedade que si teñen avogados, médicos e funcionarios. Por suposto non culpo aos médicos deste estigma social. Cúlponos a todos.
5 DÃxome dÃxome:
Os medicos teñen o papel máis mediatico da TV, ata teñen series e programas de saúde. Nunha sociedade neurótica todo o mundo está preocupado polas enfermidades e isto reflíctese nos media.
No entanto, é moitismo mais probable morrer nun accidente de trafico do que ter cancro ou sida, e a sociedade non lle dá o mesmo prestixio aos que deseñan as estradas ou os automóbiles que aos médicos. O erros médicos págaos un paciente, os erros en enxeñaría págaos todo un povo e poño como exemplo os diques de Nova Orleáns. Tamén se debería recoñecer que o abastecimento de auga potable fixo mais por reducir enfermidades que ningún outro avance médico na historia.
Comprendo perfectamente o que dis a respeito dos profesores, non é unha profisión fácil e non sempre tes o respaldo social. Os enxeñeiros tamén sempre estamos entre a sociedade e os políticos, co cal xa te podes imaxinar que tamén non é tarefa doada.
Figuras como Fuster son as excepcións que lle manteñen o bó nome á profesión e que a ennoblecen, pero tamén hai unha chea de impresentables acomodaticios (como en todas partes, supoño) que causan auténticas desgracias por pura neglixencia...
Persoalmente creo que a medicina actual presenta demasiadas carencias, non só xa na propia xestión do sistema médico, senón que os tratamentos adoitan centrarse exclusivamente nos síntomas abusando da medicación que aplaca os síntomas pero non ataca ás causas e por tanto enchéndolle innecesariamente os petos ás macrofarmacéuticas (porque tanto problema para xeralizar os xenéricos? e tantas preguntas máis...)
Sintoo pola perorata, pero estou farta de ver como os efectos secundarios dun medicamento acaban causando máis dano do que había ou de ser receitada e diagnosticada sen que se me mire á cara e logo non curar...se cadra estase a estender a arte da diagnose etérea entre o gremio.
É certo que hai unha chea de profesións infravaloradas cuxas consecuencias tamén teñen implicacións directas na nosa calidade de vida, pero supoño que a tradición seguirá a exerce-lo seu peso unha boa tempada...
Boa reflexión. Pero iso de que en En épocas pretéritas o exercicio da mediciña era unha profesión de segunda composta por "matasáns" e maleantes non o vexo tan claro. O "doctor" sempre foi o "doctor" (o mestre, o cura e o médico da vila, xa me entendes). E antes era o "feiticeiro" da tribo.
Mira que cando na miña familia (non meus pais, pero si o resto) soubo que eu ía estudar xornalismo e non medicina, levaron as mans á cabeza, pensando en tanto talento que se ía desaproveitar. Pode que levasen razón.
Entré en estos comentarios con la idea de dejar una anotación pesimista sobre la imagen que se tiene de los médicos, pero aprovechan el comentario de arale norimaki puedo hacer una "simbiosis" (que dirían en Gran Hermano).
Creo que todavía existe mucha opinión sobre la dejadez y la ineficacia de los médicos. Defenderlos de una manera racional y argumentada me puede llevar a que no me lea nadie, así que solamente me remito a la idea de que un error médico trasciende hasta límites insospechados, mientras que un error de muchos otros profesionales (sin intención de desprestigiar, ni mucho menos) se tiene como un simple error. Asumo la calidad de la responsabilidad pero también por eso creo que, a pesar de ella, la eficiencia es increible.
Con respecto a la atención estoy de acuerdo en lo que se describe pero no en su interpretación. Creo no equivocarme si digo que desde que tengo uso de razón los médicos exigen más tiempo por paciente, mientras que la gestión de la sanidad prioriza otros elementos.
Soy hijo de médico, asumo mi subjetividad. Aún con ella me agrada ver que a pesar de una opinión no tan positiva como la del comentario de arale, no ha caído en el comentario del típico fulano de camisa abierta y cadenas de oro que te espeta eso de: "estos no tienen ni p... idea, tómate esto que a mi suegra se lo recomendé yo para su úlcera y le fue genial. Con lo que cobran podían saber más..."
Saludos a todos.
O curioso foi o caso do meu médico, un moi bo fulano, que lle recomendaba ao seu fillo que non fixese medicina coma el senón unha enxeñaría.
Supoño que cada quen ve as cousas desde o seu pesimismo, porque se eu tivese un fillo non lle recomendaria precisamente que fixese unha enxeñaría salvo que queira ser un workaholic.
Post a Comment
<< Home