This fire is out of control
Son máis partidarios das respostas que das preguntas. Visto o visto co dos incendios só se me ocorren preguntas:
¿Por que a maioría dos concellos afectados polo lume non están gobernados polo Partido Popular e se sitúan nas cercanías das cidades e das vías de comunicación principais? ¿Por que non arden desta volta as inmensas masas forestais abandoadas de Lugo e Ourense? ¿Por que moitos alcaldes de diminutos concellos cuxa existencia é maís que cuestionable non aceptaron o modelo máis racional proposto pola consellería de Medio Rural?
¿Por que cando un narcotraficante ou o asasino dunha rapaza entra nun xulgado é acosado por unha marea humana que o esnaquizaría se lle desen a oportunidade? Non digo que sexa unha situación desexable pero... ¿Por que hai esa falta de escarnio público cos incendiarios? ¿Por que non hai reportaxes de perfil con música de película de terror sobre as escuras motivacións desta xente? ¿Ata cando a impunidade social?
¿Se realmente as sospeitas sempre recaen nos mesmos colectivos (as compañías de hidroavións e os reténs, os pastores e cazadores, os madereiros-aínda que discrepo con esta teoría, e as intereses inmobiliarias - absurdo coa nova lexislación) porque non se fai un seguemento como se fai con terroristas, narcos ou delincuencia organizada?
¿Fai falla saber galego para apagar un lume? A isto respondo eu: non. ¿Fai falla saber o idioma dun sitio para traballar na administración pública? O sentido común dime que si. Por outra gustaríame saber se nos estatutos de El Mundo pon que hai que saber español ou non ser analfabeto para dirixir o xornal...
¿Hai un problema de falta de medios para acabar co lume? Depende de como se mire. Vai en contra da lóxica ter un sistema para aplacar as lapas, e o de Galicia é do mellor do mundo, pensado para atender incidencias nas catro esquinas da comunidade e con focos estratéxicos. Para acabar con iso farían falla un equipo de intervención antiterrorista, CSI e Chuck Norris. A solución real é a prevención (ao que moitos alcaldes do PP se negaron), os cortafogos, limpar o monte, condeas duras para os incendiarios e acabar coa impunidade social. ¿Feijoo e Rajoy apagando o lume cunha mangueira de xardín son axuda? Para provocar o vómito únicamente.
¿Ten solución o problema dos incendios se a poboación non vé a natureza cun valor? ¿Farían o mesmo cos edificios, os barcos, os restaurantes de marisco e churrasco ou coa catedral de Santiago? Na miña breve estancia en Cataluña a xente estaba consternada porque había un incendiario que anda a prender lume por aí. Non entendían como alguén podería ser tan ruín e imbécil. E esa é a pregunta máis dura. ¿Como podemos ser tan imbéciles e ruíns? ¿Merecemos algo mellor ca isto realmente?
E unha última hipótese arriscada: ¿É Alex Kapranos, cantante de Franz Ferdinand, o Gran Responsable de incitar á xuventude galega a queimalo todo despois do seu gran peche de actuación en Vigo? ¿Son gafapastas modernillos que equipados con queroseno, Converses e gafas de pasta van nos seus coches tuneados e con Bowie soando no coche os que fustigan á galicia escura e real?
4 DÃxome dÃxome:
Curiosamente, a hipótese dos gafapastas psicópatas é unha das máis sensatas que escoitei nos últimos días. Por que todo este inferno faise máis terrible, se cabe, porque ninguén é quen de explicar claramente por que está a suceder.
Pereiro explícao moito mellor do que eu sería capaz en www.sihomesi.com
¿Por que Kapranos ten tanto éxito e as consignas do Reixa levan quince anos esquecidas?
"Árde Galiza!!!
con lume forestal
e con lume ou sen lume ti tamén podes arder
porque no incendio forestal non se está tan mal
anque a piromanía non che me dá nada igual
e con razón ou sen razón teño que insistir que
- ARDE GALICIA!!!
- EI CARBALLEIRA!!!"
Revisa o seu vídeo en youtube. Unha xoia: "Galcia Sitio Distinto"
Gandes preguntas, que dubido que algunha vez sexan contestadas. Haberá detencións, pasará o tempo e ninguén terá claro como e por que. Temos o que merecemos. Anos, leva sucedendo esto. Tiveron que montala así de gorda para que a xente reaccione, todo ten un límite, espero que sexa este.
Ola Nadador, estupendo que esteas de volta para que eu, que me abruman YouTube e MySpace, teña algo que facer en Internet nos momentos de ocio.
Sobre os lumes, todo o que dis me parece acertado, agás dúas cousas:
-que en Lugo hai máis masa forestal descoidada é falso. Creo que Lugo, aínda que cada vez teñan menos poboación, é un dos poucos sitios en que o agro é importante e os montes aínda se cuidan (esa é a impresión que me dá cando por alí paso). E ademais... escasean os eucaliptais! Só os hai na Mariña, e co que alí chove... Paréceme máis fácil que ardan esas grandes masas de monte australiano incontroladas e esquecidas do litoral de Pontevedra e A Coruña.
- A outra cuestión é que, ademais de preocuparnos a natureza, ten que preocuparnos tamén o monte produtivo. Porque o monte non é bosque. E o que arde case sempre é monte, e non bosque (menos mal, porque xa temos pouco, como para que se nos queime). Ou re-construímos bosques artificiais (neo-carballeiras) ou xestionamos os montes como o que son.
Porque ao fin e ao cabo, o menos importante dos incendios é que se perdera o verde ou que arderan os eucaliptos, non? O importante é a vida a do chan e o ecosistema.
Sobre as causas, paréceme dificilísimo concretalas. Eu só apuntaría que entre as zonas ardidas atópanse algunhas das paraxes máis valiosas de Galicia que aínda non figuraban como espazos protexidos na Rede Natura: a Serra da Groba, a serra do Suído, o monte arredor da Enseada de Trece...
Post a Comment
<< Home