Príncipes de Asturias, reis de New York
Acaban de concederlle o premio Príncipe de Asturias na súa modalidade de letras a Paul Auster. Alegrámonos por el. Confeso que disfruto dos seus libros, e que nos tres últimos meses lin dous del e que quedei con ganas de máis. Sen embargo algo fede no Principado.
O ano pasado ou o anterior o xurado deste premio considerado, segundo as televisións madrileñas, o nobel de prata foi parar para a creadora de Harry Potter, JK Rowling. Non pola súa prosa senón pola universalidade do seu personaxe entre os nenos de todo o mundo. Unha homenaxe á maquinaria da industria cultural anglosaxona en definitiva. Por outra banda sempre hai algún español no palmarés con casos realmente aberrantes como Fernando Alonso, o equipo español de maratón de Helsinki 97 (ubi sunt?), Arantxa Sánchez Vicario ou caer en contradiccións evidentes como darlle ao premio aos presidentes de Brasil Henrique Cardoso e Lula da Silva con políticas, en principio, opostas.
Esta tendencia a premiar a mediáticos e a heroes patrios acentuouse nos últimos anos. Polo de agora este ano van ser premiados o creador de horrores manchego Pedro Almodóvar (aínda que recoñezo o seu mérito para facer o que Lincoln non puido facer: enganar a todo o mundo todo o tempo), o caritativo Bill Gates, National Geographic e o científico, curiosamente, español Juan Ignacio Cirac.
Paul, caesme ben e gústanme os teus libros, pero creo que hai autores que o merecían máis por non gozar do recoñecemento que ti xa tes de teu, por ser menos accesibles ao público pola súa prosa ou polo idioma no que escriben e por idade. Espero que, como nas túas historias, nos atopemos por casualidade un día e cho poda explicar.
6 DÃxome dÃxome:
¡Príncipe de Asturias a Dan Brown!
De acuerdo en casi todo, pero muy en desacuerdo en una cosa: q coño teneis todos contra Almodovar??? Coño, q tragamos mierda x un tubo e incluso la convertimos en artículo de culto, pero eso sí, si lo hace un tío español )tronado de la cabeza, sí, pero como el 99% de los q se consideran artistas) y lo graba en Aluche en lugar de en Tokyo o Nueva Orleans es bazura y no cine comprometido... venga, hombre...
PD: Sé q con este comentario acabo de excavar mi tumba y q os vais a echar encima de mi todos a la vez, pero me la... eso. Almodovar, mola.
Ah, y se me olvidó: Almodovar y Fernando Alonso en el mismo saco no, por dios...
Apoio á Mona na súa defensa de Almodóvar. A min tamén me gusta, entrei no mundo da farándula e do activismo artístico cando lle vin a María Barranco dúas cafeteras pendurando das orellas.
E aínda direi máis: Gustoume a mala educación.
Como Jack o destripador, por partes:
Na miña opinión, e case todo o que poño neste blog é na miña opinión, o cal non quere dicir "baixo o noso dogma común de fe que debedes aceptar se non queredes afrontar unha morte atroz" ,Almodovar fai malos melodramas de argumentos trillados, lacrimóxenos, cursis, dun tempo a esta parte pretenciosos e sen grandes innovacións para a linguaxe cinematográfica e que a min, particularmente, resúltanme aburridos e insoportables.
O gran achádego do manchego universal é que os seus filmes estén protagonizados por travestis, camioneiros gays, transexuais, imitacións das vellas que coñeceu na súa xuventude manchega etc... Debo recoñecer que coma personaxe o tipo paréceme divertido e que unha das súas películas (Pepi, Luci Bom y Otras chicas del Montón) paréceme divertida e transgresora, o que fixo despois é perfectamente prescindible. Por outra parte Almodóvar cando fala de cine e cando non o podo ver. Zapateiro aos teus zapatos e fala do que sabes, non de arte precisamente.
Ata aí o que teño en contra de don Pedro. Agora imos co da súa hispanidade.
E paréceme curioso que digas iso. Dous dos meus directores favoritos de sempre son Luis Buñuel e Berlanga que, casualmente, son españois. Por outra parte opino que se un artista é do teu país ou dun cercano ten máis posibilidades de chegar a el ou de que che guste. A min sinceramente Gómez Pereira abúrreme, Amenábar entretenme o que duran as súas películas, Aranda paréceme un vello verde, Alex de la Iglesia un friki que fai pelis entretidas aínda que, confeso, que teño contas pendentes con algúns directores españois contemporáneos que terei que saldar. Por exemplo, hai un ano vin unha película baseada nun caso real dun tipo que matou varias persoas en Barcelona e que gañou o premio do xurado da Berlinale. Unha peli moi interesante e feita con catro duros. O mesmo podo dicir do 85% ou 90% dos directores norteamericanos, cuxas películas non vexo. Cuestión: por cada director español hai mil americanos.
Por outra non metín a Almodóvar e Alonso no mesmo saco. Falo del cando enumero os premiados deste ano. Unha análise dos galardóns evidencia que se prima moito o español nuns premios, supostamente, provistos dunha ollada universal. ¿É xusto que llo den a el? Hai unha serie de condicionantes obxectivos (aprecio da crítica e o público internacional, carreira dilatada...) que indican que si. Claro que se eu estivese no xurado non llo daría. Por outra banda no texto non critico a concesión a Almodóvar do premio e si a de Alonso (como para pechar o chiringuito) ou a de Sánchez-Vicario. He dicho.
E agora imos co outro amigo de Vigo:
Teño dous camiños o longo ou o curto. Coma teño medo de estrelarme co segundo irei co primeiro.
Repito o meu argumento, é como se protestas porque lle dan o balón de ouro a Ronaldinho e non a un mozo talentoso do Boca Juniors. Ben, señor de Melniboné, a literatura e o fútbol profesional poden ser consideradas, hoxe en día, dúas industrias culturais pero gardan diferenzas importantes en canto ao seu artellamento interno.
O fútbol é unha actividade deportiva na que os individuos que o practican precisan unha forma física óptima que se optén cando o corpo está totalmente está desenvolvido (17-18 anos) e aínda non comeza ao seu deterioro (aos 30 e algo anos). Cando se dá un desenvolvemento físico óptimo e unha experiencia importante a través de anos de xogo o fútbolista chega ao seu cénit. Este momento soe chegar entre aos 25-30 anos salvo a Donato que lle chegou con 35.
O caso da literatura conta con outras particularidades. Aquí trátase de que o artista conte cunha plena madurez e desenvolvemento intelectual, que neste caso soese dar aos 30 e algo, e ademais conte cunha serie de lecturas acumuladas, o cal pode levarlle décadas, e ademais unha grosa capa de follas ás súas costas. Polo tanto poderíamos determinar, de maneira moi aproximada, a idade do alevín de escritor nos vinte e pico anos/trinta e a da madurez entre os cuarenta e os 60 anos.
Despois desta introducción, que considero razoable e que pode ser aceptada sen grandes polémicas polos meus lectores, podemos concluír que o rapaz talentoso que dá os seus primeiros pasos na Bombonera é un caso equivalente ao escritor dunha idade de vinte e pico anos cun poemario publicado e que o comezan a convidar a saraos onde se introduce no noble oficio de poñer a parir a outros artistas de maior éxito diante dunha copa de viño.
Os Ronaldinhos da literatura son señores un pouco velloucos cunha obra grande tras de si, postos na universidade, outros galardóns, miles de libros vendidos, recoñecemento académico, webs en internet etc... Deste razoamento extraemos a seguinte conclusión:
A túa extrapolación é falsa porque estas empleando situacións non análogas. As cousas en literatura non funcionan así e é algo que hai que ter en conta á hora de usar unha argumentación. E de todos xeitos, se tiveses dito que deberían darllo a Maldini (37 anos) en vez de a Ronaldinho (26 anos) tería moito máis sentido. Porque cando eu fago referencia á idade non me refiro a que se premien aos novos valores, xa que considero que non é a intención do premio, senón as longas e contrastadas carreiras literarias.
Cando llo deron a Woody Allen, tamén protestaches?Non. Woody Allen é un director que merece o premio, igual que Paul Auster, porque ten a calidade e a carreira esixibles para recibir o premio. Sen embargo existen certas diferenzas entre Allen e Auster, a pesar de ser xudíos da zona de Nova York (Asuter é nativo de New Jersey).
Se fas unha análise de todas as antoloxías sobre grandes directores de cine do século XX ou fas unha enquisa entre os amantes das comedias cinematográficas, Woody Allen sairá en practicamente todas.Isto é, prácticamente ninguén discutiría a calidade deste autor á hora de recibir o premio. No caso de Paul Auster non acontecería o mesmo, aínda que a miña opinión si sexa que o merece, pero tampouco pasaría o mesmo con outro dos candidatables, Amos Oz , e por outra banda, creo que sería máis xusto desde un punto de vista literario que llo deran a Philiph Roth, un verdadeiro mestre. De todos os xeitos é prácticamente imposible encontrar artistas que aúnen tal grao de unanimidade coma Allen á hora de conceder un premio e a discusión é normal e sana no xurado.
E por certo, a JK Rowling, autora de libros moi entretidos, déronlle o premio da Concordia, non o de Literatura. Sinto se me expresei mal pero creo que o extracto do meu texto: o nobel de prata foi parar para a creadora de Harry Potter, JK Rowling. Non pola súa prosa senón pola universalidade do seu personaxe entre os nenos de todo o mundo.. Deixaba claro que coñecía ese dato.
Por poñer os puntos nas íes:
O meu post parte dunha tese principal:
Paul Auster é un escritor dotado dun grande talento que merece ser receptor do Príncipe de Asturias pero, sen embargo, varios elementos de xuízo, que vou citando no post fan pensar que a concesión do premio se viu influída por aspectos de promoción do propio galardón aproveitando a mediaticidade que o personaxe ten de seu.
Obviamente Auster non é responsable desta situación e nunca proferín no texto ningún ataque á súa persoa.Polo tanto,repito, revisa o texto e verás NON HAI NINGÚN ATAQUE AO AUTOR . Tan só hai ataques aos responsables do Príncipe de Asturias dos últimos anos e expresei unha preferencia a que se premiase a outros autores. E ter unha preferencia non implica desprezar a alternativa.
Post a Comment
<< Home