Monday, May 01, 2006

Vexetais automatizados

Vexo horrorizado na mesiña de noite do meu pai o libro A laranxa mecánica de Anthony Burgess. ¿Horrorizado? A todos nos gustou a película e o libro aínda que a maioría, inclúome, non o limos supoñemos que será tamén bo.

O meu horror vén de que o meu pai poda disfrutar ou consumir un producto cun argumento tan perverso. De feito lembro que hai moitos anos a miña nai contara que saíra escandalizada do cine. A distancia excesiva deforma aos obxectos. Un entra no camiño da madurez cando descobre que os seus pais e irmáns maiores son vulgares humanos con vicios, penalidades e defectos inconfesables. A túa familia e mellores amigos son coma os demais. Son coma ti en definitiva. A liga de irmáns maiores do mundo seguimos mantendo inconscientemente que as nosas irmás, a pesar de ter tres ou catro fillos, seguen sendo virxinais e puras e nunca se emborracharaon nin lle mentiron a papá e a mamá. Por outra a Unión de Mamás de Eurasia xamais aceptará que o seu fillo sexa ese cafre que se anda a meter en líos nas discotecas de malotes e tuneros.

Como sabedes son o home das anécdotas e non me resisto a contarvos que a Anthony Burgess diagnosticáronlle con trintaetantos unha enfermidade que o mataría coma moito en dous anos. Daquela era un autor de pouco éxito e comezou unha frenética carreira literaria para deixar un patrimonio á súa familia. Os anos pasaron e acabou morrendo... uns trinta anos despois e grazas a iso deu en ser un escritor de sona.

Por outra parte os vexetais automatizados sempre tiveron unha importancia importante na miña vida. No ano 1996 quedei de accesit nun premio e publicaron a miña ópera prima O grelo mecánico que podedes coller na Biblioteca Xeral. Se tivese aquí un exemplar poríavos o primeiro parágrafo. Desgraciadamente non é así. ¿Algún voluntario?

5 Díxome díxome:

At 10:04 PM, Anonymous Anonymous said...

"O grelo mecánico" non o atopei en Internet (refírome ao texto), pero o que si vin con certo pasmo é que un rapaz de Melide escribiu "O grelo esférico" baseándose na túa obra e en "La carta esférica" de Pérez Reverte.

O enderezo é este: http://centros.edu.xunta.es/
iesdemelide/Intres/ogrelo.htm

Carai, relacionaste cos grandes...

 
At 3:06 PM, Anonymous Anonymous said...

A historia de Burguess recórdame a biografía do xenial PINETOP MCMANAMAN, que ata os 63 anos non fixo nada e, anguriado polo paso do tempo, escribiu, entre os 63 e os 65 anos, catro das mellores novelas da historia da literatura universal.

 
At 7:14 PM, Blogger O Nadador said...

A min gústame especialmete Poodle in my back . Cal é a túa favorita Debussy?

 
At 10:05 AM, Anonymous Anonymous said...

'That's what wise people ignore', sen dúbida!

 
At 10:08 AM, Anonymous Anonymous said...

Por certo, Nadador, a novela da que ti falas non é de P. McManaman, ou alomenos eu non a coñezo...

 

Post a Comment

<< Home