Falsos estadounidenses, falsos canadianos, falsas nacionalidades
Son un home que se deixa sorprender. Por iso non vos collerá desprevidos o meu estupor cando descobrín que Pamela Anderson é de Canadá. E non só ela senón tamén o icono das comedias reaganistas dos 80 Michael J. Fox, o Blues Brother Dan Aikroyd, o Charles Chaplin do humor groso Leslie Nielsen, o defunto John Candy, o preferiblemente defunto Jim Carrey e un grande coma Donald Sutherland.
Unha pregunta flotando sobre as vosas cabezas:¿E que?. A miña resposta: Non sei. Dámoslle tanta a importancia aquí a ser dunha parroquia ou doutra que tiramos bombas de palenque cando nos escindimos dun concello opresor e celebramos con paixón as derrotas do equipo de furbor da cidade veciña. Sen embargo dende lonxe críamos que Donald Sutherland exercía de americano exemplar coma George W. Bush ou Bruce Springsteen e resulta que non, que provén dun país con seguridade social e con control de armas.
Se un chino dinos que é xaponés danos bastante igual porque seguiremos coa teima de preguntarlle pola muralla china ou pedirlle uns rollos de primavera. A estes cidadáns do mundo parécelles ofensiva a confusión. Entre outras cousas polas atrocidades niponas ben comparables ás dos nazis por Europa diante. Nunca tiven a confirmación oriental desta teoría/tontería pero ¿Un sueco e un portugués son indistinguibles para un chino? (Salvo en aspectos obviios como poden ser a altura ou o cor da tez..) ¿Os rostros resúltanlle indistinguibles?
¿Traerá o comercio mundial por internet a igualdade dos pobos? Por unha parte parece que si, pero pola outra parece que tamén se tende a personalizalo todo, co que o concepto patria-raza-comunidade-grupodecatequese perde o seu sentido co bo e malo que conleva, e caemos nun mundo onde non se trata de que todos estemos contentos senón de que ningúen se enfade. Disimulemos que o outro é diferente, obviémolo para non meternos en problemas na contra de recoñecer o positivo do asunto.
E falando dos falsos norteamericanos: En varias ocasións se suscitou na miña presenza o debate de se Camilo José Cela, poñamos por caso, era un escritor galego ou non. Para min é un escritor galego que escribe en español. Igual que Kafka escribía en Alemán na República Checa. Sen embargo a poucos oín repudiar a Don Ramón María Del Valle-Inclán (estou de pé mentres escribo esta liña, xa sento).
Por outra... Son os inmigrantes que saíron con 5 anos de Galicia para Venezuela e que agora teñen 70 anos galegos? E independientemente da vosa resposta... ¿É tamén galego un vallisoletano que pase 20 anos en Laracha ou non? ¿Onde repousa o segredo da galeguidade? ¿Está isto inzado de canadianos?
Aínda que non é santo da miña devoción vén ao caso unha cita de O´Rivas: Ser galego é unha das cousas máis fáciles de ser no mundo.
0 DÃxome dÃxome:
Post a Comment
<< Home