A mirada doutro
Ademais de ser unha horrible novela merecedora do premio con maior dotación económica de España e dunha película non menos horripilante a mirada estraña é a que permite que nos poñamos na pel dos demais. Empatía. Os que carecen desta cualidade son sociópatas ou funcionarios da secretaría de defensa estadounidense.
O meu case famoso profesor de inglés púxonos unha serie de televisión dos 70 protagonizada polo Monty Python John Cleese que xira ao redor da vida dun hotel de provincias. Neste hotel traballa un camareiro español chamado Manuel que, aínda que Cleese di que é de Barcelona, parece o típico pobre home provinte de Andalucía e de Galicia cunha man diante e outra detrás. A maior parte das bromas en torno a esta personaxe xiran ao redor do seu descoñecemento do idioma e o trato que Cleese, un clasista británico da máis rancia alcurnia, dá a este camareiro. Próximo ao dun can.
Cando nos albores de Canal + os programadores quixeron emitir esta serie, unha das máis exitosas da historia da BBC, disfrazaron na dobraxe a orixe de Manuel cambíandoo de español e a italiano. Ao enterarse algún deputado despistado do asunto montou a polémica da serie e finalmente non foi emitida en España.
Mentres a víamos ríamos das burlas sobre Manuel. É unha pedra angular do humor a xoldra sobre o inferior, o ignorante, o que non sabe porque fainos sentir confortables coa nosa suposta superioridade. Eu ríame sen deixar de pensar que realmente me estaba a rir de min e dos que sacaron en boa medida a Galicia a diante nos 60 e 70.
A nosa reacción denota a superación dalgúns fantasmas. Deixamos de ser dos que van para ser dos que se rin, como o grupo Risa da Cope, dos inmigrantes. Ou iso nos di a teoría oficial porque a xuventude da Costa da Morte está en Canarias e aquí teóricamente hai traballo para todos. Ou hai seis meses non había ningún problema de relevancia... Cando non teñamos motivos para rirnos das nosas miserias poderémonos ofender polo sufrimento de Manuel. Entrementres, sentido do humor.
0 DÃxome dÃxome:
Post a Comment
<< Home