Thursday, March 30, 2006

Parecidos razonables

Disque me parezo a este tipo de enbaixo (un dos protagonistas de Los Hombres de Paco). Esta crenza provocou unha grave crise na convivencia do meu santo fogar.


Aproveito para poñer unha galería de parecidos. Opinade os que me coñecedes físicamente cal vos parece o máis cercano.

Walter Samuel, xogador do Inter de Milán


Javier Bardem, non é para botarme flores a min paréceme feo


Ricardo Darín, acábome de enterar que unha amiga dunha amiga dicíao


Unha web que busca parecidos sacoume como primeiro resultado a André Agassi


O parecido máis evidente pode ser co meu pai, como non teño imaxes del aquí a el compárano con este personaxe


Outro parecido inquedante é co bloggeiro Sao Tome. Tampouco teño foto pero din que se parece ao cantante de Turbo Negro


E despois estou ata o gorro de que me parezo a un grecorromano


Dito o cal facede a vosa achega e solucionade a miña disputa.

7 Díxome díxome:

At 12:32 PM, Blogger elduende said...

Todo un prodixio de onanismo, este post. Superácheste meu.

E o que é parecerse, paréceste ó de Los Hombres de Paco, pero un huevo. Teñen razón na túa casa.

 
At 1:37 PM, Blogger O Nadador said...

Ter amigos para esto.

 
At 2:23 PM, Blogger ElBecerro said...

Home, eu como xa che dixen aquel día que nos cruzamos en Compostela, son lector do teu blog mais non fago comentarios... simplemente me parece unha lectura amena e paso un rato agradable. Pero desta vez vou sucumbir á tentación, sobre todo para deixar claro que esa web que busca parecidos non vale para nada. Se ti te pareces a Agassi eu son cuspidiño a Cristiano Ronaldo, por dicir algo.
Eu lamentándoo moito teño que ratificar o teu parecido co dos Homes de Paco; desde logo é o que máis se parece a ti de todos os que puxeches. Seguramente é polo perfil grecorromano que efectivamente compartides.

Pero consólate home, podería ser peor

 
At 5:32 PM, Anonymous Anonymous said...

Aposto polo túa semellanza grecorromana, máis grega, mesmo, que romana.
Non repitas máis exercicios así, a non ser que sexa con algunha da túas amigas.

 
At 6:05 PM, Anonymous Anonymous said...

Joder, non m fagas esto... merda! Poderia ser super cruel no meu comentario a este blog... de feito seríao co 98% da peña q coñezo, pero contigo non son capaz... xa bastante pouco atractivo t ves ti como para q eu me ensañe dicíndoche algunhas das lindezas q escoitaría x exemplo eldunde se fora o autor deste texto... Uiiii, doeme o estómago de tragar bilis... xa me recompensaras este xesto de amizade eh...
PD: Elric, contigo tampouco o faría, q xa me demostraches onte q eres sensible de máis para o meu xeito de falar... dios! xq el señor m rodea de nenazas como vosotros!!!

 
At 1:26 PM, Blogger A.F.Torreiro said...

Eeerrr...
Tendo en conta que acabo de decatarme de quen es, só teño unha couse que dicir...

XA CHE MOLABA PARECERTE A RICARDO DARÍN...

Pero es clavadiño ao grecorromano ese...

Consólate... A outros nos atopan parecidos peores...

Síntoo... Doulle a razón a elduende e a ti tamén (no de "ter amigos para esto")

 
At 5:30 PM, Blogger elduende said...

Oes, mona, que eu tamén son moi sensible. O outro día corteime cando me afeitabe e doeume moitísmo.

 

Post a Comment

<< Home