Escritores independistas en linguas minorizadas
Desculpade se estas liñas son máis chafalleiras do habitual pero a semana de paixón etihílica-internacional á que o compañeiro Zenone someteu aos seus amigos indíxenas nestes santos días deixou o meu cerebro nun estado máis destartalado do habitual.
En informática trabállase con backups, copias de seguridade da información, e no meu cráneo quedou un tema para este blog no que sempre nos preocupamos polas linguas minorizadas do estado e a súa literatura. Un novo valor da literatura catalá logrou vender 7.000 exemplares do seu primeiro libro en catalán na súa primeira semana nos andeis das librarías. Aínda que habitualmente este escritor traballa a poesía a autobiografía deste simpatizante do movemento okupa e declarado independentista catalán. Trátase de Oleguer Presas, central do F.C. Barcelona e compañeiro de vestiario de Ronaldinho e Eto´o.
Camí d'Ítaca, escrita a medias con Roc Casagran, ademais de abordar cuestións persoais como a experiencia coa anorexia do xogador ou os seus sentimentos ao gañar a pasada liga deixa clara as opinións políticas pouco complacientes deste polémico, para os xornalistas madrileños, xogador.
Os que agarden un ataque a Oleguer por aproveitarse da súa fama para vender libros equivócanse. Igual que os que pensen que o vou reprender ou defender polas súas ideas políticas. A min este rapaz caeme bastante ben de sempre. Quizais polo súa semellanza inexplicable con Giovanni Van Bronckhorst nalgúns planos das restransmisións ou pola súa seriedade sobre o terreo de xogo. Non, este post non vai diso.
Vai de que moitos popes da literatura galega con ideas similares ou diferentes ás de Oleguer e unha calidade literaria boa,regular ou mala nunca acadarán estas cifras das vendas. E a maioría dos escritores galegos soñarán con acadar as vendas do libro cando remate a súa longa vida. Vai de que non hai mercado e non hai mercado porque non hai interese e pode que non haxa interese por cuestións políticas, educativas, artísticas, biolóxicas, patafísicas ou económicas pero escribir algo en galego é sinónimo moitas veces o máis semellante a escribir un diario persoal. Un blog sen comentarios. Ánimo e noraboa Oleguer, algún día eu serei un escritor bestseller en lingua minorizada coma ti.
4 DÃxome dÃxome:
¿Cómo escritor qué é o que máis botas en falta? Ideas, constancia ou palabras
Constancia.
¿É parte dun test da cosmopolitan?
Gracias, Oleguer.
o vello anónimo
proposta post:
escritores minorizados en linguas independentes
Post a Comment
<< Home